Volver a vieiros

Onde sempre é Bosque

Para un verán de argazos, barcas novas mandamos labrar. Vieiros está a xuntar as marcas dun compás con sede de auga. Os amigos de salitre e sol e chuva escribirán para nós nas sextas feiras en marea de doce semanas, con remate no setembro do Día Mundial do Mar e das lagarteiras. Das Illas Cotovías, que as hai, meu Sinbad, coma cascas de laranxa, ao Mar Maior. Do Mar dos Espellos á Marola, por mares nunca de antes navegados. Irmos con Benito Soto nos galeóns de Rande, recalar un instantiño no peirao da néboa. Por tamén navegar.

Primeiro Mar

Agustín Fernández Paz

En 1955 o panorama musical de Vilalba estaba representado por dúas orquestras: a Mato e a Nueva Lira. Elas eran as encargadas de amenizar, como poñían os carteis que as anunciaban, as festas patronais das parroquias e vilas da Terra Cha, de boa parte da provincia de Lugo e, esporadicamente, dalgunha... [segue]

Cara ao facho de Donón

Xosé Vázquez Pintor

Gaiteiro Nubeiro fixera a travesía de Ons ata Bueu coma quen vai levado de amores na véspera da noite máxica de san xohán, auga do cacho e cacharelas; a flor do tromentelo, o chuchamel, a herba luisa, o botón de ouro... Aquela luz de estrelas sobre o mar que leva a sona e o proveito de ser en todo... [segue]

I’m free

Francisco Fernández Naval

Largaba de banda e con ritmo, nasa tras nasa, sentindo como unha tiraba da seguinte, procurando centrar a cadencia, sabendo que, de non soltar ben, o aparello imporía a súa forza. Seis brazas de cabo entre unha e outra, doce quilos por peza e así ata duascentas. Con ritmo e con xeito. Xuntas se o... [segue]

Mar Pequeno e Mar Grande

Xabier Paz

Tanto daba que fose na vila ou na aldea, no verán sempre había mar. Claro que era mellor na aldea porque había dous mares e dúas praias con menos xente e con máis aventura. [segue]

Guindastres

Rexina Vega

A cidade nova, que medraba con desorde e voracidade, derramouse logo neste vasto polígono a carón do estaleiro, a onde cheguei acubillada aínda no colo da miña nai. [segue]

Carnota

Pilar Beiro

Logo do esganamento simbólico pódeste mergullar canda o nordés na auga verde e xélida. [segue]

Terranova musical

Xurxo Souto

A carón de Terranova, Saint Pierre et Miquelon, esa illa pequecha de dominio francés, onde recalaban no tempo do bacallau as catro tribos mariñeiras: galegos, portugueses, vascos e vascos de Muros. [segue]

Eu son home de mar

Xosé Neira Vilas

...porque se ten que ser así, que sexa e acabouse. Se teño que vivir de vello nunha aldea do interior, moi bonita de montes e agros, moi florecida na primavera, non o nego, nin nego os paxariños, nin as bolboretas, e máis ben digo que este lugar onde vive miña irmá é un paraíso. Todo é certo, pero o... [segue]

Saudade da ría

Marta Dacosta

Alí estaba. Detrás da porta de dobre cristal que me separaba da vertixe á altura e do cheiro do mar. [segue]

Este mar

Luisa Castro

  Un parolar incesante que te chama, que te xongue a el. Que quererá dicir? [segue]

Á quedada do mal tempo

Alexandre Nerium

- E se é un morto, patrón, o que entre as augas xorde?, profería o xenro do Ghoriño, coa voz entrecortada e treméndolle os dentes. - Non penses mal, Xaquín, ó mellor é unha paca que nos pode zafar este cru inverno. [segue]

Oes, fálame do mar, ho

Suso de Toro

Non hai nada que ver, o mar non se deixa ver. Nunca ves como é, nada máis está aí. E non lle importa se ti vas a el ou non, se ti pasas por el ou non. Eu andei por todos os mares... [segue]

Xunta de Galicia. Consellería de pesca e asuntos marítimos.

Localización dos relatos


Cal é o teu mar?

Onde vas mollar as canelas no verán, onde escapas para ver o sol deitarse no horizonte, o lugar onde os ollos che bateron por vez primeira co océano. Achéganos o relato do teu mar!
mándanos o teu