06/03/2007 | CICLISMO

Serrano e Nozal á fronte do Karpin para a Vuelta a Murcia

serrano
serrano

Desde o mércores 7 o Karpin Galicia rodará en Murcia nun novo desafío para o equipo nestes inicios de tempada. Álvaro Pino decidiu xa os corredores que irán á proba, onde Marcos Serrano e Isidro Nozal apuntan como máis en forma do cadro, co ollo posto na contrarreloxo da cuarta tirada.


05/03/2007 | TRIATLÓN

Noya e Valiño, premiados na Gala do Triatlón estatal

Destacada presenza galega na Gala do Triatlón celebrada este sábado día 3 en Madrid. O evento, organizado pola Federación Española, deixou o nomeamento de Xavier Gómez Noya como mellor deportista elite masculino do ano. Aída Valiño recibiu o premio á promesa feminina do triatlón estatal.


05/03/2007 | CICLISMO

O ruso Vorganov a piques de lograr a primeira vitoria para o Karpin Galicia

Vorganov no podio de Almeria
Vorganov no podio de Almeria

O corredor do Karpin Galicia Eduard Vorganov obtivo este domingo o segundo posto na Clásica de Almeria. O ruso, último ciclista en incorporarse ao equipo galego, entrou na liña de meta por detrás do italiano Giuseppe Miraglia e adxudicouse ademais os espríns intermedios.


04/03/2007 | FÚTBOL - DEPORTIVO 0 – 1 BETIS

O Deportivo deixa escapar o tren de Europa

Un gol de Fernando a falta de dez minutos para o final acabou coa boa traxectoria do Deportivo neste 2007. O conxunto branquiazul deixou escapar ante o seu público unha boa ocasión para meterse na loita por Europa. O Betis tivo máis oportunidades e incluso máis posesión ante un Dépor descoñecido. Os dous conxuntos viñan de xogar durante a semana e iso notouse no ritmo do partido. O segundo proxecto de Caparrós parece destinado a ocupar a zona tibia da táboa nunha tempada que xa se comeza a confirmar como de transición.


04/03/2007 | BÁSQUET

O Celta Vigourban gaña e deixa case sentenciada a súa permanencia

Cun importante triunfo ante o Estudiantes, un do seus rivais directos, o Celta Vigourban certificou case de xeito definitivo a súa permanencia un ano máis na elite do básquet feminino. O cadro de Miguel Méndez venceu 57-53 grazas a unha boa defensa e a vantaxe de sete puntos acadada no terceiro cuarto.


04/03/2007 | CICLISMO - VOLTA A VALENCIA

Troncoso destacou na última tirada, Mosquera gañou un posto na xeral

Ramón Troncoso
Ramón Troncoso

A última tirada da Volta a Comunidade Valencía deixou nas filas do Karpin Galiza a boa actuación de Ramón Troncoso, que foi o corredor máis combativo da xornada ao participar en dúas escapadas, cun total de noventa quilómetros en fuga. O triunfo final na xeral foi para Alejandro Valverde do Caisse D`Epargne. O primeiro clasificado do KG foi Mosquera, que rematou na undécima posición.


04/03/2007 | FÚTBOL - VALENCIA 1 - 0 CELTA

Derrota inxusta para o Celta ante o Valencia

Un bo Celta mereceu moito máis na súa visita a Mestalla. Un golpe de fortuna deulle ao Valencia os tres puntos nun encontro en que os celestes levaron moito máis perigo cara a meta rival. Desta vez, as sensacións deixadas polos de Vázquez son máis que positivas, porén, a derrota os pode deixar ao final da xornada en postos de descenso outra vez.


04/03/2007 | NÁUTICA

Representantes da feira internacional de Brest visitaron o NAU 2007

O vicepresidente executivo da Asociación Brest Metropole Oceane e tenente alcalde do Concello de Brest, Jean-Michel Peron, asistiu este sábado ao Salón Vigo Naútica Internacional que se está a celebrar no Ifevi. Peron, que felicitou a organización do NAU polo seu desenvolvemento, confirmou a presenza de Galiza como convidado de honra na feira francesa".


03/03/2007 | BÁSQUET

Leb 2: Gestibérica e Beirasar gañan, o Ourense pincha

Por fin chegou a ansiada vitoria do Gestibérica Vigo. Foi na súa visita a Cataluña, ante o WTC Cornella, onde os de Quino Salvo acadaron o importante triunfo (84-86) que lles permite abandonar a última praza da clasificación. Grazas en parte a que o Beirasar non fallou ante Real Madrid, principal competidor dos vigueses na zona baixa da táboa. Os de Santiago venceron os brancos nun cómodo encontro por 77-83.


02/03/2007 | FÚTBOL

Varias peñas pídenlle ao Celta que bote a Vázquez se non se gaña o Athletic

Un grupo de peñistas reuniuse este xoves co director xeral do Celta de Vigo, Xavier Martínez Cobas, co obxectivo de transmitirlle a súa preocupación pola situación actual do conxunto. Os afeccionados aseguráronlle ao dirixente celeste que apoiarán o equipo sen fisuras até o partido ante o Athletic de Bilbao, data límite despois da cal esixirán a súa dimisión de non mellorar os resultados.




Noticias anteriores
Os éxitos deportivos, principal aval de Lendoiro

A Reportaxe

ACCIONISTAS PIDEN TRANSPARENCIA NAS CONTAS
Selecci?ns Galegas
 

Enquisa

O terceiro posto de Ezequiel Mosquera na Volta a Mallorca...
É un anticipo de todos os éxitos que nos vai traer o Karpin Galicia
Esta ben pero non hai que confiarse, a tempada aínda acaba de comezar
Desgraciadamente será un éxito illado neste ano
Ver resultados