|
MOVILIZACIÓN
Adían a convocatoria da manifestación a favor da permanencia de ENCE [31/05/2005 19:38] O vindeiro 4 de xuño, sábado, ademais de ser a segunda xornada da campaña electoral que se abre coa pegada de carteis na noite do 2 ao 3 de xuño, é tamén un día importante para Pontevedra. Ata a tarde do martes permanecían convocadas para ese día dúas mobilizacións para pedir, unha (CC.OO e FÍA-UXT) a continuidade de Ence en Lourizan e outra (Plataforma pola Defensa da Ría) para pedir o seu traslado. Pero os sindicatos anunciaron a retirada da súa convocatoria.
A nova cita para defender a permanencia da fábrica de papel en Lourizan será o 17 de xuño, día no que se pecha a campaña electoral e tamén xornada na que o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Emilio Pérez Touriño, visitará Pontevedra.
Ante esta casualidade o secretario comarcal de CC.OO en Pontevedra, José Luís García Pedrosa, segurou que non era máis que "mera coincidencia". "Aplazamos a folga para garantir que non haxa incidentes" engadiu Pedrosa ao referirse á manifestación en contra da fábrica. José Luís García quixo deixar tamén clara "a firme determinación dos traballadores de Ence de defender coas unllas e cos dentes os seus postos de traballo". OUTRAS NOTICIAS
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||