|
ANÁLISE MÉDICA, QUÍMICA, XURÍDICA E HISTÓRICA
Debate sobre as consecuencias da instalación de Ence na ría de Pontevedra [25/04/2005 10:33] A Asociación cultural Maio Longo organiza un ciclo de conferencias para analizar as claves do complexo industrial de Lourizán, como son as repercusións da localización de Ence na ría dende o ámbito do dereito, da contaminación, das súas consecuencias sobre a saúde e da memoria histórica do que representa a factoría. As charlas celebraranse ás 20.30 de martes a xoves na galería Sargadelos de Pontevedra.
O secretario da asociación, Xosé Abilleira, sinalou que o ciclo pretende darlle respostas a cuestións que lle preocupan á cidadanía de Pontevedra e manifestou a vontade do colectivo por contribuír a dar conta do ambiente social a favor do peche de Ence que, ao seu entender, se percibe na cidade.
O ciclo principia coa charla de Modesto Barcia o martes 26 de abril e tratará sobre a vertente xurídica da instalación e do futuro de Ence. O mércores, o alergólogo Xosé Fernando Filgueira e os químicos Xesús Torres e Ramón Eixo disertarán, nunha mesa redonda, sobre "Contaminación e saúde". O ciclo péchase o xoves 28 de abril coa intervención do xornalista Enrique Acuña, que rememorará a historia da oposición ao complexo industrial. OUTRAS NOTICIAS
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||