A Lingua das Cantigas

A sintaxe nas cantigas de amor e de escarnio: as construccións coordinadasMarta Dacosta Alonso
INTRODUCCION:

    O obxecto deste estudio é analizar o rendemento e o significado da aplicación do mecanismo sintáctico da coordinación na lingua das cantigas, coa finalidade de contribuír ao estudio da sintaxe galega.
    Esta comunicación está realizada en base aos resultados obtidos no traballo de investigación que deu lugar a unha tese de licenciatura que baixo o título de A coordinación no galego medieval, foi defendida por esta autora en setembro de 1992 na Universidade de Santiago de Compostela. Nesta tese de licenciatura está a discusión teórica que necesariamente debe preceder un estudio destas características e que non reproduciremos aquí para non facer este traballo máis longo do necesario.
    O corpus(1) empregado para esta comunicación foi as Cantigas de Amor e Cantigas d'Escarnho e mal dizer, obras líricas, copias de obras orixinais galegas dos anos 1.200 a 1.350. O feito de elixirmos este corpus estivo orientado pola necesidade de coñecer o rendemento e o significado da utilización das estructuras coordinativas na lírica medieval.
    Neste estudio non se tiveron en conta os numerais dado que as estructuras sintácticas contidas neles non ofrecen variacións e polo tanto a información que poidan fornecer non parece en principio pertinente. Ademais, á hora de citar os exemplos atopados utilizaranse valores porcentuais que dan unha idea máis exacta do valor dos exemplos dentro do conxunto da obra á que pertencen.
    O traballo foi complexo pola dificultade inherente á sintaxe medieval, que moitas veces puxo serios atrancos á lectura de determinados parágrafos, algúns dos cales resultaron ser declaradamente escuros, véndonos, en ocasións, obrigados a prescindir do valor funcional dalgunha conxunción, pois daba lugar a estructuras dificilmente interpretables.

ESQUEMAS DO GALEGO MEDIEVAL:

    Neste traballo seguimos as formulacións teóricas de Simon Dik quen, no capítulo cuarto da súa obra Coordinations. Its implications for the theory of general lingüistics, establece os esquemas da coordinación (ou modelos de construcción) básicos e xerais para todas as linguas. Dos esquemas por el establecidos podemos indicar que son catro os que atopamos nas cantigas:

1 m1, m2, m3, ... mn,
(1) "- Maa sela tragedes, por que a non cosedes? Maa sela levades, por que a non atades?" CE, 257, refrán (2) "poys que vos já mal ey de conselhar, poys que hy mays cuydades acabar, ..." CA, 29, 9-10.


2 co1 m1, co2 m2, co3 m3, ... con mn,
(3) "E mantenente perd' o contenente verdadeiramente e vai-s' asconder, e faz-se doente: o nosso mal non sente e fuj' ante' a gente, pola non veer." CE, 270, 28-35 (4) "E por Deus, senhor, tomade mesura por gram bondade que vós el deu, e catade qual vida vivo coitada, e algum doo tomade de mi ..." CA, 127, 13-18


3 m1, co1 m2, co2 m3, ... con-1 mn
(4) "Se m' el-Rei dess' algo, já m' iria pera mia terra de boo grado; e, se [i] chegasse, compraria dona fremosa de gran mercado;" CE, 269, 1-4(5) "querede-vos de mim doer ou ar leixade m' ir morrer." CA, 128, refrán.


4 m1, m2, m3, ... co mn
"ca falsidade, mentira e maldade non lhis dá logar:" CE, 280, 18-20  


    Sendo os trazos que os definen:
    1. /+ presencia do relator/: establece diferencias, desde o punto de vista formal, entre construccións sindéticas e asindéticas, e o seu carácter positivo ou negativo determina a resposta da coordinación ante os outros trazos.
    2. /+ enfase/: trazo directamente relacionado coa presencia de relatores con corpo fonético e coa súa reiteración dentro da mesma estructura, así nos esquemas 2 e 3.
    3. /+ construcción totalizadora-excluínte/: actualizado por construccións coordinadas que presentan un relator con corpo fonético ante cada membro, serve para caracterizar o esquema 2 fronte ao esquema 3 co que comparte todos os outros trazos. Este trazo está vinculado aos valores semánticos actualizados e así actualiza un valor de construcción totalizadora na asociación, pois dá unidade a un conxunto máis amplo cá propia estructura, relacionándoa e uníndoa co anterior. Na individuación é o trazo que permite a actualización dos valores semánticos excluíntes, indicando que se exclúen todos os membros agás un.
    4. /+ indicación de termo/: actualízase cando unha construcción coordinada de máis de dous membros só conten un relator que ocupa sempre a posición anterior ao derradeiro membro, polo que vén actuando como marcador do remate da construcción coordinada.
    A resposta de cada un dos esquemas a estes trazos é a seguinte:
  1 2 3 4
/+ presencia do relator/ - + + +
/+ construcción totalizadora/ - + - -
/+ indicación do termo/ - - - +
/+ enfático/ - + + -

    Podendo definir cada esquema como segue:
    1.- E o esquema menos marcado e a única construcción asindética e polo tanto non é enfática, nin totalizadora-excluínte, nin indica o termo da construcción:
    2.- Esquema sindético, enfático, totalizador-excluínte que non indica o seu termo:
    3.- Esquema sindético e non totalizador-excluínte que comparte co esquema 2 os trazos de énfase e non indicación de termo:
    4.- En canto á súa definición este esquema está máis próximo do 1, non enfático, non totalizador-excluínte, diferénciase de aquel por ser unha construcción sindética que presenta un único relator con corpo fonético, que é o indicador do termo da coordinación:

    Os esquemas da coordinación nas Cantigas:
    As dúas obras que estudiamos teñen un comportamento moi similar en canto ao grao de utilización dos esquemas da coordinación, cunha ampla representación do esquema 3. Os esquemas máis empregados son os caracterizados co trazo /+ enfático/, como vemos no seguinte cadro:
 1234
CA2,12%9,01%88,8%0,07%
CE1,02%3,39%91,5%1,07%

    O esquema 1 e o esquema 4 son os menos empregados, sendo o esquema que carece de relator con corpo fonético o menos empregado dos dous, de tal xeito que nas CA só atopamos un exemplo:
(8) "Ora, senhor,. tenho muyt'aguysado de sofrer coita ... seer eu de vos, por vos servir quanto Ïposso, mui desamado. Deseg e coita e gran soidade conven senhor, de sofrer todavia, ... en gran ben vos terria de me darde-la morte ca de viver eu en coita tan forte ÷et en tal estraidade.Non fez Deus par a deseio tan grande nen a qual coita sofrey ... mal direi mha ventura:ca de viver eu en tan gran tristura ¡Deus, senhor, non-o mande! E queira El, senhor, que a mha vida, ... cedo sei'acabada, ..." CA, 1-26, 149

    En canto ao tipo de estructuras, bimembres, trimembres ou polimembres, que aparecen con maior frecuencia en cada esquema, comprobamos que en todos eles hai grande abundancia dos exemplos bimembres, excepción feita do esquema 4, que pola súa propia definición ten que constar necesariamente de tres membros, como mínimo. No esquema 1 resaltan os datos obtidos das CE xa que fronte aos outros esquemas, e fronte ás CA, hai un reparto case ao 50% entre bimembres, por un lado, e trimembres e polimembres, por outro.
(9) "jaz ora o astroso mui doente, mui nojoso,"CE, 95, 14-15 (10) "poys que vos já mal ey conselhar, poys per hy mays cuydades acabar," CA, 29, 9-10.

    No 4 as CA presentan un único exemplo polimembre, fronte ás CE onde só atopamos estructuras trimembres.
    (11) "Estas oras chega Joan de Froian,
    cavalo velho, caçurr' e alazan," CE, 57, 26-27

    E no esquema 3 onde se producen as maiores similitudes entre as dúas obras, como no esquema 2, as estructuras máis abundantes son as bimembres e as máis escasas as polimembres.
(12) "poi-lo ben faç' e ei [i] gran sabor." CE, 222, 28 (13) "Choran e cegan quand' alguen non veen," CA, 273, 5

VALORES SEMANTICOS ACTUALIZADOS EN CADA UN DOS ESQUEMAS DA COORDINACION:
    Hai que ter en conta, en primeiro lugar, cales son os valores semánticos que atribuímos á coordinación. Os trazos que os definen son os seguintes:
    1. /+ asociación/ que daría lugar á coordinación asociativa. A súa vez esta pode ser:
    1.1. /+ positiva/: indica unha simple asociación. Na asociación positiva o relator empregado é E aínda que tamén podemos atopar a forma latinizada ET, máis abundante nas CE. Neste caso podemos estar tamén, en ocasións, ante o seguinte trazo:
    1.1.1. /+ enfática/: pon de relevo a asociación mesma, e normalmente é actualizada polo relator ET MAIS, aparecendo só no esquema 3 en estructuras bimembres, nas CA.
    1.2. /- positiva/: indica unha asociación de carácter negativo, e está actualizada por NEN.
    2. /+ individuación/: individualiza un dos elementos da coordinación, de dous xeitos:
    2.1. /- excluínte/: a simple individuación, actulizada polo relator OU.
    2.2. /+ excluínte/: onde se exclúen todos os elementos da coordinación agás un. Este valor semántico só se actualiza no esquema 2, co que está directamente relacionado, pois para que se dea este valor semántico cómpre a presencia dun relator con corpo fonético ante cada membro da coordinación. Este valor actualízase de dous xeitos:
    2.2.1. excluínte propiamente dito, actualizado polo relator OU.
    2.2.2. /+ asincrónico/: exclusión producto da incompatibilidade temporal dos elementos da coordinación, non presenta unha preferencia clara por ningún tipo de relator. No noso corpus atopamos os seguintes relatores:
    - quando ... quando ...
    - quer ... quer ...
    - ben ... ben ...
    Sendo o relator complexo QUER ... QUER ... o único empregado nas CA.
    Nas obras obxecto do noso estudio os valores semánticos da coordinación teñen o valor porcentual seguinte, en cada esquema:
 1234      
 ETNENOUETNENOUETNENOUE
CA100%0%0%87,8%8,13%4,06%81,19%15,6%3,21%1
CE100%0%0%72,2%17,5%10,2%84,4%11,6%3,88%9

    Habitualmente adóitase considerar que no esquema 1 se actualiza o valor asociativo positivo, pois este é o valor menos marcado, e así é na maioría dos casos.
(14) "paz, cortesia, solaz, que avia fremoso poder," CE, 280, 46-48 (15) "per bon-prez e per bon-falar per bon-sen e per parecer." CA, 411, 10-11

    Algo semellante ocorre co 4, xa que neste caso a maioría dos exemplos soe ser asociativa positiva.
(16) "Cômian ... cabritos, cachaç' e ansarinhos," CE, 154, 11-12  

    A excepción de CE, en que atopamos un reducido número de exemplos, dous e un respectivamente, non por iso menos significativos, de asociacións negativas e individuadora.
(17) "non s' alevant' ergo su o bardon; non corre senon pelas mataduras; nen traz caal," CE, 144, 9-11 (18) "Netas de Conde, viúvas nen donzela, essa per ren no$na quero eu leixar," CE, 285, 9-10

    No esquema 2, nas CA o valor asociativo positivo ten unha grande importancia, superando o 87 % dos exemplos en todos os casos.
(19) "E quando o conde ao castelo chegou ... ... enton o cuitelo tirou; e disse-ll' un bispo:" CE, 78, 27-28 (20) "E, mia señor, quer' eu puñar se me posso salvar, se non; e diré-lhes a quantos son que mi-o non poderam provar;" CA, 415, 15-18.

    Hai que ter en conta que é neste esquema no único en que aparecen os valores excluíntes e asincrónicos da coordinación individuadora, sendo maioritarios os primeiros con respecto aos segundos.
(21) "ben sabes tu que é trobar ben quanto sab' o asno de leer." CE, 222, 6-7 (22) "Por Don Foan en sa casa comer quer ben, quer mal" CE, 406, 1-2(23) "quer me queyrades bem, quer mal, quer non pois eu de vós mal, nen bem non ouuer." CA, 24, 17-18.

    No 3 o valor asociativo positivo é tamén maioritario en todas as obras.
(24) "que non pode ome saber seu talan, e en mais de cen logares a veran deitar, mais pouco é sa ficada;" CE, 335, 9-11 (25) "Senhor, oj' ouvess' eu vagar Deus me dess' end' o poder, e vos eu podesse contar ..." CA, 135, 1-3 (26) "muito mal-ome, que non entendeu o que fazia, nê soube catar" CE, 337, 9-10(27) "por tam bem andante que por rei nem infante des ali endeante nom me cambharia." CA, 139, refrán. (28) "se no talho erro non prendedes ou en essa saia que vós traguedes;" CE, 373, 16-17 (29) "Por end'a min conven, querend'ou non," CA, 147, 22.

    Como vemos a presencia dun ou doutro valor semántico está relacionada co tipo de esquema, dándose, por regra xeral, unha grande presencia do valor asociativo positivo fronte aos outros valores. Destacan as CE pola presencia de valores non asociativos positivos nos esquemas 1 e 4.

CONCLUSIONS:

    Nas obras estudiadas destaca o grande emprego do esquema 3 e a escaseza de exemplos do esquema 4, soamente un nas CA, nunha cantiga que podería ser reinterpretada.
    Como se pode comprobar nos exemplos a pausa non sempre aparece marcada graficamente, e isto non ten repercusións na estructura coordinada, como non as ten o feito de que a pausa sexa máis ou menos longa.
    Hai predominio das estructuras bimembres en todos os esquemas e presencia de todos os valores semánticos da coordinación. Consideramos que non hai unha grande variedade de relatores para actualizar a individuación excluínte asincrónica, especialmente nas CA.
    Poderíamos dicir, a xeito de resumo, que a lírica galega medieval se destaca pola súa variedade na actualización de valores semánticos na coordinación e polo abundantísimo emprego do esquema 3.
    Como vemos o diferente carácter das obras estudiadas non inflúe no comportamento da coordinación, as CA, propiamente líricas, e as CE, máis próximas da prosa, en canto aos seus contidos, dan lugar á mesma descripción deste procedemento sintáctico.

NOTAS: (1) As Cantigas d'Escarnho e de mal dizer, así como os Miragres de Santiago, formaban parte do corpus da tese de licenciatura: A coordinación no galego medieval. Foi analizada a totalidade da obra, agás as Cantigas de Amor das que só foron estudiadas 159.
(2) As obras serán citadas coas seguintes abreviaturas: CA: Cantigas de Amor, CE: Cantigas de Escarnho. Os exemplos cítanse do seguinte xeito: Obra, (capítulo,) número de páx./cantiga, liñas/versos. Con respecto ás Cantigas nos casos en que o exemplo forma parte do refrán é computado unha única vez con independencia das veces que o refrán se repita.


Bibligrafía:
Corpus:
Cantigas de Amor, compendio realizado no Departamento de Filoloxía Románica, Facultade de Filoloxía, USC, mecanografiado.
Cantigas d'escarnho e de mal dizer, ed. e est. crít. de M. Rodrigues Lapa, Vigo, Galaxia, 1970.

Obras de interese. Barrenechea,"Problemas semánticos de la coordinación" Homenaje a Rosemblat en sus setenta años, Caracas, Instituto Pedagógico, 1974, p.p. 83-96.
Cardona-Castro de Gibert, A., "Estudio gramatical sobre el nexo cero", Yelmo, nº 6, 7 e 8, xuño-novembro 1972, p.p. 13-15, 19-23, 13-23 (respectivamente).
Dacosta Alonso, M., A coordinación no galego medieval, Tese de licenciatura, Univ. de Santiago, 1992.
Dik, S, Coordination. Its Implications for the theory of General Linguistics, Amsterdam, North-Holland, 1968.
Franchini, E., Las condiciones gramaticales de la coordinación copulativa en español, Bern, Románica Helvética, vol. 102, Francke Verlag, 1986.
Fukasawa, M., "La coordinación disyuntiva en español: aspecto sincrónico", Rilce, t. I, nº 1-2, 1985.
Henry,A., "Transformation de la subordination en coordination?", Cahiers Ferdinand de Saussure, nº 23, 1966.
Jiménez Juliá, T., "La llamada coordinación negativa en español", Verba 11, 1984, p.p. 213- 243.
-----------------, "Disyunción exclusiva e inclusiva en español", Verba 13, 1986, p.p. 163-179.
-----------------, "La construcción coordinativa en español", Verba 14, 1987, p.p. 271-345.
-----------------, "Enzo Franchini, Las condiciones gramaticales de la coordinación copulativa en español, ...", Verba 15, 1988, p.p. 453-457
-----------------, La coordinación, mecanografiado.
López Gato, Rosa María, "A negación total ou conexional en galego medieval", Homenaxe ó profesor Constantino García, Tomo I, Santiago de Compostela, Departamento de Filoloxía Galega-Universidaede de Santiago de Compostela, 1991
Meillet, "Le renouvellement des conjonstions", Linguistique historique et linguistique générale, París, Champion, 1926.
Pike, Evelyn G., Coordination and Its Implications for Roots and Stems of Sentence and Clause, Lisse/Netherlands, The Peter De Ridder Press, 1974.
Pottier,B., Systematique des éléments de relation, étude de morphosyntaxe structurale romance, París, Librarie Klincksieck, 1962.
Rojo, G., "Sobre la coordinación de adjetivos en la frase nominal y cuestiones conexas", Verba 2, 1975.
Ros Garcia, "Sobre la coordinación en español", Homenaje al Profesor Muñoz Cortés, t. II, Murcia, Universidade de Murcia, 1976-77, p.p. 647-657.
Sandmann, M., "Problemas de Parataxis", Actas del XI Congreso Internacional de Lingüística y Filología Románica, Madrid, t. III, CSIC, 1968.
-------------, ""Et" de fermeture et "et" de continuation en français moderne", Experiences et critiques. Essais de linguistique générale, París, ed. Klincksieck, 1973.
Serra Alegre, E.N., La coordinación copulativa y: condiciones de coordinabilidad, Universitat de Valencia, Anejo Millars Filología, Col•legi Universitari de Castelló, 1987.
------------------ e Briz Gómez, E.A., "Artículo y coordinación: dos manifestaciones superficiales de la coherencia textual", Millars VIII, 1985, p.p. 149-160.
Stempel, "Para o estudo da conjunçâo "E" na prosa narrativa do português medieval", Boletim de Filologia XVIII, 1959.
Tato, "Sobre la coordinación", in Sánchez de Zavala, (ed.), Estudios de Gramática Generativa, Barcelona, Labor, 1976.
Wartburg, W. von, Evolution et Structure de la Langue Françáise, Berne, ed. A. Franke S. A., 1946 (6ª ed.).
Zeiter Zeiter, B., "La yuxtaposición", Boletín de Filología de la Universidad de Chile XIX, 1967.


Volver