Vieiros Santiago

Edición xestionada por Vieiros
 FORO

A sección onde deixares as túas opinións, comentarios ou suxestións e debater con outros internautas.
 A MAN

Información precisa para ter á vista: farmacias de garda, teléfonos e enderezos de interese, etc
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta no directorio de Vieiros as páxinas compostelás ou que falan sobre Compostela.

 

NOMINADA AOS MAX
O 'García' de Cándido Pazó para encher a Sala Yago

[02/03/2006 12:15] A historia de García, herdeiro do Reino de Galiza, sérvelle de excusa a Cándido Pazó para adentrarse na "emocións e nas claves que levan a unha persoa a afacerse a vivir preso, nun cárcere familiar, laboral, sentimental... e mesmo a definir a aquelas sociedades que atopan conforto na propia derrota". Unha peza que acolle a Sala Yago do 2 ao 5 de marzo, ás 20:30 horas, xoves e venres, ás 22:30 horas o sábado e ás 19:00 horas o domingo.


O papel do rei García interprétao X.A. Porto, Josito, e César Cambeiro encárgase de encarnar a Rodrigo, vasalo e amigo do rei que se introduce no castelo no que este está preso para liberalo, aínda que lonxe de conseguir os seus proxectos co que se atopa é cun monarca vencido e resignado ao seu presidio. Para escenificar esta circunstancia humana o autor e director da peza de Teatro do Adro, Cándido Pazó, toma o argumento histórico unicamente como excusa, para tratar as paixóns persoais, e para conseguilo foxe incluso da escenografía, de características minimalistas e centrada, fundamentalmente, nas personaxes.

A peza, que xa pasou polo Principal compostelán e que chega agora á Yago está seleccionada polo comité organizador dos Premios Max das Artes Escénicas para representar Galiza na categoría de Mellor Espectáculo Revelación.



COMENTARIOS:

Hai 0 comentarios para esta nova. Le os comentarios e participa




© Vieiros