 |
 |
 |
 |
 |
 |
 |
  |
 |
 |
|
Así foi 2001...
O que pasou na rede:
|
|
 |
|
ASÍ FOI O 2001: O QUE ACONTECEU EN GALICIA
Nada cambiou no século XXI galego. Basicamente seguen a gobernar os mesmos, coas mesmas políticas e cos mesmos actores, aínda que ao longo do ano houbo momentos nos que parecía que se argallaba algunha posibilidade de cambio. Foi coa crise das vacas tolas, que deixou "tocado" ao gabinete de Fraga, pero que a oposición non soubo aproveitar.
O Bloque montou unha moción de censura fallida á que lle deu a estocada final Fraga. Ese día anunciou a data das eleccións, polo que ata lle privou aos nacionalistas de obteren o titular nos xornais ao día seguinte.
A partir de aí xa o saben: crise no sector leiteiro, tamén no pesqueiro, loita fracasada contra a LOU... e peche de ano con apretón de mans Fraga-Beiras despois de 12 anos de enfermiza xenreira. Que non se diga...
Velaquí tedes o que deu de si este 2001 mes a mes...
Xaneiro | Febreiro | Marzo | Abril | Maio | Xuño | Xullo | Agosto | Setembro | Outubro | Novembro | Decembro
|
|
|
|
 |
|
 |
|
XANEIRO
- Día 2: Polémico soterramento de vacas mortas en Mesía.
- Venres 5: Aparece outra vaca tola en Guitiriz.
- Día 10: Demite o conselleiro de Agricultura e Gandeiría, Cástor Gago, e Fraga pon no seu lugar a Diz Guedes
- Día 10: O BNG anuncia unha moción de censura ante a situación de "excepción" que segundo eles vive Galicia nestes momentos e pola "actitude soberbia de poder" exercida polo presidente, Manuel Fraga. O resto da oposición -PSdeG e EdeG- anuncian que non a van apoiar.
- Un grupo de traballadores da CRTVG presenta en sociedade unha iniciativa lexislativa popular "por uns medios de comunicación públicos plurais e veraces". Estes xornalistas denuncian que na Radio Galega e na TVG se censuran noticias. En Vieiros entrevistamos a Xosé Manuel Vega, o seu voceiro.
- Día 21: manifestacións pola pesca en Santiago e en Cangas do Morrazo.
- Día 29: Debate da moción de censura : Fraga esquívao anunciando as eleccións para outubro.
- Día 31: tres novos casos de vacas tolas.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
FEBREIRO
- Día 24: O concello da Veiga de Valcarce aproba, nun pleno municipal, o status de lingua oficial para o idioma galego.
- Acordo Xunta-Junta para ensinar galego no Bierzo
- Día 6: tres vacas tolas máis.
- Día 14: catro casos de EEB máis na provincia de Lugo.
- Día 17: o BNG celebra a súa IX Asemblea Nacional.
- Día 21: catro casos de EEB máis.
- Día 23: nace o Diario de Arousa, o xornal para a oitava cidade galega, Vilagarcía, e a súa comarca.
- Día 26: a xustiza paraliza o peche do encoro do Umia.
- Día 27: Os traballadores de RNE-A Coruña denuncian publicamente a manipulación informativa a favor do PP neste medio.
- Ese mesmo día, Mariano Rajoy é nomeado ministro de Interior, ademais de seguir sendo vicepresidente primeiro do Goberno.
- Día 28: Vacas tolas en Antas de Ulla e Vilarmaior.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
MARZO
- Día 1: Eleccións na CEG para substituír ao insubstituíble Antonio Ramilo. Gaña Antonio Fontenla contra Alvariño.
- Día 1: 2.000 cidadáns maniféstanse en Pontevedra en apoio aos traballadores en folga de Transportes La Unión.
- Día 2: Treboada no seo da familia Fernández-Latorre. Santiago Rey destitúe aos seus dous fillos como directivos do Grupo Voz
- Aparecen nas costas galegas varios cadáveres do accidente de Entre-os-Ríos (Portugal).
- Día 6: O barco coruñés Hansa afunde en Escocia. Morren 6 e sobreviven 10.
- Día 9: A curtametraxe 'O río ten mans', dirixida pola coruñesa Beatriz del Monte e producida por Portozás Visión, foi a gran triunfadora dos Premios AGAPI 2000, os galardóns do audiovisual galego. O mellor director foi Jorge Coira.
- Día 14: Cortefiel lanza unha OPA do 100% sobre Adolfo Domínguez.
- Día 16: Adolfo Domínguez rexeita a OPA.
- 21 de marzo: Día das Letras Chairegas, adicado nesta ocasión a Agustín Fernández Paz.
- Día 21: Celebración Mundial da Poesía en Santiago, coa presencia de ducias de poetas de todo o mundo, entre os que se atopaban os premios Nobel Derek Walcott (Santa Lucía) e Wolé Soyinka (Nixeria).
- Día 23: A Consellería de Presidencia da Junta de Castela-León require ao Concello da Veiga do Valcarce para que anule os acordos plenarios de 24 de febreiro de 2001, nos que se declaraba a cooficialidade do galego.
- Día 24: Cuíña pechou as comportas do encoro do Umia "para controlar as inundacións de Caldas".
- Día 26: A Garda Civil detén na Coruña a Alicia Sáez de la Cuesta pola súa presunta relación con ETA.
- Día 28: A obra 'O lapis do carpinteiro' acadou oito dos dez premios aos que estaba nominada (eran trece en total) para os María Casares de teatro.
- Día 28: Localizan en Santiago un piso utilizado pola etarra Sáez de la Cuesta.
- Día 28: outra vaca tola máis.
- Día 29: Lubián (provincia de Zamora) tamén vai declarar o galego oficial. Así o declara nesta entrevista o seu alcalde.
- Día 30: Santa Bárbara, para a compañía norteamericana General Dynamics.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
ABRIL
- Día 1: A Mesa en Defensa do Sector Pesqueiro Galego convoca en Ribeira unha concentración polo fracaso das negociacións para un novo acordo pesqueiro con Marrocos.
- Día 1: Morre o histórico galeguista Marino Dónega (Huelva 1916-A Coruña 2001), que fora presidente de Galaxia e durante case vinte anos secretario da Real Academia Galega.
- Día 3: A curtametraxe de Lijó e Meixide 'O meu nome, o meu mundo' foi seleccionada para competir na sección oficial do Festival de Cine Independente de Nova York.
- Día 3: Galego oficial en Lubián.
- Prohíbese o óso da costeleta de vaca.
- Día 7: Manifestación convocada polos sindicatos agrarios pedindo unha solución para as vacas tolas. 10.000 persoas.
- Día 13: fascistas atacan a cafetería do centro social da Fundaçom Artábria (Ferrol) e mallan no camareiro.
- Día 19: El Mundo pecha a delegación de Galicia.
- Día 24: 4.000 mariñeiros maniféstanse en Ribeira pola falta de acordo con Marrocos.
- Día 25: A UE confirma a fin das negociacións de acordo pesqueiro con Marrocos.
- Día 27: Catro veciños de Praceres ingresan no Hospital Montecelo por mor dun enfrontamento cos gardas de seguridade das obras.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
MAIO
- 1 de maio: encarapuchados rompen os cristais de El Correo Gallego. Os sindicatos CIG e UGT anuncian folga xeral o 15 de xuño.
- Do 2 ao 4 celébrase en Salamanca as Xornadas sobre o Galego Exterior. Ao mesmo tempo alcaldes das comarcas do Bierzo e Seabre van ao Europarlamento a falar do galego convidados por Camilo Nogueira.
- Día 4: preséntase Redes Escarlata, un grupo de intelectuais.
- Día 8: Comeza en Vigo o Correlingua 2001, unha carreira que percorrerá todo o país, chegando a Compostela na véspera do Día das Letras Galegas.
- Días 12 e 13: III Congreso da CIG con división interna. Volve gañar o sector 'upegallo', e o novo secretario xeral é Seixo.
- Día 16: O conflicto Xunta-Benposta acabouno gañando o Goberno galego: a xustiza condenounos a entregar a parcela anexa ás instalacións da Cidade dos Muchachos pola que ambos os dous bandos mantiñan un litixio.
- Día 17: Manifestación nacional a prol dunha presencia do galego no ensino. Especial Letras Galegas en Vieiros: porno e letras para o 17 de maio.
- Día 22: Zara sae a bolsa. Vieiros publica un especial informativo, con opinións de expertos, seguimento da cotización e análises dende todos os puntos de vista. Sobe un 22,45% no seu primeiro día.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
XUÑO
- Día 3: Créase unha nova forza política que pretende unir o independentismo galego: Nós-Unidade Popular, que xorde a partir do chamado Processo Espiral.
- Día 14: A CRTVG despide 150 empregados por mor de "axustes orzamentarios". Radio España fai o propio con 18 traballadores e Tele5 tamén, ao eliminar as desconexións territoriais.
- 15-X: Folga xeral convocada por CIG, UGT, CGT e CUT. Non consegue paralizar o país.
- Día 15: a SEPI entrega ENCE a Caixa Galicia.
- Día 17: O Compos descende a 2ªB.
- Día 22: Bieito Iglesias gaña o Manuel García Barros de novela.
- Día 23: Marilar Aleixandre, coa súa Teoría do Caos, é a primeira muller que gaña o Premio Xerais. Antón Cortizas gaña o Merlín.
- Día 30: O Celta perde a final da Copa do Rei diante do Zaragoza (1-3).
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
XULLO
- Día 6: Delmi Álvarez parte a África na busca de galegos.
- 2 anos de pactos: especial de Vieiros que analiza -no ecuador dos mandatos- as relacións BNG-PSdeG nas cidades galegas.
- Día 21: Preséntase a Proposta Galiza, manifesto que reivindica ese nome para o país.
- Día da Patria: celebracións de todos os sectores.
- Día 26: Inhabilitación para o ex alcalde de Ponteareas, José Castro, por prevaricación.
- Día 30: Inaugúrase o tramo final da A-6 en Galicia (queda aínda un anaco no Bierzo).
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
AGOSTO
- Día 3: Festival Intercéltico de Lorient adicado a Galicia.
- Día 3: Estréase O bosque animado, da da productora coruñesa Dygra Films.
- Día 5: Morre o veterano xornalista Diego Bernal, que dirixía o diario electrónico E-Galicia.
- Día 7: Caso número 25 de vaca tola galega, en Portomarín.
- Día 16: Deteñen a Sito Miñanco en Madrid nunha operación anti droga.
- Día 30: O 25% de capital galego que tiña Leite Celta pasa a mans dun grupo americano.
- Día 31: O pleno da Veiga do Valcarce revoga o acordo da oficialidade do galego. Vieiros entrevistou a Luisa González, alcaldesa deste concello berciano.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
SETEMBRO
- Día 5: Sae á luz o 'pacto de concordia' para a lingua.
- Día 7: Polémica polo censo da emigración, que malia eliminar 12.000 mortos, aínda ten graves deficiencias.
- Día 11: O Congreso aproba a creación Parque Nacional Illas Atlánticas.
- Día 17: Interviú salta cunha exclusiva sobre Cuíña: está a cometer incompatibilidade con cargo público ao manter as súas empresas familiares.
- Día 18: Cuíña chámalle "piolloso" a Manuel Rico, o xornalista que fixo a información.
- Día 20: O conselleiro de Pesca, Amancio Landín, demite... ¿ou fano demitir?
- Día 27: A Condesa de Fenosa renuncia á presidencia do Banco Pastor.
- Día 27: 7.000 persoas maniféstanse polo futuro de Santa Bárbara.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
OUTUBRO
- Día 2: Pedimos a paz e a palabra, especial de Vieiros no que varios poetas escriben un poema pola paz e a solidariedade.
- Día 3: Un día antes de comezar a campaña aparece unha vaca tola en Laracha, pero ninguén fala dela...
- Día 4: Comeza a campaña electoral, con polémica polos ovos guindados a Fraga. Vieiros publica un Especial Eleccións, con entrevistas a todos os candidatos, postais, viñetas, e toda a información imaxinable.
- Días 11 e 12: Festival SAR'01 de música electrónica en Santiago.
- Día 16: É destituído o realizador de TVE que emitiu a imaxe de Fraga con ovos estampados polo corpo. Segunda vaca tola da campaña, en Santiso.
- Día 17: Fazaña do Deportivo en Old Trafford diante do Manchester United: 2-3 nun encontro histórico.
- Día 21: Cuarta maioría de Manuel Fraga. Debacle do BNG, que perde un escano. Empate técnico co PSdeG. Demite Anxo Guerreiro. Ver Especial Eleccións de Vieiros.
- Día 31: O Goberno aproba no Congreso a LOU. Comezan as mobilizacións no país.
Arriba
|
|
|
|
 |
|
 |
|
NOVEMBRO
- Comezan as mobilizacións contra a LOU: mestres, alumnos e PAS unidos contra esta lei. Informa puntualmente Vieiros Universitaria.
- Día 7: Xohana Torres entra na RAG. É a terceira muller que o fai.
- Día 7: Derradeiro número de Diario 16, o xornal madrileño do Grupo Voz.
- Día 12: Carga policial contra os estudiantes que protestan contra a LOU. Catro mozos no hospital nun enfrontamento que coincidiu coa visita da Infanta a Santiago. Piden a demisión do Delegado do Goberno.
- Día 14: O Senado aproba a LOU. En resposta, mobilización histórica do estudiantado: máis de 50.000 persoas en todo o país.
- Día 17: A Real Academia rexeita en votación a chamada "normativa da concordia". Isto provoca unha mobilización na maioría dos sectores da intelectualidade galega en contra desta decisión.
- Día 19: Comeza a sexta lexislatura.
- Día 22: Fraga dá a coñecer o seu novo goberno, que só achega dúas novidades: Aurelio Miras como novo conselleiro de Emigración, e Corina Porro, de Asuntos Sociais.
- Día 27: Manifestación conxunta dos campus galegos en Santiago: 40.000 persoas.
Arriba
|
|
|
 |
 |
 |
 |
 |
DECEMBRO
- Día 1: Manifestación nacional contra a guerra en Santiago.
- Día 3: Fraga é investido presidente do Goberno no Parlamento galego.
- Día 4: No segundo día do debate da investidura prodúcese un apretón de mans histórico entre Fraga e Beiras, coa promesa de diálogo futuro.
- Día 14: Nova carga policial contra os estudiantes ao tentar desaloxalos do Rectorado.
- Día 15: Toma de posesión de Manuel Fraga como presidente da Xunta, con 6.000 gaiteiros (seica) e a presencia por primeira vez de Beiras.
- Día 18: Incidentes no claustro da USC. Estudiantes acosan a Darío Villanueva no Claustro da USC.
- Día 19: Xosé Ramón Barreiro, elixido presidente da RAG en substitución de Del Riego.
- Día 20: O Congreso ratifica definitivamente a LOU.
- Día 26: O TSXG obrígalle a Baltar a repetir unhas oposicións nas que aprobaran fillos de altos cargos do PP que se levaron a cabo no ano 1999.
O que aconteceu no mundo | A rede no mundo | A rede en Galicia
« Vieiros
|
 |
|