
![]() | Manuel Fraga Iribarne Naceu en Vilalba (Lugo) en 1923 e é pai de cinco fillos. É licenciado en Ciencias Políticas e Económicas e doutor en Dereito pola Universidade de Madrid. Foi número un na oposición á Escola Diplomática e catedrático de Dereito entre 1948 e 1987. É doutor "honoris causa" por varias universidades españolas e extranxeiras. Dende 1962 é membro de número da Real Academia Galega e da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. É autor de 74 libros que, na súa maior parte, versan sobre ciencia política e teoría do Estado. En 1951 comezou a súa actividade política. Foi ministro de Información e Turismo na década dos sesenta e embaixador de España no Reino Unido de 1973 a 1975. En 1977 crea Alianza Popular e é nomeado secretario xeral desta organización. Foi deputado nacional de 1977 a 1989. É presidente fundador do Partido Popular e presidente do Partido Popular de Galicia. Tralas eleccións celebradas o 17 de decembro de 1989 accedeu, por maioría absoluta, á presidencia da Comunidade galega. En 1993 volve a gañar esta presidencia por maioría absoluta. Para as vindeiras eleccións do 19 de outubro, Manuel Fraga preséntase de novo como candidato do Partido Popular á presidencia da Xunta. |
|
|
|