No ano que celebramos o centenario de Plácido Castro, para moitos o humanista liberal e cosmopolita que mellor simboliza a universalidade do nacionalismo galego, gustaríanos non esquecer esa faceta común dos grandes nomes do galeguismo: as viaxes. Pilotos ou copilotos, exploraron un mundo que foi, tamén, galego. Así o Fixo Fernández del Riego. Dende Europa ata a outra beira do Atlántico, pasando polas terras do Galeuzca e a veciña Portugal, non en van foi nomeado Secretario do Exterior e Propaganda do clandestino Partido Galeguista. En outubro de 1966 Del Riego e Cunqueiro collen o barco para ir a Londres. Así o conta Del Riego no seu libro "O río do tempo".

E en "El año del cometa" (1974), Cunqueiro regresa literariamente á torre de Londres. ¿Alguén adivina aquí onde podería estar Del Riego?



Pechar