|
 |
Candidatos do PP ao congreso


José Manuel Romay Beccaría, candidato do PP pola Coruña. |
 |
José Manuel Romay Beccaría, candidato do PP pola Coruña
- 66 anos, casado, 5 fillos
- Letrado do Consello de Estado
- Ministro de Sanidade e Consumo
- Nado en Betanzos en 1934, José Manuel Romay Beccaría estudiou a carreira de Dereito en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1956. Despois de impartir clases de Dereito Administrativo nesta facultade, ingresou por oposición no Corpo de Letrados do Consello de Estado.
- Antes da chegada da democracia, ostentou, entre outros, os cargos de secretario xeral de Sanidade, director do Instituto de Estudios de Administración Local e subsecretario do Ministerio da Presidencia. En 1976, co primeiro goberno da monarquía foi subsecretario de Gobernación.
- Romay Beccaría foi un dos primeiros afiliados de Alianza Popular, partido no que pasaría por case todos os cargos.
- En 1982, foi nomeado vicepresidente da Xunta. Nas eleccións xerais de 1982, 1986 e 1989, foi elixido deputado nacional pola provincia de A Coruña e, no ano 1985, presidente provincial de AP.
- Sen embargo, en 1989 Romay Beccaría renuncia á súa acta de deputado para presentarse ao Parlamento de Galicia.
- En 1990, co primeiro goberno de Manuel Fraga, é nomeado Conselleiro de Agricultura, Gandeiría e Montes, cargo que ocupa ata 1993, cando é designado conselleiro de Sanidade. Estará ó mando da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ata o ano 1996. Cando o Partido Popular chega ó goberno en 1996, José María Aznar o nomea ministro de Sanidade e Consumo.
|


Julio Padilla Carballada, candidato do PP por Lugo. |
 |
Julio Padilla Carballada, candidato do PP por Lugo
- 50 anos
- Licenciado en Dereito
- Deputado nas Cortes dende 1993
- Ademáis da súa actividade política, Julio Padilla Carballada é avogado en exercicio e pertence, entre outros, aos Ilustres Colexios de Lugo e de Madrid. Por outra banda, Padilla pertence ao Corpo Xurídico Militar, no que ingresou por oposición en 1973. Na actualidade, é Coronel Auditor en excedencia voluntaria.
- A traxectoria profesional de Padilla estivo tamén vencellada á docencia, sendo profesor axudante de Dereito Administrativo na Facultade de Dereito da Universidade de Barcelona. Foi tamén vocal do Consello do Poder Xudicial.
- Foi deputado estatal nas dúas últimas lexislaturas (1993-96 e 1996-2000). Nesta última, foi nomeado presidente da Comisión de Xustiza e Interior.
- No seo do Partido Popular, é membro dos comités executivos do PP de Lugo e de Galicia e presidente do Comité de Dereitos e Garantías deste último.
|


Celso Delgado Arce, candidato do PP por Ourense. |
 |
Celso Delgado Arce, candidato do PP por Ourense
- 41 anos, casado, 2 fillos
- Licenciado en Dereito
- Vicepresidente 1º do Parlamento de Galicia
- Licenciouse en Dereito na Facultade de Santiago de Compostela e completou estes estudios na Escuela Europea de Negocios, onde cursou un MBA en Distribución Comercial. Dende 1983, exerceu a profesión de avogado na súa cidade natal, onde tamén sería secretario adxunto da Cámara Oficial de Comercio e Industria e secretario da Fundación de Ferias e Exposicións.
- Nas eleccións autonómicas de 1997, encabezou a lista do Partido Popular pola provincia de Ourense, sendo elixido deputado ao Parlamento de Galicia. Neste organismo, ostenta dende entón o cargo de vicepresidente primeiro da Mesa do Parlamento, dedicándose de xeito exclusivo a esta función.
- No pasado X Congreso do PPdeG, foi autor da ponencia "Organizacións e Estatutos" e resultou elixido coordenador de Formación e membro do Comité de Dirección e do Comité Executivo do PPdeG.
|


Mariano Rajoy Brey, candidato do PP por Pontevedra. |
 |
Mariano Rajoy Brey, candidato do PP por Pontevedra
- 44 anos, casado
- Licenciado en Dereito
- Rexistrador da propiedade
- A andaina política de Mariano Rajoy comezou no seo de Alianza Popular, partido no que desempeñaría as funcións de Vicepresidente da Xunta Rexional, Presidente Provincial e Presidente da Xunta Local de Pontevedra.
- En 1981, foi elixido deputado do Parlamento autonómico. A súa traxectoria continúa na Xunta de Galicia, institución na que ostentaría os cargos de Director Xeral de Relacións Institucionais e, máis tarde, de Vicepresidente.
- No eido político provincial, Mariano Rajoy foi concelleiro en Pontevedra, deputado provincial e Presidente da Deputación de Pontevedra.
- O seu salto ao Congreso produciuse nas eleccións de 1986, cando foi elexido deputado estatal, un posto que revalidaría nas dúas eleccións seguintes, as de 1989 e as de 1993. En 1987, e durante a celebración do VII Congreso Nacional Extraordinario de AP, Rajoy resultou elixido membro da Comisión Permanente do partido.
- Dende xaneiro de 1989, data na que se celebrou o IX Congreso do PP, é membro do Comité Executivo Nacional do partido. Actualmente, é tamén vicesecretario xeral do PP e ministro de Educación y Cultura.
|
Candidaturas | Especial Xerais 2000 | Vieiros |