Galicia Hoxe

Xerais 2000

Candidaturas Candidatos do BNG ao congreso
Francisco Rguez Sánchez

Francisco Rodríguez Sánchez, candidato do BNG pola Coruña.
Francisco Rodríguez Sánchez, candidato do BNG pola Coruña
  • Ferrol, 1945.
  • Catedrático de Língua e Literatura. Doutor en Filoloxía Románica cunha tese sobre Rosalia de Castro titulada "Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro".
  • Autor dunha ampla obra de pescuda e ensaio en temas lingüísticos, literarios, culturais e políticos dende unha perspectiva nacionalista. Inaugura unha liña de análise sociolingüística coa publicación de "Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza" (1976).
  • A sua bibliografía literaria incorpora estudios moi clarificadores e documentados sobre os autores galegos Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Blanco Amor, Cabanillas, Castelao, Celso Emílio Ferreiro...
  • Foi impulsor fundamental da creación e dinamización de organizacións sindicais e políticas como INTG e BNG.
  • Membro da Permanente do Bloque Nacionalista Galego. Membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego.
  • Deputado no Parlamento Galego durante a IV Lexislatura, na actualidade, é deputado nas Cortes do Estado español electo pola provincia da Coruña.


 

X. Manuel Rodríguez

X. Manuel Rodríguez Martínez, candidato do BNG por Lugo.
X. Manuel Rodríguez Martínez, candidato do BNG por Lugo
  • Nado en Escairón en 1940.
  • Estudiou nas Universidades de Compostela e Salamanca, participando activamente nas loitas estudiantís universitarias no ano 64 e, nomeadamente, no 68.
  • Actualmente, é un pequeno comerciante na vila de Escairón. A sua militancia continuada nas organizacións nacionalistas chega xa os 25 anos.
  • Durante catro lexislaturas foi concelleiro no Saviñao. Entre 1987 e 1989, desempeñou o cargo de alcalde nesta vila. Na actualidade, é o voceiro do grupo municipal neste mesmo concello.
  • Foi candidato ao Congreso polo BNG na provincia de Lugo nas eleccións de 1993. Membro do Consello Comarcal de Lugo Sur do BNG.
  • Foi impulsor decisivo do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas na comarca sur de Lugo dende 1975. Durante o franquismo, e na clandestinidade, fixo parte da primeira direción dos extintos Comités de Axuda á Loita Labrega.
  • É animador da vida sociocultural no Saviñao através da sua participación na asociación "Xan de Forcados".


 

Anxo Quintana

Anxo Quintana González, candidato do BNG por Ourense.
Anxo Quintana González, candidato do BNG por Ourense
  • Nado en Allariz en 1959.
  • Ten o seu traballo na Residencia sanitária de Ourense, actualmente en excedencia.
  • É diplomado en Enfermería.
  • Milita no nacionalismo galego dende o ano 1977. Colabora desde aquela altura na introdución do sindicalismo agrario nacionalista e en múltiples proxectos culturais.
  • Fai parte da Corporación municipal alaricana dende o ano 1983.
  • É alcalde de Allariz desde o ano 1989.
  • É tamén vicepresidente da Federación Galega de Municípios e Províncias (FEGAMP).
  • Forma parte do BNG dende a sua fundación e na actualidade é membro da súa Permanente e do seu Consello Nacional.


 

Guillerme Vázquez

Guillerme Vázquez Vázquez, candidato do BNG por Pontevedra.
Guillerme Vázquez Vázquez, candidato do BNG por Pontevedra
  • Nado en Pontevedra o 8 de maio de 1952.
  • Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor de Formación Profesional actualmente en excedencia.
  • Participante activo na década dos 70 na loita estudiantil pola democracia, foi deputado no Parlamento galego electo na provincia de Pontevedra nas listas do BNG durante o periodo 1993-1996.
  • Foi elixido concelleiro en Pontevedra polo BNG en maio de 1995.
  • É deputado do BNG no Congreso pola provincia de Pontevedra, dende marzo de 1996. Ao ser elixido parlamentario no Estado, cesa no Concello e no Parlamento de Galicia.
  • É membro do Consello Nacional e da Permanente do Bloque Nacionalista Galego.


 





Candidaturas | Especial Xerais 2000 | Vieiros