Galicia Hoxe

Xerais 2000

Noticias
Eleccions nun clic
Candidaturas
Eleccions anteriores
Intencion de voto
Cuestions xerais   A opinión de 10 galegos  

  Mela Casal
  
Actriz. Alcaldesa de Portozás


"O que sobran neste país son ministerios".


O primeiro que farías se foses presidenta do goberno.
O primeiro, dialogar con todos para buscarlle amaño a este país.

Nestas eleccións non hai mulleres nos primeiros postos. ¿Estarías por obrigar a que o 50% dos candidatos fosen mulleres, como se fixo en Francia?
Por obriga non habería de ser. Hai mulleres capacitadas abondas como para facer polo menos a metade dos candidatos. Claro que, se as cousas non van polas boas haberá que obrigar a facelo.

¿A que muller che gustaría ver de presidenta do goberno?
A min o que me gustaría sería unha muller dialogante. Paréceme que Cristina Almeida era axeitada, pero ultimamente desapareceu, non sei se porque quixo desaparecer ou porque dicía verdades.

O noso comezo democrático está marcado pola frase "Anque chova, vota". ¿Que medida tomarías ti para frear a abstención (ou para potenciala)?
Había que implantar unha campaña menos violenta, unha campaña na que se buscasen cousas en conxunto e que se acurtasen as diferencias entre os uns e os outros.

O ministerio que faría falta crear.
O que sobran son ministerios. Ben chegan os que hai. O que hai que facer é traballar neles.

¿Tiras para a dereita, para o centro ou para a esquerda?
Case máis pola esquerda.



Eleccións nun clic | Candidaturas | Eleccións anteriores | Enquisas | Especial Xerais 2000 | Vieiros