Vieiros
Infovía Plus, Telefónica e nós: unha ollada atrás

Todo comezou este verán, cando os internautas empezaron a tomar conciencia do seu poder de presión sobre a operadora (entón con monopolio) e sobre o goberno. O 3 de setembro fíxose a primeira folga de non conexión a Internet coñecida. As asociacións comezaron a negociar co Ministerio de Fomento e a propia Telefónica, aínda que sen moito éxito. E o 3 de outubro realizouse outra, que xa incluíu enfrontamento entre as diferentes plataformas de internautas, pero puxo contra as cordas a ministerio e operadora. Mentres, a comunidade internauta agardaba esperanzada a chegada do 1 de decembro, data da liberalización total das teleacomunicacións no Estado, coa consecuente perda de monopolio de Telefónica e a entrada da libre competencia. E ademais, esa data sinalaba a entrada definitiva de Infovía Plus en sustitución da vella Infovía. Claro que os problemas foron tales que houbo un adiamento, xa que Telefónica, que tivo meses para cambiar a infraestructura, non tiña montado nin sequera o esquelete desta e non funcionaba en absoluto. A nova data de entrada -e a definitiva- foi o 17 de xaneiro, que trouxo de cabeza a milleiros de internautas de todo o Estado. A migración foi lenta e desesperada, e aínda hoxe botamos en menos a vella Infovía, aquela das chamadas fallidas e da lentitude de conexión.

Velaquí presentamos unha Ollada atrás para ver todo o que aconteceu de xullo a hoxe a través das noticias que fomos publicando en Vieiros, segundo estas dúas liñas temáticas:


Vieiros | Infovía Plus, Telefónica e nós | Opinións dos proveedores