E S P E C I A L  S A R A I B A S 
Portada CantarelinaTento recuar no tempo ata os doce anos, mais as imaxes de Cantareliña abálanseme nos ollos, son reflexos brillantes que mal podo reter... Lembro os pés do Luis, petando con enerxía sobre aquela tarima enorme; lembro as fazulas encarnadas da Paula e a súa cabeciña movéndose perto de mim; lembro o abundante cabelo crecho do Xurxo, enterrado no mastro dunha guitarra galega; lembro as mans da Ánxela fronte a nós, cosendo no ar as notas da Buxaina, como un colar de castañas... E o escenario xigante comezaba a desfacerse a medida que nós cantabamos, os sorrisos do público deixaban de darme medo e xa non había diferencia entre a miña voz e as outras... Podo reproducir aquilo que vin e tentar describir as emocións do día, mais o difícil é facer agora un balance consciente do que aquela experiencia supuxo para min.

Portada CantareliñaCantareliña alentou a paixón que tiña pola música e, sobre todo, contribuíu a reforzar outro sentimento importante: o vínculo de unión coa lingua e a cultura do meu país. Por iso e polos momentos de ilusión que me fixo vivir, agradezo a Saraibas a iniciativa que tiveron e espero, de corazón, que se animen a levala novamente á práctica.

Carme Fernández García

Volver ó Especial Saraibas