APROXIMACIÓN AO GALEGO EXTERIOR

Xavier Frías Conde




3. O SISTEMA CONSONÁNTICO

3.1. Algunhas características especiais

En xalmego é normal que se aspire -s- implosivo, como no castelán estremeño veciño. Tamén -z non se pronuncia, como ocorre igualmente en Porto, e non se recupera ata formar o plural ou engadirlle algunha desinencia ou terminación.

3.2. Sons novidosos

En galego exterior danse os mesmos sons do galego común en todas as áreas agás Xalma oriental (AE e SM) e mais Calabor, onde se conservan sibilantes sonoras que desapareceron da lingua xa no século XVI (11). O calaborés (porteño oriental) é o falar que mellor conservou as antigas sonoras, xa que ata o século presente perviven as tres sonoras <xá>, <sá> e <cá>, aínda que as novas xeracións as van perdendo e desaparecerán deica cedo. En San Martín de Trebello están <sá> e <cá>, mais non <xá>, que se confundiu coa xorda <x> (pode, porén, oírse coma alófono de <xá>, mais desfonoloxizado). En As Ellas consérvanse <sá> e <cá>, mais a evolución destas sibilantes en todos estes falares é moi distinta, tal como amosamos no cadro seguinte:

MEDIEVAL /s/ /z/ /S/ /3/
MAÑEGO /s/ /z/ /S/ /S/([3])
LAGARTEIRO /s/ /z/ /s/ /z/
CALABOR e HERMISENDE /s/ /z/ /S/ /3/


Doutra banda, o fenómeno da gheada escóitase en ancarés e tamén na área que fica por baixo de Vilafranca do Bierzo e tamén nos Ancares, mais xa con pouca vitalidade. Recórdese que /g/ adquire a pronuncia de [h] perante calquiera vocal e nos grupos [hr] e [hl]: ghato, ghrande, aghulla, etc.

Como evolución exclusiva dentro do galego, hai unha pronuncia idéntica en canto a articulación á gheada, a cal se podería chamar logo pseudo-gheada, mais non se trata desta, senón da evolución primitiva de <xá> que se deu en VF, en termos tales que axáuar, lonxáe. Mais neste falar, /S/ e /h/ compórtanse como alófonos, e /h/ rematará impóndose como aconteceu no castelán do século XVI cando /S/ pasou a /x/, mais ambos os sons coexistiron. En VF consérvase aínda <x> en moitos termos: xabón, hoixe, queixarse, xunto, xinxa, etc. Este mesmo tratamento coñécese no xabrés (asturleonés de Xabra)

O rotacismo encóntras en O Bierzo e en Valverde do Fresno.

3.3. Conservación de consoantes

En eonaviego centro-oriental e calaborés adoita conservarse -l- en todos os casos: palo, esquilo, calente, avolo. Hai algúns casos de conservación tamén en eonaviego occidental e ancarés. En calaborés, con todo, pérdese ás veces: pao.

En porteño centro-oriental e xalmego consérvase -n- na terminación -ona: ladrona, grandona, mullerona, agás boa. En porteño occidental consérvase tamén en -eno/a: cheno, centeno, avena.

3.4. Perda de consoantes

Hai perda de -g- en porteño occidental sempre que a esta consoante lle preceda -i-, é dicir, que -ig- > -i- (12): fío, fíado, fieira, trío, embío.

A perda de -d- tén diferencias de grao segundo as áreas:

- En eonaviego e bierzano pérdese só na terminación -ado e é un fenómeno de moi recente datación.

- En ancarés e mais porteño occidental e oriental pérdese nas terminacións masculinas en -ado, -edo, -ido, mais consérvase nas femininas: cantadho, robredho, partídho.

- En valverdeiro pérdese tamén no feminino das terminacións anteriores e algúns casos máis: cantadha, partídha, axudhar, todho.

- En mañego e lagarteiro pérdese case sempre intervocálico: sacudhír, médhico, pidhír, etc. Mesmo o grupo /dr/ vocalízase en /yr/: peira, lairón/leirón, lairillo, paire, maire, pairiño, mairiña, heira.

3.5. Evolucións típicas

Algunhas consoantes e grupos consoánticos non teñen os mesmo resultados do galego común, polo que sinalaremos entre os máis senlleiros:

- o xalmego perde <d-> nalgúns vocábulos: iñeiro, icáer, ucáia. Pola contra, neste dialecto e en ancarés e mais porteño occidental hai prótese de d- en dir.

- o xalmego tén algúns casos de f- aspirado: fhasta (só VF), fheno, afhorrar.

- o eonaviego centro-oriental non presenta -ñ- no sufixo -iñeiro/a, senón ieiro/a: cocieira, dieiro, mulieiro, etc.

- o eonaviego do sur presenta -x- onde no norte e en xeral todo o galego tén -s-: louxa, vixo, dexobado, xardía broxa.

- o eonaviego oriental palataliza coma o asturiano común:

L- > ll-: lhúa, lhonxe, lhado, lher, lhar, lhobo, lhume, etc.

-LL- > -ll-: tolho, martelho, tolho, bolho, alhó, etc.

- o xalmego e o porteño non seguen a tendencia do galego de presentar <x> nos pasados fortes, senón <s>: puse(n), quise(n).

- en xalmego (aínda que non só aquí, mais si principalmente), danse moitos casos de <xá> onde o galego-portugués común tén <ll>, atribuíbel ao castelán: lagartixáa, valexáón, caexáa, partixáa, ceixáa, peleixáa, pareixáa.

- a confusión de <-l> e <-r> implosivos finais é propia do xalmego, que teñen un arquifonema /L/ neste caso. Así, non se distinguen parellas como: arma:alma, abril:abrir, falta:farta, etc.

- o xalmego presenta casos de -mbr- fronte ao xeral -m-: fembra, alumbrar, lumbral, fambrento, costumbre, mais home, fome, enxame, lume, etc.

- o xalmego difire en canto ao resultado de -SCe,i-, poix dá /q/ onde o resto dos falares presentan <x>: face, pece, azadha.

- o eonaviego e mais o ancarés adoitan presentar <zc> onde o resto do galego tén <sc>: mozquia, ozca, mázcara, ezquerda, pelizcar, etc.


APROXIMACIÓN AO GALEGO EXTERIOR: LIMIAR

1. ÁREAS XEOGRÁFICAS DO ESTUDIO

2. TRAZAS FONOLÓXICAS SENLLEIRAS DO GALEGO EXTERIOR

4. NOTAS DE MORFOLOXÍA

5. NOTAS DE SINTAXE

6. CONCLUSIÓNS

APÉNDICE



NOTAS

11. Recórdese que dentro do galego interior, a zona da Baixa Limia, ao sur de Ourense, tamén conserva ditas sibilante sonoras.

12. Este fenómeno tén paralelo no portugués veciño trasmontano e en mirandés.
 

Vieiros | Letras 99: Pola lingua que nos une