APROXIMACIÓN AO GALEGO EXTERIOR

Xavier Frías Conde




Estas páxinas están baseadas nos meus traballos O galego exterior ás fronteiras administrativas, tese de doutoramento, Universidade Complutense de Madrid, 1995 e "Sobre os bloques dialectais do galego: unha nova proposta", in Revista de Filología Románica. pp. 241-256. Nº 14. Tomo I Madrid, 1997.



0. LIMIAR

Coñécese co nome de galego exterior ao galego falado nas rexións veciñas a Galiza, fóra das súas fronteiras administrativas e que abrangue os territorios da Terra Eo-Navia (Asturias), o Baixo Bierzo (León), As Portelas (Zamora) e A Serra de Xalma (Cáceres). Todos estes falares forman un grupo abondo heteroxéneo, que nos leva a mudar a tradicional clasificación en tres bloques do idioma galego por outra de cinco, xa que tanto o galego de Asturias, xunto co dos Ancares, e o de Estremadura (xunto co falar de Calabor en Zamora) permítennos falar de cinco bloques, aumentando en dous o número tradicional. Cómpre separar do bloque oriental os falares galegos asturianos (agás os da zona da Veiga Sur, Taramundi e San Tirso de Abres), o falar do concello lucense de Negueira de Muniz e mais a fala dos Ancares para formar o bloque raiano. Doutra banda, os falares galegos estremeños, xunto co falar de Calabor, forman un grupo diferente que chamamos bloque meridional. O resto dos falares poden perfectamente ficar dentro do chamado galego oriental. Máis abaixo voltaremos sobre iso.

Para a transcrición dentro do alfabeto ordinario galego das falas estremeñas, cómpre sinalar:

  1. <ou>: representa /o/ en Xalma
  2. <-e, -o> finais soan sempre /-i/, /-u/ respectivamente.
  3. <sá>: /z/, tamén en Calabor
  4. <cá/zá>: /o/ siempre.
  5. <x>: /S/ en SM e Calabor, /s/ en As Ellas.
  6. <xá>: /3/ en Calabor, /z/ en As Ellas(AE), /s/ en San Martín (SM).
  7. <fh>: /h/ aspirado en todo o galego estremeño.
  8. <dh>: indica un /d/ caído na pronuncia (é dicir, non soa). Aplicámolo tamén a outros falares


En galego eonaviego ou de Asturias tamén convén sinalar certos usos:

  1. <lh>: é a pronuncia palatal <l> ou <y>, que no resto do galego adoita ser /l/
  2. Escríbese con <h> uha, alguha, ninguha
  3. <ê> soa /i/ na zona oriental e central, pero /e/ no resto; <ô> soa /u/ na zona oriental e central, pero /o/ no resto.


Mapa 1


1. ÁREAS XEOGRÁFICAS DO ESTUDIO

2. TRAZAS FONOLÓXICAS SENLLEIRAS DO GALEGO EXTERIOR

3. O SISTEMA CONSONÁNTICO

4. NOTAS DE MORFOLOXÍA

5. NOTAS DE SINTAXE

6. CONCLUSIÓNS

APÉNDICE

 

Vieiros | Letras 99: Pola lingua que nos une