![]() Actualizado a 5/05/2003
A pregunta do millón sería se realmente é importante o papel dos concellos na normalización lingüística. É unha afirmación recorrente en artigos e documentos: "os concellos teñen unha función vital na promoción do galego". E os galegos cren que é así. Nunha escala de 1 a 5, danlles aos concellos unha importancia de 4.27 na normalización, só por detrás da Xunta. Sen embargo, 20 anos de existencia de servicios de normalización lingüística nos concellos ofrecen escasos resultados positivos: galeguización dos impresos, dos letreiros das rúas e pouco máis. ¿Cal é a roda que falla na engrenaxe?
NOTICIAS RELACIONADAS - ¿Pero que normalizan os concellos? Os traballos dos servicios de normalización lingüística dos concellos diríxense cara á galeguización das corporacións e, ocasionalmente, cara á promoción da lingua entre a cidadanía. - Máis pantasmas ca servicios ¿Cantos servicios de normalización existen realmente? ¿Cantos son despachos baleiros? ¿cantos duran máis de tres meses? - O que se leva feito... Os éxitos de normalización propiciados polos servicios municipais. - ...e o que falta por facer Sen embargo, moitos son os temas que aínda non se tocaron, e os territorios que fican baleiros ao paso dos normalizadores.
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||