Dia das Letras Galegas 98
PATROCINAN ESTE ESPACIO
XeraisCouceiroXunta de GaliciaConcello de Ferrol
ASÍ FUNCIONA ISTO
Este ano o Día das Letras viaxa polo tempo ata as orixes mesmas da nosa lingua e literatura.Os tres poetas do mar de Vigo, Martin Codax, Meendinho e Joham de Cangas, son os protagonistas deste novo especial de Vieiros. Desde o soporte virtual quixemos dar conta dos diferentes actos que se están a orixinar tanto dentro do país como á volta dos centros galegos no exterior e para iso está a sección "As Letras do 98", que dá conta tanto dos eventos no mundo real como das actividades na Rede e continuará a recoller as informacións que nos vaiades enviando. Para coñecermos un pouquiño máis sobrea orixe do Día das Letras e a historia dos autores e autoras homenaxeadas, recomendámosche a entrada na "Historia do Día das Letras". Se o que che interesa é saberes algunha cousa máis sobre os trobadores e o mundo cortesán das cantigas, visita a páxina de "Codax, Meendinho e Cangas".

Aínda que o Día das Letras é unha xornada de festa, e Vieiros únese a ela por teceiro ano consecutivo, trátase tamén dunha data de reflexión sobre a situación da lingua e sobre a responsibilidade que todos os galegos e galegas temos na súa normalización. As seccións "Mil Primaveras" (que inclúe novas traducciós do manifesto de Cunqueiro), "Os humoristas e a lingua" (exposición promovida pola Asociación de Amigos do Museo do Humor de Fene) e o taboleiro de opinión "¿Que farías ti?" (onde convidamos os e as visitantes a seren planificadores por uns días) están pensadas para reflectiren o compromiso de todos e todas nós cun idioma que aínda ten que soar en Galicia outro milleiro de maios.

Historia do Día das Letras | As Letras do 98 | Codax, Meendinho e Cangas | Mil primaveras máis | Os humoristas e a lingua | Que farías ti? | Correo | Vieiros