
Contos xa publicados:
A estas alturas
[22/12/2000]
Frenadol Cómplex Granulado
[15/12/2000]
A inqueda noiva do ilusionista
[07/12/2000]
A tremebunda morte da estanqueira estancada
[01/12/2000]
Unha vida Pulp Fiction
[23/11/2000]
Atopámonos diante da armería
[17/11/2000]
A cociñeira que soamente cociñaba ovos cocidos
[10/11/2000]
Futuro raro
[03/11/2000]
Unha pizza de moras
[27/10/2000]
Texas Tornado
[19/10/2000]
|
 |

 |
 |
 |
 |
Jaureguizar
Jaureguizar -a secas, así o quere el- veu a luz en Bilbao, aló polo 1965. Non sabemos por que razóns ou traumas da infancia... a este home gústalle o hiphop, os
manga xaponeses, os cómics... e a Internet.
Semella (a simple vista) que o seu é
comunicar, sexa cal sexa o soporte ou o formato. É xornalista (traballa en El Progreso),
guionista, novelista e dramaturgo, ademais de cantante no grupo "Elviscristo Furious Machine". Todo isto nunha mesma persoa.
A súa máis coñecida faceta é a de
escritor, ás veces mesmo abandeirando o movemento Bravú. Velaquí os seus froitos
literarios:
Fridom
spik (colección "Ferros", Xerais,1995), contos.
Todo a
cen
(Sotelo Blanco, 1996), novela xuvenil.
Comendo espaguetis
diante da televisión (colección "Negra", Xerais, 1998) novela
negra
A rutina
corsaria (colección "Fóra de Xogo", Xerais, 1998), novela de
aventuras.
Salitre. (Xerais, 2000), novela xuvenil.
A súa última obra é virtual: Infimos.net. Trátase dunha
web que publica narracións de menos de cinco liñas. Ou o que é o mesmo, contos
ínfimos. Nela Jaureguizar verque "Touciño de Ceo", o primeiro volume destas
labazadas narrativas. Aberto ao público.
|
 |
 |
 |
 |
|
 |