|
CUALIFICAN DE DESMESURADA A OCUPACIÓN URBANÍSTICA
Colectivos veciñais presentan milleiros de alegacións contra o Pxom vigués [11/04/2005 18:02] Representantes de asociacións de Teis, Matamá, Lagares, Samil e dos afectados pola Ronda presentaron no rexistro da Xerencia de Urbanismo de Vigo 20.000 alegacións contra o documento do Plan xeral de ordenación municipal, en periodo de exposición pública.
Esta entrega de alegacións enmárcase nas medidas de protesta previas á manifestación que estes colectivos de afectados polo plan xeral convocaron para o mércores 13 de abril e que discorrerá dende a praza do Rei polo centro da cidade ata a Escola de Artes e Oficios, onde o equipo redactor do documento realiza a súa exposición pública.
Advirten de que o futuro documento planifica unha urbanización e ocupación construtiva que cualifican de "desmesurada para o municipio de Vigo" e aseguran que suporá un impacto ambiental "desorbitado que eleva ao rango de relixión a cultura do ladrillo" e supedita o poder político ao económico. OUTRAS NOTICIAS
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||