| Meendinho Sedia-m´eu na ermida de San Simon... Tivo a historia a ben que un dos máis descoñecidos, e quizáis máis socialmente insignificante, poeta medieval meendinho tivese a súa única composición recuperada na memoria dos moitos que a través da cantante Uxía a coñecemos. Pouco sabemos do seu autor se exceptuamos que polo diminituvo da súa sinatura, Meendinho fronte a Mendo ou Meendo, e as refrencias na súa cantiga, debeu ser un home de ínfima consición social e orinario, polo menos, da ría de Vigo, onde se localiza a súa ermida de San Simón. A súa cantiga preséntanos a unha muller, a amada, que á espera do seu amigo vese soa na illa de San Simón á que na marea baixa chegoua pé e que pasado o tempo está cuberta de mar e encrespada polas ondas, ondas que fan que a amada presinta a súa morte como próxima. Sedia-m´eu na ermida de San Simión Codax, Meendinho e Cangas |