Unha viaxe a Londres

El año del cometa
Cunqueiro


Paulos advirtiu que non lles presentara Mr. Grig aos irmáns Malatesta, e fíxoo agora, subliñando que se trataba dun guerreiro anglosaxón, dos primeiros que desembarcaron degolando celtas na Gran Bretaña, e que se convertera en cliente do Rei Arturo, e de paso ao celtismo, tanto lingüístico como histórico e relixioso (...), e que acudía á batalla cun enxeño chamado crebacabezas, en parte por probalo, e en parte porque estaba viúvo dunha fermosa doncela de Gales.

Viaxe a Londres(...)

- Viúvo, o que se di viúvo, non - corrixiu Mr. Grig.- (...) Sucedeu que a noite das miñas vodas con lady Catalina Percy, que chegaramos ao casorio polo afeccionada que ela era aos puzzles, e eu facíallos difíciles, quixen agasallala con un, que consistía en pasar unha boliña por un arco, e xa pasada facela retroceder, e a boliña pechaba a porta de dobre folla do arco, e cun novo pulo subía tres chanzos, e se se atinaba cun resorte que había no terceiro, soaba un timbre, e a bóla, en disparo perfecto entraba na Torre ante a mirada estupefacta dos beefeaters. Monteino todo nun taboleiro de corenta por sesenta, e a Torre estaba embandeirada. (...) Eu estaba en camisón, sentado na beiriña da cama, e catalina, pese a miña insistencia en que acudise a cumprir a débeda conxugal, dicíame que mentres non dese saltado o chanzo, que non quitaba o refaixo.

(...) Entregouse tan apaixonadamente nun lance, foi nel tan canda a boliña, inclinouse tan propicia sobre o taboleiro, impulsou con tanta vontade a bóla, que batendo no resorte, soando o timbre, Catalina e a boliña a un tempo entraron pola porta da Torre de Londres, a da ponte levadiza, xunto á parede onde está a placa dos corvos. Os beefeaters pecharon a porta.


Unha viaxe a Londres"O río do tempo" Pechar