Vieiros Pontevedra

Edición xestionada por Óscar Sendón
 FORO

A sección onde deixares as túas opinións, comentarios ou suxestións e debater con outros internautas.
 A MAN

A información precisa para ter á vista: farmacias de garda, teléfonos e enderezos de interese, etc
 AS WEBS DE AQUÍ

Consulta no directorio de Vieiros as páxinas pontevedresas ou que falan sobre Pontevedra.

 

XIRA GALEGA DE JUANI RISHMAWI
Galiza por Palestina lémbrase de Vilaboa

[04/04/2006 17:43] Galiza por Palestina de Pontevedra xa manifestou a súa solidariedade co colectivo marroquí de Pontevedra, no ollo público tras o acontecido en Vilaboa, onde un grupo de veciños pediu "a redución" do número de inmigrantes no barrio de Paredes por consideralo excesivo. Juani Rismawi, a coordenadora da Unión de Comités de Traballo para a Saúde en Cisxordania, está en Pontevedra, onde o mércores falará de Saúde e vida cotiá na Galería Sargadelos.


"Galiza por Palestina de Pontevedra fai publica a súa solidariedade co colectivo marroquí de Pontevedra e en especial en Vilaboa, ante os ataques xenófobos que potencian as situacións xa presentes de exclusión, precariedade e pobreza nesta comunidade. Asemade lembramos a solidariedade demostrada no pasado por este colectivo contra a guerra de Iraq, participando en actos contra a guerra e contra as bombas en Madrid. Rexeitamos as demandas de control policial do censo e control dos alugueres ante unha poboación con poucos recursos para acceder a unha vivenda e lembramos e apoiamos as declaracións de Mustafa El Abboubi cando demandan programas de integración dende a igualdade".

De Vilaboa terá tamén que falar Juani Rishmawi, madrileña e palestina de adopción desde 1984. Rishmawi viviu en Gaza e na actualidade en Beit Sahour (en Cisxordania) co seu compañeiro e os seus dous fillos. É coordenadora da Unión de Comités de Traballo para a Saúde, en Cisxordania (Union of Health Work Committeee, UHWC). Como sabedes, a oenegé que enche desde 1985 o baleiro existente no campo da atención sanitaria entre a poboación palestina que vive nos territorios ocupados por Israel.

Adxuntámosvos o programa da xira galega de Rishmawi.



Documentos anexos:
Axenda

COMENTARIOS:

Hai 0 comentarios para esta nova. Le os comentarios e participa




© Vieiros