Vieiros O Morrazo

Edición xestionada por Daniel Lavesedo
 FORO

A sección onde deixares as túas opinións, comentarios ou suxestións e debater con outros internautas.
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta no directorio de Vieiros as páxinas que falan sobre O Morrazo.

 

PIDEN A DEMISIÓN DO CONCELLEIRO DE URBANISMO
Suspéndese a aprobación inicial do Pxom cangués, que volve á fase de avance

[08/04/2005 10:07] O Pleno da corporación de Cangas aprobou unha moción presentada polo BNG que solicitaba "retrotraer os traballos do Plan xeral de ordenación municipal á fase de avance, dando por suspendida a súa aprobación inicial a todos os efectos". Arredor de 500 persoas tomaron a Casa consistorial e os concelleiros populares e socialistas, que se abstiveron na votación, saíron escoltados pola policía.


O alcalde de Cangas, Enrique Sotelo, fracasou no intento de facer un receso na sesión coa pretensión de consensuar unha nova proposta entre os grupos municipais. Durante a rolda de intervencións, o rexedor negoulle a palabra a un membro do Foro social para que lera un manifesto elaborado polos colectivos promotores das manifestacións convocadas contra o plan xeral.

O Foro social defende a revisión da totalidade do plan, incluídos os convenios, solicita unha reunión na que estean convocados os colectivos sociais e a demisión do concelleiro de Urbanismo, Miguel Ángel Gómez Millán, "por non saber defender os intereses de Cangas".






© Vieiros