G97 partidos, lideres e programas

X. Manuel Beiras


Xosé Manuel Beiras Torrado

Nado en abril de 1936 en Santiago de Compostela, licenciouse en dereito pola Universidade compostelá en 1957. Estudiou economía na Faculté de Droit et des Sciences Economiques na Sorbonne de París. En 1960 imparte o primeiro curso de Economía Política na Facultade de Dereito da Universidade de Madrid co profesor Prado Arrate. Logo fará estudios na London School of Economics e encargarase da Cátedra de Economía Política da Facultade de Dereito da Universidade compostelá. En 1968 faise cargo da Cátedra de Estructura e Institucións Económicas da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago e, en 1982, sae elixido decano desta facultade.

En 1970 publica a obra "Estructura y problemas de la población gallega", que consistía na súa tese de doutoramento defendida na Universidade de Sevilla en 1965 e coa cal obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento. En 1973 publica "O atraso Económico de Galicia".

En canto á súa actividade política, é membro fundador do Partido Socialista Galego (PSG) na clandestinidade e participa na creación do Sindicato Obreiro Galego, primeira organización sindical nacionalista. É membro da Asemblea Constituínte do Bloque Nacionalista Galego na primavera de 1982 e é deputado polo BNG no Parlamento galego dende novembro de 1985. Na actualidade, ocupa o cargo de voceiro nacional e deputado do grupo parlamentario do BNG no Parlamento de Galicia e foi presentado como candidato á presidencia da Xunta de Galicia nos vindeiros comicios autonómicos de outubro de 1997.


Volver á portada | Galicia e o seu parlamento | 19-O e outras eleccións | Partidos, líderes e programas | Revista de prensa | Vieiros