Volver a Vieiros

Gráfico

Enviado por ilmondo o día 22.02.2008

Así déixasme marca nos pulsos. Sei que tes máis forza. Non me doe. En canto hei ver como fas para que non te lamba. E para non pensar que tampouco quero desodorante. Mira pra min. Tanto ten a medida das falanxes. Cóllenche na boca. Faime falta saber o que pesas. A proba de como se estende por min con menos osíxeno dentro. Tes que estar detrás e traer aprendido que os cóbados son pra morder. Todo por que me deixes ir do foco. Esa traza de saberes cando é o golpe de me dar a volta.


2,44/5 (16 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.