"O día que nós emitamos papel-moeda non estamparemos
nel o retrato dos políticos, nin dos sabios, nin dos artistas;
estamparíamos somentes, a figura dunha vaca, como
símbolo da nosa economía humanamente distribuida".
Daniel Rodríguez Castelao, Sempre en Galiza
A importancia que o sector lácteo ten para Galicia é un tema incuestionable. A producción leiteira constitúe un dos puntais da nosa economía, unha das primeiras fontes de riqueza e o medio de vida dunha grande parte das familias galegas. O leite é o sangue que lle corre a Galicia polas veas...de Fisterra á Fonsagrada, de Ortigueira ao Baixo Miño, do Courel a Compostela..., o líquido ammiótico en que se xestou a tradición e o imaxinario do país, o sustento de moitas xeracións de galegos e galegas. Ao redor do leite realizábanse todo tipo de traballos que deron lugar a
diferentes oficios; un dos máis populares era o das leiteiras.
Noutrora, aquelas mulleres transportaban das aldeas ás vilas
algo máis que leite fresco: funcionaban como auténticas
reporteiras levando as últimas noticias dun lado a outro do
país.
A Leiteira quere ser lugar aberto á participación de todos e todas vós, que se irá configurando día a día gracias aos comentarios, colaboracións e suxestións que se vaian enviando. Trátase dun experimento de creación colectiva que subliñará aínda máis o carácter de ben común que o leite ten para nós e o alcance social da súa problemática. Aquí todo o mundo pode participar. |
|
COLABORACIÓNS
|
Nesta sección recóllense as diferentes colaboracións xornalísticas (análises económicas e políticas, reflexións sobre algún tema concreto, artigos de opinión, etc.) que vaian chegando.
Unha de vacas. Notas necrolóxicas nunha corte de Vilalba, por Xavier Carvajal
O sector leiteiro en Galiza: dinámica recente e perspectivas, por Edelmiro López Iglesias
Curas pola tractorada, por Victorino Pérez Prieto
Todos somos tractoristas, por Suso de Toro |
|
Bótalle unha mán ó Xocas, un xogo deseñado por Camilo Regueiro |
|
Tractorada, publicado na revista Animal. |
 |
|
LIGAZÓNS DE INTERESE
|
| Vieiros recolle nesta páxina as algunhas das referencias ao sector lácteo na Rede. |
 |
|
A INFLUENCIA DO SECTOR LÁCTEO NA CULTURA GALEGA
|
Desde antigo, as vacas e as actividades xeradas en torno á producción do leite
forman parte da nosa vida cotiá. Unha boa parte da cultura galega foise configurando en torno ao sector leiteiro e incorporou os seus elementos ao imaxinario colectivo... Dalgún xeito, a vaca se converteu nun
símbolo para Galicia. Eis a mostra da súa presencia en:
Literatura, Banda deseñada |
 |
|
REVISTA DE PRENSA
|
| Resumo de noticias recollidas nos distintos medios de comunicación |
 |
|