Vieiros A Limia

Edición xestionada por Ramiro Rodriguez Suárez
 FORO

A sección onde deixares as túas opinións, comentarios ou suxestións e debater con outros internautas.
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta no directorio de Vieiros as páxinas limiáns ou que falan sobre A Limia.

 

LOITO NAS NOSAS LETRAS
Adeus a Antón Tovar, poeta

[17/06/2004 10:35] Antón Tovar Bobillo, considerado por moitos como o poeta máis importante das Letras Galegas do século XX, finou onte en Ourense ós 83 anos de idade como consecuencia dunha afección respiratoria agravada nos últimos días.


Antón Tovar naceu na parroquia de Pereira, no concello de Rairiz de Veiga. Nesta localidade foi obxecto no ano 2001 dunha homenaxe á que acudirón os seus amigos e grande parte de persoeiros da nosa cultura.

Segundo desexo do finado os seus restos serán incinerados esta mesma tarde e depositados no panteón do Cemiterio de San Francisco en Ourense nunha cerimonia civil. No seu concello natal foron declarados tres días de loito oficial.






© Vieiros