Eleccions municipais 99

O teu concello
Candidaturas
Intencion de voto
Linha directa
Noticias anteriores

Especial Eleccions
Juan Fernández, candidato do PP por Ferrol
J. Fernandez
Juan Fernández, candidato á Alcaldía de Ferrol por IF.

Liña directa co candidato, faille as túas preguntas, críticas ou suxestións.
  • Nado en Cobas (Ferrol) en 1940, pai de 7 fillos, é enxeñeiro naval e marino na reserva
  • Na súa vida militar ocupou destinos de oficial no "Canarias" e "Neptuno", sendo xefe de máquinas do "Odiel", "Meteoro", "Osado" e "Audaz" e xefe de orzamentos e proxectos do Arsenal Militar de Ferrol.
  • Como enxeñeiro naval traballou na E.N. Bazán (factoría de Ferrol, 1970-83) acadando o cargo de Director de Proxectos do estaleiro.
  • Foi director de ASTAFERSA (1986-90). Fundador de ASEGA (Asociación de Estaleiros Galegos) en su etapa política.
  • En canto á súa relación co deporte, foi preseleccionado xuvenil en Baloncesto (1958), récord junior galego de 1.500 m. (1959-60) e récord de Marina de Triple Salto. Formou parte da selección galega de atletismo (1960) nos campionatos de España en Oviedo. Presidente do Club Baloncesto O.A.R. (1960-1994), vocal da Federación Española de Baloncesto, fundador e Presidente da A.C.B. (Asociación de Clubes de Baloncesto) e organizador dunha Fase do Campionato do Mundo de Baloncesto (1986).
  • Non ingresa na actividade política ata 1989, cando é elixido parlamentario e nomeado conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, cargo que ocupa tamén na seguinte lexislatura deica abril de 1994.
  • En 1995, funda INDEPENDIENTES POR FERROL, a penas 4 meses antes das eleccións municipais, nas cales esta formación obtén 5 concelleiros, converténdose en "chave" dunha posible maioría.
  • Foi o responsable municipal de Facenda e de Turismo e Promoción Industrial durante os pouco máis de 2 anos de colaboración no goberno da cidade.

    Candidatura de IF por Ferrol
    Programa de IF




O teu Concello | Intención de voto | Liña directa | Noticias anteriores | Especial Eleccións99 | Vieiros