. Vieiros . Vieiros Ferrol Colaboradores .



Por que convocamos este concurso
Proposta gañadora

Portada



Dossier Vieiros
Bases

Obxecto do concurso
Ideas para o futuro da estatua ecuestre dedicada ao Xeneral Franco, que na actualidade preside a Praza de España da cidade de Ferrol. O proxecto poderá ser realizable ou imaxinario, e puntuarase a lóxica ou a imaxinación e a orixinalidade da idea, máis aló da redacción do texto que se presente.

Extensión
Libre. Desde unha frase a un estudio completo e detallado, :). A xeito de recomendación: un mínimo de 1500 carateres e un máximo de 7500.

Idiomas admitidos
Galego, catalán, español, francés, inglés, italiano e portugués.

Prazo
Do 20 de novembro ao 20 de decembro do ano 2000

Método de presentación
por medio do formulario definido


Decisión do xurado
O xurado fará publico os datos do traballo gañador, coincidindo coa festa do patrón da cidade, San Xiao, o 7 de xaneiro do 2001.

O gañador ou gañadora queda obrigado/a a permitirlle á organización a difusión das súas propostas.

O concurso non poderá ficar deserto e o fallo será inapelable.


Premio

Un único premio consistente nunha fin de semana para dúas persoas na cidade de Ferrol, que incluirá hospedaxe nun céntrico hotel e xantares, ceas e almorzos dende a noite do venres ata o mediodía do domingo. Así mesmo, o premio acompáñase dunha visita a lugares significativos da cidade e da súa contorna e varios obxectos e agasallos proporcionados por empresas e institucións ferrolás.

O premio NON inclúe a viaxe ata a cidade.

Os gañadores poderán escoller a fin de semana que desexen dende a notificación do premio ata o comezo da primavera (21 de marzo), agás a do 24 e 25 de febreiro (Entroido).


Xurado

Ademais do coordinador de Vieiros Ferrol, que actuará como secretario, estará composto por:

Eduardo Fra Molinero. Historiador ponferradino que reside en Ferrol hai 25 anos. Ex-concelleiro de Cultura, profesor de Historia no Instituto Concepción Arenal e na UNED.

Siro Lorenzo López. Ferrolán do desaparecido barrio de Esteiro. Coñecedor e estudioso de Ferrol e os seus costumes. Un dos humoristas galegos máis recoñecidos. Traballa no xornal La Voz de Galicia.

Manuel Patinha, é un escultor portugués que vive cunha parella de labregos galegos a poucos quilómetros de Ferrol. Nacido en Póvoa de Santa Iria, en 1949, ten realizado exposicións colectivas e individuais, de pintura e escultura, en diversas galerías peninsulares. Ultimamente produce case toda a súa obra escultórica en metal.


Proposta gañadora