Vieiros Ourense

Edición xestionada por Vieiros
 FORO

A sección onde deixares as túas opinións, comentarios ou suxestións e debater con outros internautas.
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta no directorio de Vieiros as páxinas ourensás ou que falan sobre Ourense.

 

ATÉ O VINDEIRO SÁBADO
Ribadavia, capital do teatro

[20/07/2005 10:05] Dezasete compañías de varios países participan dende o pasado sábado na XXI Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. As actividades programadas nesta nova edición do certame desenvolveranse ata o vindeiro día 23 no conxunto histórico da localidade. Así, rúas, prazas e mesmo o castelo de Ribadavia converteranse nos escenarios que acollan 21 representacións nas que predomina o tema da recuperación da memoria histórica.


O pasado sábado arrincou en Ribadavia unha nova edición da Mostra Internacional de Teatro. Este ano, o certame conta coa participación de dezasete agrupacións. Tres delas son galegas, nove españolas, e cinco de Francia, Israel, Cuba, Arxentina e Italia.

Un dos temas con máis peso dentro desta XXI Mostra é o adicado á recuperación da memoria histórica. Este chega da man de compañías como Axioma, con monicreques que recrearán unha magnífica historia sobre a posguerra, ou Tricrilium, cunha obra que lembra aos desaparecidos na guerra civil.

A XXI Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia conta este ano cun orzamento de 106.000 euros. Este ano parte do importe chega, por vez primeira, da man dunha subvención do Instituto Galego das Artes Escénicas e de dúas compañías.

PROGRAMA

Mércores 20
  • Compañía Axioma –Andalucía-. El Compromiso. Público a partires de 14 anos. Ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
  • Compañía Trclinium Teatro –Estremadura-. Soliloquio de Grillos. Ás 23:00 horas no Auditorio do Castelo.

Xoves 21
  • Compañía Face Theatre –Israel-. Los descarrados. Ás 19:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
  • Compañía Axioma –Andalucía-. El Compromiso. Público a partires de 14 anos. Ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
  • Compañía Los Zarabella –Arxentina-. Patas arriba. Ás 21:00 horas en Santo André.
  • Compañía I Piau – P. Teresa de Juan – Cachivache. La Nona. Ás 23:00 horas no Auditorio do Castelo.

Venres 22
  • Compañía Artello – Teatro Alla Scala 1:5 –Galiza-. De fábula.
  • Compañía Los Zarabella –Arxentina-. Patas arriba. Ás 21:00 horas en San Cristobo.
  • Paolo Nani –Italia-. La carta. Ás 23:00 horas no Auditorio do Castelo.

Sábado 23
  • Compañía Los Zarabella –Arxentina-. Patas arriba. Ás 21:00 horas en Sampaio e á 1:00 na Praza Maior.
  • Compañía Teatro Meridional –Madrid-. Cloum Dei. Ás 23:00 horas no auditorio do Castelo.
  • Ás 22:30 horas terá lugar a entrega de premios no Auditorio do Castelo.




COMENTARIOS:

Hai 0 comentarios para esta nova. Le os comentarios e participa




© Vieiros