Codax, Meendinho e Cangas

Joham de Cangas

Fui eu madr´ a San Mamed´u me cuidei
Joham de Cangas é sen dúbida o máis descoñecido destes nosos autores celebrados en 1998. Del só sabesmos, basicamente polo seu alcume, a súa orixe canguesa e pola referencia, constante, do Santuario de San Mamede, na parroquia de Beluso, en tempos do concello de Cangas e que hoxe pertence a Bueu. Fronte ó habitual en todo o conxunto trobadoresco, Joham de Cangas non constrúe as súas composicións arredor do recurso do leixa-prém e si adquiren os seus poemas certas temáticas que lle confiren a catalogación de Cantigas de romaría, onde o namorado prega unha cita nun santuario, cita á que non vai asistir diante da desesperación da amada que chora coa súa mai, para finalmente concertar unha segunda reunión na que ela, asegura, se ha amosar compracente: hajades comigo lezer.
Amigo, se mi gram ben queredes
id´a San Mamed´e veer-m´edes
oje non mi mençades, amigo.
Pois mi aqui ren non podedes dizer,
id´u ajadas comigo lezer:
oje non mi mençades amigo.
serei vosqu´en San Mamede do Mar,
na ermida, se mi-o Deus aguisar:
oje non mi mençades, amigo.

En san Memed´u sabedes
que vioste-lo meu amigo
oj´e ouverá seer migo:
mia madre, ié que devedes.
Leixedes-mi-o ir veer.
O que vistes esse dia
andar por mi mui coitado
chegou-m´ora seu mandado:
madre, por Santa Maria
leixades-mi-o ir veer.
Pois el foi d´atal ventura
que sofreu tan muito mal
por mi e ren non lhi val.
mia madre, e por mesura
leixades-mi-o ir veer.
Eu serei por el coitada
pois el é por mi coitado:
se de Deus ajades grado,
madre ben aventurada
leixedes-mi-o ir veer.

Fui eu madr´ a San Mamedd´u me cuidei
que veess´o meu amigu´e non foi i:
por mui fremossa que triste m´en parti
e dix´eu como vos agora direi:
pois meu amigu´i non ven, sei na ren:
por mi se perdeu, que nunca ibi fiz ben.
Quand´eu a San mamede fui e non vi
meu amigo con quen quisera falar,
a mi gram sabor, nas ribeiras do mar
sospirei no coraçon e dix´assi:
pois meu amigu´i non ven, sei na ren:
por mi se perdeu, que nunca ibi fiz ben.


Codax, Meendinho e Cangas