. Vieiros . Vieiros Ferrol Colaboradores .




Por que convocamos este concurso
Bases, premio e xurado

Portada



Dossier Vieiros
Proposta gañadora do concurso

O xurado do "Concurso de ideas sobre que facer coa estatua de Franco", reunido en Ferrol nas vésperas do 7 de xaneiro, día de San Xiao, decidiu premiar a proposta "Crear un museo da Guerra civil en Galicia (e depositala alí)", presentada por Miguel A. Suárez Regueiro, de Santiago.

O xurado, formado por Eduardo Fra Molinero (historiador), Siro López (humorista) e Manuel Patinha (escultor), considera:

1- O interese do concurso e das propostas nel presentadas.
2- A orixinalidade e calidade humorística de moitas das ideas propostas.
3- A importancia das propostas realizables e do seu valor pedagóxico

O Xurado decide por unanimidade escoller unha proposta que teña o valor de quitarlle á estatua o seu actual carácter simbólico e lle asigne o papel que o paso do tempo e a maioría da poboación deu en atribuírlle, esto é, o da constatación da figura dun dictador que provocou un dos peores momentos da nosa historia recente.

Así mesmo, o xurado cre que a historia debe ser lembrada e estudiada, para que nós mesmos e as futuras xeracións saibamos non caer en erros similares. Estas razóns levan a escoller unha das varias propostas que apostan pola permanencia da escultura en Ferrol e que sexa depositada nunha instalación, aínda por construír, adicada a un Museo sobre a Guerra Civil e ás súas consecuencias para a cidade, Galicia, e resto do mundo. Esta institución habería sevir para que o público coñecese a historia e para ordenar os arquivos de diversas dependencias que tratan dese período, de xeito que adquirise o papel de centro de investigación.

Entre varias das propostas que apuntan esta idea, resultou elixida a de Miguel A. Suárez Regueiro, veciño de Santiago, que a continuación reproducimos:

Crear un museo da guerra civil en Galicia e depositala alí

Todo o que acaba nun museo é que está morto e ben morto, é historia e se convirte nunha anécdota, e para quen sabe ler nunha chamada de atención.

Aquelo que di: Si non coñeces a túa historia estás condeado a repetila.

Trataríase dun museo que abranguería o tramo que vai dende os meses previos ó estoupido da guerra hasta o referendum pola constitución de 1978, onde probablemente queda pechada en principio esa etapa histórica.

Cubriríanse varios ocos no eido cultural galego, por canto creo que o coñecemento desa parte da nosa historia e bastante limitado, demasiado diría eu para o que á postre nos influíu, e influe. De outra banda sería un marco perfecto para facer chegar alí moitos dos símbolos franquistas que perviven por toda a xeografía galega, desactivándoos definitivamente sin entrar en conflicto co problema que supón librarse sistemáticamente de cousas que nos gusten ou non formaron parte da nosa historia e son testemuñas dunha realidade inevitable.


Durante un mes, case cen persoas presentaron a súa proposta sobre o futuro da estatua de Franco. Son iniciativas chegadas de todas partes do mundo. Velaiquí unha selección delas:

1 Cesión á Fundación Francisco Franco
5 votos
   Ver proposta
 
16 Colocala na Praza de María Pita (A Coruña) con procesión incluída
5 votos
   Ver proposta
 
2 Deixala na Praza de España cun letreiro que lembre a represión
4 votos
   Ver proposta
 
17 Poñela na Plaza de Armas (Ferrol)
139 votos
   Ver proposta
 
3 Proceso de recuperación da materia
8 votos
   Ver proposta
 
18 Ubicala na Praza de Canido (Ferrol)
0 votos
   Ver proposta
 
4 Crear un museo da guerra civil en Galicia e depositala alí
PROSPOSTA GAÑADORA
20 votos
   Ver proposta
 
19 Facer bonecos de futbolín
6 votos
   Ver proposta
 
5 Guindar con ela e subhastala entre ricos norteamericans
1 votos
   Ver proposta
 
20 Levala ás feiras para que lle guinden todo tipo de obxetos
0 votos
   Ver proposta
 
6 Envolvela ao estilo Christo
1 votos
   Ver proposta
 
21 Botala ao mar
4 votos
   Ver proposta
 
7 Abrir unha macrotaberna e colocala aí
6 votos
   Ver proposta
 
22 Facer un Museo de persoaxes indesexables
2 votos
   Ver proposta
 
8 Colocala no cemiterio
0 votos
   Ver proposta
 
23 Regalarlla a diversos persoeiros da vida pública
1 votos
   Ver proposta
 
9 Doarlla á familia Franco (e que paguen o traslado)
0 votos
   Ver proposta
 
24 Fundila e facer un monumento ás víctimas da dictadura
111 votos
   Ver proposta
 
10 Traslado á residencia oficial de Fraga … con pasarrúas incluído
30 votos
   Ver proposta
 
25 Fundila e facer mobiliario urbano
0 votos
   Ver proposta
 
11 Poñela como touro mecánico
10 votos
   Ver proposta
 
26 Deixar o cabalo só, quitándolle a figura do dictador
13 votos
   Ver proposta
 
12 Facer vinte bloques con forma de ovo
0 votos
   Ver proposta
 
27 Facer estatuas de diversos temas (liberdade, emigración,...)
1 votos
   Ver proposta
 
13 Facer dúas esculturas de vacas para poñer no Parlamento Galego
1 votos
   Ver proposta
 
28 Fundila e facer un monumento á paz
2 votos
   Ver proposta
 
14 Levala a dependencias militares
0 votos
   Ver proposta
 
29 Fundila e facer apeiros de labranza
3 votos
   Ver proposta
 
15 Facer medallas conmemorativas
2 votos
   Ver proposta
 
30 Mantela ... pero cambiándolle o tamaño
1 votos
   Ver proposta