G97 partidos, lideres e programas

Abel Caballero   Abel Caballero Álvarez

Naceu en Ponteareas (Pontevedra) o 2 de setembro de 1946. En 1967 faise co título de piloto da mariña mercante. Licenciouse en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1972. Conta cun mestrado en economía pola Universidade de Essex (U.K.). É doutor en Economía pola Universidade compostelá, con premio extraordinario, e pola Universidade de Cambridge (U.K.). Dende 1973 é membro do Trinity College de Cambridge.

Foi presidente da Asociación Española de Ciencia Rexional entre 1982 e 1985. Impartiu clases na Universidade compostelá dende 1976 e, na actualidade, é catedrático de Teoría Económica da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Ten publicados en torno a cincuenta libros e artigos en revistas científicas.

En canto á súa actividade política, foi ministro de Transporte, Turismo e Comunicación entre 1985 e 1988. Dende 1982 é deputado nas Cortes españolas. Entre 1993 e 1995 é voceiro socialista de Economía no Congreso dos Deputados. Dende 1994 tamén exerce de portavoz polo grupo socialista na Comisión de Economía da Delegación Española do Consello de Europa. Na actualidade é presidente do PSdeG-PSOE e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia para as próximas eleccións autonómicas pola Coalición PSdeG-PSOE EU-EG, Os Verdes.



Volver á portada | Galicia e o seu parlamento | 19-O e outras eleccións | Partidos, líderes e programas | Revista de prensa | Vieiros