Actos programados para a celebración do Día das Letras
Actividades en Galicia: Ferrol | Ares | Pontedeume | Santiago de Compostela | Cangas do Morrazo | Bergantiños | Carballo | Illa de San Simón | Pontevedra
Actividades no exterior: Madrid | Barcelona | Montevideo | Gotemburgo | Xenebra | Heidelberg | Lisboa | Birmingham | Buenos Aires
Actividades en Galicia
| FERROL |
Día 16 ás 11h, no Auditorio do Vicerrectorado da Universidade. O Concello e a Universidade organizan un concerto en homenaxe a Xosé Fontenla Leal a cargo da agrupación "Toxos e Froles". Ás 12,30h a catedrática de
lingüísticarománica da Universidade de santiago de
Compostela, Mercedes brea, dará unha conferencia sobre a
lírica medieval profana. |
| ARES |
| O Concello organiza un concurso de debuxo para o alumnado de ensino infantil e primario e de redacción para os rapaces e
rapazas da ESO. Recepción de traballos ata o 30 de maio. |
| PONTEDEUME |
| Día 15, ás 20h, no salón de actos de Caixa Galicia Conferencia "Os poetas do mar e do amor" organizada polo Servicio de Normalización Lingüística do Concello
e a Biblioteca Municipal. |
| SANTIAGO DE COMPOSTELA |
Día 16 ás 12 h na Alameda. Manifestación a favor da lingua organizada pola Mesa pola
Normalización Lingüística e a CIG, dentro da
campaña "En galego, Galiza ten futuro" |
| CANGAS DO MORRAZO |
III Xornadas de Literatura "Os xograres da ría: Martín Codax, Meendinho e Xohan de Cangas", organizadas polo Departamento de Lingua da Instituto de Ensino Secundario María Soliña, en colaboración co Concello de Cangas
Na Casa da Cultura de Cangas:
Martes, día 12, ás 8 da tarde: Conferencia: Galicia e Cangas na Idade Media, por Anselmo López
Carreira. |
| Mércores, día 13, ás 8 da tarde: Conferencia A Lingua Galega na Idade Media, por X.Ramón
Freixeiro Mato |
| Xoves, día 14, ás 8 da tarde: Conferencia O fenómeno Trobadoresco, por Carlos P. Martínez
Pereiro. |
Venres, día 15, ás 7,30 da tarde: Recital poético a cargo de Celso Parada.
Conferencia Unha lectura dos poetas da Ría, por Xosé Mª Álvarez Cáccamo |
| Na Igrexa Parroquial de Coiro:
Sábado, día 16, ás 7,15 da tarde: Coral María Soliño e Grupo Sanfonía |
| Días 12 a 17 na Casa da Cultura, exposición "Trobadores e Xograres na Galicia Medieval e
Instrumentos Musicais da Época", realizada polos seminarios de Lingua e Debuxo do Instituto María
Soliña, en colaboración co Concello de Cangas. |
| BERGANTIÑOS: O COUTO |
Día 11. Escritores nos centros de ensino CEIP As Forcadas de Corme.
En xornada de mañá e tarde: Programa especial das
Letras de Radiovoz cos alumnos das Forcadas (Presentación de
Corme, de Bernardino Graña; entrevista con Bernardino
Graña; Historia das Letras Galegas; entrevistas co Concelleiro
de Cultura e membros da A.C. Monte Branco). |
Día 13. Escritores nos centros de ensino. - Xornada de mañá, de 10,30h a 12h no IESP de
Ponteceso. Literatura medieval - Introducción á literatura galega medieval a cargo
de Paco Souto. - Recital poético de poesía medieval con Paco Souto
e Tati Mancebo. Poemas de Meendinho, Joham de Cangas, Martin Codax,
Álvaro Cunqueiro, Fermín Bouza Brey e dos propios
recitadores. - Recital dos alumnos de 3º BUP do I.E.S.P. (Patrocina A Nosa
Terra). - Xornada da tarde ás 14,30h no CEIP Eduardo Pondal de
Ponteceso - Pepe Carballude: "Os enredos de Olaia" |
Día 14. 22.15 horas, no bar A Barquiña. Literatura bravú
- Presentación Bravú con Xurxo Souto e Fumareu |
Día 15. Ás 23h na Casa dos Veciños. POP-ROCK.
- V Festival Pop-Rock "Val de Pondal": Centolos e Seet Jham. |
Día 16. Itinerario didáctico-pondaliano pola Costa da Morte.
- Ás 19h na Casa dos Veciños: Presentación da revista A.C. Monte Branco. 15 anos de Letras.
- Entrega da revista a todos os socios e socias e a todas as casas
do Couto.
- Ás 20,30h, na capela de Santa Mariña: Recital poético pondalilano a cargo do Batallón Literario da Costa da Morte.
- Ás 23h , na Casa dos Veciños. Festival Folk: Noite folk cos grupos "Baila na criba" e "Cempés", co CD
Capitán Re, (entrada 500 pesetas). |
Día 17. Xornada de mañá. Ás 10h na Casa dos Veciños
- Pasarrúas cos gaiteiros Monte Branco.
- Ás 10,30h: Inauguración da Casa da Artesanía.
- Ás 11h: Misa en galego solemnizada polo coro "Aires de
Bergantiños".
- Ás 11,30: Ofrenda floral no monolito pondaliano sito no adro de San Tirso
de Cospindo.
- Ás 11,30h: Obradoiros para os nenos.
- Ás 11,45h: Sesión de contacontos con Paula Carballeira.
- Ás 12,30h: Sesión vermú co coro "Aires de
Bergantiños".
- Ás 14h: Xantar cos artesáns.
- Xornada de tarde. Ás 16h: Apertura da Casa da Artesanía. Presentación de libros na Costa da Morte. Acto dirixido
polo escritor Xelucho Abella Chouciño
- Ás 16h: Xogos para os nenos e nenas na praza do Quinteiro.
- Ás 17h: Taller de maquillaxe para nenos e nenas.
- Festival de música e danza tradicional con: Asociación San Félix de Anllóns
(Ponteceso), Cantareiras de Monte Branco (O Couto. Ponteceso), Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica
de Bergantiños)
- Ás 19h: Concerto folk co grupo Luada.
- Ás 22h: Clausura.
- EXPOSICIÓNS: Feira do Libro Galego, Feira do Libro da Costa da Morte, Mostra de Artesanía. |
| CARBALLO |
Día 15 ás 20h no casino de Carballo. Presentación do libro "Os trobadores do reino de Galiza",
publicado pola Nosa Terra, a cargo da autora Mercedes Queixas. A
seguir haberá un recital deliteraturatrobadoresca a cargo do
grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
da Coruña.Unha vez rematados estes actos, realizarase a
entrega de premios do XVII Concurso Literario Infantil e
Xuvenil.Organización: Agrupación cultural Lumieira |
Día 17 ás 11h na praza do Concello.
XVIII Concurso Infantil de Pintura, para rapaces e rapazas en
idade escolar; a inscrición realizarase na mesma praza.
Haberá pinturas e papel gratis e sortearase unha bicicleta
entre todos e todas as participantes no concurso. Ás 12,30h
haberá unha actuación de teatro ao vivo a cargo do
grupo Skank Unk, que representará a obra "Sen papas na
lingua". |
| ILLA DE SAN SIMÓN |
Días 21, 22 e 23. Congreso "O mar das cantigas" organizado pola Consellería
de Cultura, centrado na obra poética de Martin Codax, Joham de
Cangas e Meedinho. |
| PONTEVEDRA |
Día 14 de maio, ás 20.00 horas no Salón de Actos da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra celebración
da táboa redonda: "O estado da normalización
lingüística", organizado polo Equipo de
Normalización Lingüística da EOI de
Pontevedra.
Relatores que confirmaron a súa asistencia: Pilar García Negro, deputada do BNG; Antón Louro Goyanes, deputado do PSOE; Xesús Ferro Ruibal, numerario da Real Academia Galega, Concha Costas Fernández, presidenta da Mesa pola
Normalización Lingüística.
Relatores por confirmar: Representante do PP.
Relatores que confirmaron a súa ausencia: Director Xeral de Política Lingüística
|
|
Actividades no exterior
| MADRID |
Día 14 ás 11h no Paraninfo da Universidade
Complutense, actos organizados polo Departamento de Filoloxía
Románica e a Casa de Galicia en Madrid, co seguinte
programa:
- Presentación do primeiro número de "Madrygal,
revista de estudios galegos"
- Conferencia de Manuel Rivas: "El escritor y su obra"
- Presentación da curtametraxe "¿Que me queres amor?",
baseada no relato do mesmo título deste autor
- Clausura cun concerto da pianista Dolores Santos Ximena. |
| BARCELONA: IX Conmemoración das Letras Galegas nas Universidades de Barcelona |
| Día das Letras Galegas. Organiza: Área de Filologies Gallega i Portuguesa (U.B.) |
6 de maio
Na Universitat Autònoma de Barcelona, ás 13 h.
Na Universitat de Barcelona, ás 17 h.
Conferencia e recital poético: "Poesía galega de
hoxe" a cargo de Teresa Seara, Yolanda Castaño, coa colaboración de Paola
Beiro. |
8 de maio
Paraninfo da UB, 19.30 h.
Conferencia: "A poesía galega medieval" a cargo de Carlos
Paulo Martínez Pereiro, profesor da Universidade da Coruña.
Concerto do Coro de Irmandade de Cataluña e do Coro
Universitario Galego de Barcelona, dirixido por César del Caño.
Interpretarán temas de Rosalía de Castro, Martín Códax e Manuel María musicados
por distintos compositores (Xoán Montes, César del Caño e Andrés
Gaos)
No patio de letras da UB Mostra de libros, discos e cerámica galega organizado polos alumnos de Filoloxía Galega. |
Do 8 ó 25 de maio
Nas vitrinas da Biblioteca General
Exposición bibliográfica sobre as cantigas profanas galegas. Ofrecerá unha escolma de bibliografía clásica e recente sobre o tema. Inclúe o facsimilar máis recente dos textos de Martín Codax, Meendiño e Johán de Cangas, preparado por Adegas Martín Códax. |
15 de maio
12:30: na Aula 501, "A poesía trobadoresca
galego-portuguesa" , conferencia do catedrático de Literatura
Galega e decano da Facultade de Filoloxía da Universidade da
Coruña, o Dr. Xosé Mª Dobarro Paz. A seguir: Actuación do Coro Universitario Galego (dirixido
por César del Caño) que interpretará
composicións da época medieval (Martín
Códax) e contemporánea.
|
28 de maio
No Institut N. Monturiol, de Barcelona, 20 h.
Teatro: Zardigot de Euloxio R. Ruibal, por AUGATEBA
(Agrupación Universitaria Galega de Teatro de Barcelona), dirixido por Anxo L.
Baranga.
Organiza: Àrea de Filologies Gallega i Portuguesa - Departament de
Filologia Romànica
Patrocina: Dirección Xeral de Política Lingüística
- Xunta de Galicia - Facultat de Filologia - Universitat de Barcelona
Colaboran: Galería Sargadelos, Adegas Martín
Códax, Editorial Galaxia. |
| MONTEVIDEO |
Día 19 O centro galego presenta una charla sobre as Letras Galegas e a lírica medieval a cargo da lectora de galego na
Universidade de Uruguai e actuación do grupo "Alfonso X" cun
repertorio de cantigas de Martín Codax, de Alfonso X e
composicións medievais francesas e alemanas. |
| GOTEMBURGO |
Día 16, na Viktoriahuset en Gotemburgo. A Irmandade
Galega organiza un acto poético xuntamente con poetas
portugueses, latinoamericanos, suecos e irlandeses.Alén disto,
anuncia a inminente asinatura dun convenio entre a Xunta de Galicia e
a StadsBiblioteket de Gotemburgo para a formacion dun fondo
bibliográfico galego. |
| XENEBRA |
Día 23, ás 20,30h a asociación A
Nosa Galiza presenta a conferencia "Os trobadores do Reino de
Galicia Martin Codax, Meendinho, Johan de Cangas" a cargo do poeta e
dramaturgo Miguel Anxo Fernán-Vello e a interpretación
da cantiga de Meendinho, musicada por Miguel Fente, do Grupo de
gaitas da Nosa Galiza. |
| HEIDELBERG |
Día 15. Ás 18,15, na Alte Aula da Alte Universität Conferencias a cargo dos prefesores Rubén Lois González
("Las transformaciones del paisaje gallego entre 1960 e 1998"),
Dieter Kremer ("Fr. Martín Sarmiento und Portugal") e
Ramón Lorenzo ("A poesía de Martín Codax,
meendiño e Xoan de Cangas").
Ás 20h Concerto a cargo do grupo Ensemble Trecento que
interpretará as cantigas de Martín Codax e unha
selección das cantigas de Santa María. |
Día 16. Reunión anual do Centro Estudios Galegos de Heidelberg
(entre as 9 e as 20h) |
| LISBOA |
25 - 30 de maio I Xornadas das letras galegas en Lisboa organizadas polo Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades. |
| BIRMINGHAM |
Días 15 e 16 Congreso internacional de lírica medieval galego-portuguesa "Ondas do mar de Vigo", organizado polo Seminario de Estudios Galegos do departamento de Filoloxía Portuguesa da Universidade de Birmingham. |
| BUENOS AIRES: Instituto Argentino de Cultura Gallega |
| Día 15, ás 20h no Teatro Castelao do Centro
Galego de Bos Aires, táboa redonda sobre "Vigo na
Literatura Medieval: Martn Codax, Meendinho, Joham de cangas.
Trobadores da ría de Vigo".Actuación da
"Asociación de Gaiteiros Galegos Arxentinos" |
| |