
Dez anos nos teus ollos
O 24 de febreiro de 1996 a primeira páxina de Vieiros vía a luz en Ferrol. Agora soa tópico dicir que non contabamos con botar dez anos e con converternos no medio en galego máis lido. Pero foi así. Durante o 2006 argallaremos distintos actos de celebración para agradecervos o voso apoio como lectores e lectoras, as informacións que nos enviastes, as vosas críticas. Grazas por deixarnos chegar ata aquí. Debémosvos unha.
Cando e onde foi a túa primeira vez con Vieiros?
hai xa anos, polo 97, cando as eleizóns galegas
Cal foi o teu mellor "momento Vieiros"?
o seguimento de grandes noticias. Dende fora da terra, agradece-se moito, e máis, ter boa información de galiza.
gustou-me moito o espacial selección galega. de fútbol, claro
E que mudarías?
quizáis agrupar notícias por seccións
Cales son as túas tres webs de cabeceira (ademais de Vieiros)?
vexo bastante nodo50.org, la voz elpais.es e o google
Como ves a Vieiros no 2016?
vexo-o,
máis e mellor
tamén, parece-me depende moito do futuro da "rede" mesma

Cando e onde foi a túa primeira vez con Vieiros?
Fedellando con aquelas cousas chamdas Ibertexto, Infovía..., de súpeto apareceu Vieiros.
Cal foi o teu mellor "momento Vieiros"?
Sen dúbida co asunto do Prestige
E que mudarías?
Se cadra engadiría unha sección dedicada á ciencia.
Cales son as túas tres webs de cabeceira (ademais de Vieiros)?
www.canalciencia.com
www.culturagalega.org
www.galicia-hoxe.com
Como ves a Vieiros no 2016?
Pola tele.

Cando e onde foi a túa primeira vez con Vieiros?
aló polo ano 1998 cando facía as miñas primeiras visitas a internet
Cal foi o teu mellor "momento Vieiros"?
sen dúbdia a catástrofe do prestige. un medio de referencia que fixo un traballo máis aló do que habitualmente fan os medios, converteuse nun reflexo da conciencia social galega naqueles días terríbeis.
E que mudarías?
da web non mudaría nada pero de vieiros gustaríame pedirvos algo máis: un vieiros en papel coma o do día da selección galega e un espazo nas ondas de radio. Sería unha das grandes noticias para o mundo da comunicación neste país
Cales son as túas tres webs de cabeceira (ademais de Vieiros)?
a web da voz, consello da cultura e miles de blogs
Como ves a Vieiros no 2016?
pois ogallá que para daquela poda ver o meu desexo cumprido: vieiros en papel e un oco no dial.