Vieiros Especiais de Galicia, Europa, Mundo

CONTACTA CON VIEIROS
NOVAS
HOXE AO COMPLETO
OPINIÓN
NO ESCÁNER
GALERÍAS FOTOGRÁFICAS
ALGO ESPECIAL
ANTERIORES
COMUNIDADE
AXENDA
CHAT-CHAT-CHAT  
FOROS
ENQUISAS
POSTAIS
TENDA
LIGAZÓNS
BUSCADOR
NOVIDADES
TOP100
DOSSIERS
PUBLICIDADE
QUE É VIEIROS

 

Informativos
Galicia, Europa, Mundo

O desastre das Pías
Xaneiro de 1998. A plataforma Discover Enterprise destrozaba a ponte das Pías. Velaquí unha reportaxe gráfica de Kiko Delgado. Para cubrir o tema e informar puntualmente xurde Vieiros Ferrol.
Día da Patria
Suplemento conmemorativo do 25 de xullo. Editado en 1996, con referencias ao contido histórico da celebración, incluindo varias proclamas e discursos entre os anos 1920 e 1948.
A Leiteira
Vieiros lanzaba en maio de 1998 unha web dedicada integramente a defender e dar a coñecer o castigado sector leiteiro galego.
Hai que cambiar o mundo
Reivindicando a paz, pero non só. Tamén unha estratexia distinta, un cambio nas relacións económicas e políticas entre o Norte e o Sur, unha política internacional distinta, liderada pola ONU -ou non: hai que cambiar o mundo. Especial creado logo do 11-S.
Hai que cambiar o mundo 2.0
Un especial informativo sobre dous foros mundiais opostos: o Foro Económico Mundial en Nova York e o Social Mundial en Porto Alegre. Capitalistas contra antiglobalizadores. Son as dúas caras da mesma moeda, do mesmo sistema económico e social. Do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2002.
Hai que cambiar o mundo 3.0
A ameaza dunha nova guerra contra Iraq centrou este especial adicado a George Bush e as súas ansias de venganza (e de petróleo) contra Saddam Hussein.
A negra sombra do Prestige
Unha nova catástrofe ecolóxica que asola Galicia dez anos despois do Mar Exeo. A marea negra máis grande da historia e as súas consecuencias. Foi en novembro de 2002...
Hai que cambiar o mundo 4.0
Máis de cen mil persoas de 126 países debaten entre o 23 e o 28 de xaneiro do 2003 un espacio de debate e propostas de transformación. O lema do Fórum Social Mundial segue vixente desde a primeira edición: "outro mundo é posible", desta volta co reforzo do novo ‘goberno Lula’ no país anfitrión.
Madrid, 23F
Convocada pola Plataforma Nunca Máis o 23 de febreiro do 2003, esta manifestación quedará para a historia como a maior reivindicación por Galicia nas rúas da capital. En Vieiros contámoslles como ir, o percorrido da marcha, que facer en Madrid e ofrecémoslles os manifestos lidos como peche dos actos.
A conquista de Iraq
Unha pregunta por cada morto, pola memoria deturpada, pola razón eivada. Seguemento completo do conflicto: a operación militar, o enfrontamento político, a crise humanitaria, as mobilizacións contra a guerra, repercusións económicas, información e contrainformación. Tamén un completo guieiro sobre o escenario, abano de ligazóns e chat-entrevista con, entre outros, Ramón Chao e Armand Mattélart. Ademais, lanzamos poemas na rede para calar o estourido das bombas.
A Europa que queremos
"Falta información e sobra propaganda". O descoñecemento sobre as claves do debate arredor do futuro da Unión Europea eran evidentes fronte á convocatoria do referendo sobre a Constitución Europea. Vieiros abriu un espazo que abrangue unha cronoloxía coas datas clave no proceso recente de construcción europea, as razóns básicas coas que argumentan os defensores do "si" e os do "non", os principais condicionantes en cada un dos estados membros, a opinión dos internautas e a de persoeiros varios da sociedade galega e un guieiro de ligazóns onde ampliar.



PUBLICIDADE
Concerto SONS

PUBLICIDADE

Ciclo: Os encontros do Club


Concurso de Viñetas. Dia Internacional da Muller

PUBLICIDADE
Xornal electrónico en Pontevedra

PUBLICIDADE
Novidades Xerais

Vieiros da escola
Vieiros da escola 15

Nova entrega de Vieiros da Escola: noticias e recursos educativos sobre o "Comercio xusto".


© Vieiros