OS INTERNAUTAS ENTREVISTAN A ANTÓN REIXA

"O cine pode axudar a sobrelevar a ausencia das vacas"

Dossier: O audiovisual agora

Velaquí tedes unha entrevista que os internautas lle fixeron a Antón Reixa, a través do chat de Vieiros. Nesta ciberconversa (que aquí podedes consultar de forma íntegra) este polifacético artista falou da súa última dedicación: o mundo do audiovisual e o cinema en particular. A piques de estrearse o seu primeiro filme como realizador, 'O lapis do carpinteiro', Reixa contounos do seu labor á fronte da productora Portozás Visión.

Anton Reixa


"Fixen 'O Lapis' por mandato divino do meu irmán Manuel Rivas"

















"O mellor do que pasa no audiovisual son os profesionais, os técnicos, os actores, o talento... pero falta armar unha industria máis audaz"

















"Se todas as cousas do país fosen como co cine isto sería unha especie de socialdemocracia..."

















"Eu non son músico, son un poeta que traballou con músicos
"
<Siso> ¿Como está o Comandante Reixa?
<reixa> Sen galóns, jodido pero contento, máis ben contento.

<vieiros> Antón, fálanos do teu último proxecto, 'O lapis do carpinteiro'. ¿Cando se vai estrear?
<reixa> O filme xa está totalmente rematado e estrearase nos primeiros meses do 2003 e ímolo presentar nalgún festival no estranxeiro.

<vieiros> ¿Está producida por Portozás en solitario ou aliástesvos con algunha outra productora?
<reixa> O capital principal é Portozás e Sogecine, a mesma compañía que produce a Amenábar.

<Boira> Agora que todo o mundo leu 'O lapis', que se fixo unha obra de teatro que encheu teatros (flipante)... ¿é máis doado ou máis difícil facer unha película? ¿non tes medo a frustrar o imaxinario que xa se creou a xente?
<reixa> É máis comprometido pero eu fixena por mandato divino do meu irmán Manuel Rivas.

<ilha> ¿Despois do cine que vas facer? ¿Quédache algún eido sen sachar? ¿Vaste dedicar a isto toda a vida?
<reixa> Espero que gran parte porque tamén produzo películas e proxectos doutros. Creo que ó mellor encontrei o meu oficio.

<azimut> ¿Cres que no cinema galego poden entrar guións independentes, á procura dun productor?
<reixa> Si, eu dedícome a iso, mándame algún...

<panzinho> Antón, con toda esta experiencia, ¿para cando outro Sitio Distinto coma aquel, con Carlos Blanco? ¿Velo posible?
<reixa> A televisión deunos a Carlos e a min outros vieiros, pero agora... ¿cómo poderiamos competir con Gran Hermano?

<Melmac> ¿Como queres pasar á historia de Galicia: por cineasta, músico, performante, poeta, artista de varietés...?
<reixa> De canto.

<ilha> Seica non abondan as historias orixinais e que por iso as productoras teñen que mercar dereitos de novelas... ¿ti que cres? ¿Hai ou non hai talento en Galicia?
<reixa> As novelas malas tamén traen malas historias, pero hai talento de abondo.

<Boira> ¿Cres que a Xunta e o resto da Administración apoia o audiovisual como ten que ser?
<reixa> Se todas as cousas do país fosen como co cine isto sería unha especie de socialdemocracia... De todas formas o impulso máis importante do Lapis foi o investimento privado galego... máis de cen millóns de pesetas de antes.

<ilha> ¿Quen máis forma o capital de Portozas Visión?
<reixa> Xosé Morais, Beatriz del Monte, Cani Martínez, Caixanova, David Martínez... e unhas quince persoas que traballan de forma constante.. .e outras dúas mil ás que lles demos traballo nos últimos tres anos.

<ilha> ¿En que outros proxectos andades metidos? ¿Outro filme? ¿TV-movies?
<reixa> Imos estrear unha 'tv-movie' que se chama "Secuestrados en Georgia", vimos de facer unha curtametraxe con Tristán Ulloa e estamos rodando un documental sobre o secuestro do Santa María con Margarita Ledo, etc.

<billarda> ¿Hai máis coproduccións internacionais preparadas en Portozas-visión á parte da realizada co alemán Hannes Stohr?
<reixa> Estamops preparando a de Hannes, outra en Uruguai sobre a operación condor e dúas con directores ingleses.

<Melmac> Ponte que vaias a Hollywood recoller o Oscar... ¿que artista quererías que cho dese e que gritase "Antooooon"?
<reixa> Harvey Keitel.

<billarda> Spike Lee dirixiu a biografía de Malcom X, ¿cal che gustaría facer a ti?
<reixa> A dos traballadores galegos que acamparon en Madrid con Sintel.

<[Negu]> Perdoa que cambie radicalmente de tema, pero... ¿vas volver a facer música? quedoume mono de escoitarte dende o ultimo disco de Nacion Reixa...
<reixa> Non volverei á música, unicamente intentarei facer poemas en CD como en 'Escarnio'.

<ramomgris> Recoñecéndome fanático do Antón, ¿para cando unha segunda versión do Escarnio?
<reixa> Gracias, estou preparando máis poemas pero non sei cando os publicarei... van estrear textos meus en francés en Xenebra.

<ToKuGaVU^> ¿Que foi dos Resentidos? ¿Para cando o disco de platino?
<reixa> De platino vannos poñer o cerebro.

<pesega> ¿Por que non voltas ó ensino?
<reixa> Voltaría sen problemas ó ensino, nunca tiven un traballo tan ameno.

<ToKuGaVU^> Inventaches o rock en galego, en certo modo o cine en galego, a tele en galego... para cando unha revista do corazón en galego? Estás casado?
<reixa> Viva o amor libre.

<azimut> ¿Por que traballar cos poemas e non coa música, que ten chegado a moita máis xente?
<reixa> Eu non son músico, son poeta que traballou con músicos.

<ToKuGaVU^> ¿Que posicionamento tes ante o tema da creación da selección galega de futbol? ¿Dianteiro, centrocampista...?
<reixa> Non me interesa do fútbol máis cá paixón e diso forma parte a selección, galega, por suposto.

<Boira> ¿Cres que Vigo segue sendo a ola de onde poden saír os máis incribles experimentos ou é unha cidade en decadencia?
<reixa> Creo que si, aínda que está un pouco soso, mañá inaugúrase unha exposición en Vigo sobre Atlántica, que é unha especie de revival sobre o que faciamos nos oitenta.

<azimut> ¿Cómo ves a situación actual das editoriais galegas?
<reixa> En situación "bromuro", non deberían pensar tanto nos libros para o ensino, senón en que se lese a pesar do ensino.

<vieiros> ¿Ti que pensas da situación actual do audiovisual e da atención mediática que está a suscitar?
<reixa> O mellor do que pasa agora son os profesionais, os técnicos, os actores, o talento, falta armar unha industria máis audaz. Pero iso non quere dicir que nos vaia solucionar o tema das vacas. Elas, ademais de sagradas, son insustituibles... O cine pode axudar a sobrelevar a súa ausencia, iso si.

<vieiros> ¿O Lapis vaise ver fóra do Estado español? ¿Como plantexastes a distribución?
<reixa> Traballamos cunha distribuidora española que intenta distribuír en todo o mundo, pero iso dependerá do éxito inicial en Galiza e España.

<azimut> ¿Non debería ser preferente o mundo lusofalante, ademais do español?
<reixa> Para ben ou para mal, non o é, creo que para mal... A novela non tivo éxito só en Portugal, agora gracias á novela comezan a ter interese en Brasil porque se caba de publicar alí. Nós estamos a traballar máis con Portugal, no caso do filme 'Lena' xa coproducimos con eles.

<azimut> ¿E Brasil como audiencia e pola súa proxección internacional?
<reixa> E por Lula, digo eu, viva Lula.



Dossier: O audiovisual agora | Vieiros