Chat con Luis Tosar mércores, 8 de abril do 2003 <berto> boas <ltosar> ola, Berto <berto> hola, magical brother ;) <ltosar> vichelos algunha vez? <berto> si, cortáchesme unha orella :-)) <ltosar> eres un auténtico voluntario magical! <berto> jajaja <ltosar> onde os viches? <berto> no grove <ltosar> en que local, vila...? <berto> na rúa <berto> hai 2 ou 3 anos <ltosar> en Vilagarcia actuamos o xoves Santo <berto> a semana que ven?? <ltosar> pois si <ltosar> no Recanto de Farruco <berto> estupendo, a ver se podo ir <ltosar> levamos un ano sen actuar ;-) <berto> pensei que levábades máis <xenxete> boa tarde <ltosar> se son como os do clube da comedia, nunca! <Papoula> por qué <ltosar> porque non me gusta ese formato... <ltosar> antes de facer monólogos, preferiría unha cousa mais convencional, <ltosar> no sentido artístico da palabra <ltosar> o que non me gusta do clube da comedia, do estilo <ltosar> é o ton, para min, excesivamente amable <ltosar> parece que vivimos nun mundo feliz... <vieiros> estades de moda, sodes baratos, sodes bos? <ltosar> somos nós! <ltosar> baratos, eu creo que non <ltosar> o que pasa é que igual que medran as autovías... <ltosar> medran as infraestructuras noutros ámbitos <ltosar> daquela, os actores galegos comezan a sair da canteira <berto> con que te sintes mais comodo? facendo cine, teatro... ? <ltosar> mais comodo, facendo teatro <ltosar> pero disfruto mais facendo cine <ltosar> porque en xeral os proxectos que me chegan <ltosar> son mais interesantes <ltosar> outra <ltosar> non me tocaría a min recollelo ;_) <ltosar> pero tendo en conta as circunstancias, haberia <ltosar> que falar de Bush <ltosar> aínda que no meu pobo (Lugo) dubidan <ltosar> que me atrevera <ltosar> outra <vieiros> E non cres que esa utilizacion mediatica dos micros pode resultar xa algo ritual? <vieiros> mariacasares, max... <ltosar> pois si, creo que pode resultar algo ritual <ltosar> pero é como en todo, cando empezas <ltosar> todo resulta mais espontaneo, mais facil <ltosar> pero a verdadeira loita está en mater unha liña <ltosar> coherente <ltosar> con respecto ao de Lugo... <ltosar> houbo unha carta ao director no Progreso <ltosar> dun señor que compartira o premio lugues do ano conmigo <ltosar> e que se sentia moi decepcionado pola miña actitude con respecto ao presidente "da nación" (sic) <ltosar> pero iso non foi todo <ltosar> porque despois recibin unha carta persoal <ltosar> dunha señora que me mandaba recurtada a carta deste tipo <ltosar> e que me poñía a parir igual que el! <ltosar> o mais curioso é que ao final das dúas cartas <ltosar> os dous se enorgullecían de ser paisanos meus. Non entendín nada... <ltosar> outra <santa> suponho que teras bos recordos da maior parte das peliculas nas que traballaches, pero se tiveras que escoller un papel, cal seria: flores de otro mundo? los lunes??? <ltosar> hehehe... <ltosar> é que os dous son bastante paradiños... <ltosar> pero escolleria un papel que estea por facer, o feito feito está <ltosar> outra <ltosar> o 25 de abril <ltosar> con tricornio incluído <ltosar> outra <berto> con que director (de aquí ou estranxeiro) che gustaría traballar, ou en qué peli che gustaria ter estado? <ltosar> que dificil... dependeria do proxecto <ltosar> gustariame ter estado en calquera das de Scorsese <ltosar> empecei a descubrilo no instituto <ltosar> na primeira curtametraxe que fixen con Jorge Coira <ltosar> Noctifer, lucero vespertino <delcuento> Boas tardes, Luis e compañía. A miña pregunta vai sobre a serie mareas vivas. ¿sabes algo dos motivos polos que a suprimiron sin dar explicacóns?. Digo eu que terá que ver coa participación dos teus compañeiros na plataforma contra a burla negra <ltosar> duraba 50 minutos, e era unha curtametraxe ;_) <ltosar> non, a decisión é anterior <ltosar> a serie foise consumindo co tempo, loxicamente <ltosar> iso non quita que a participacion dos compañeiros <delcuento> co tempo do oscurantismo <ltosar> na plataforma, estea influindo en proxectos actuais <ltosar> outra <santa> falamos moito do cine galego, dos actores galegos, etc, como ves esa denominacion <santa> non cres que e un pouco perigoso <ltosar> eu creo que non existe o cinema galego <ltosar> alomenos, polo de agora <ltosar> non creo que exista un proxecto... <ltosar> que poida denominarse como "cinema galego" <ltosar> o que pasa é que hai intereses por parte dos productores <ltosar> en crear un producto <ltosar> que sirve unicamente para abaratar custes <ltosar> outra <vieiros> Dime Tiago: <ltosar> hehehe... <ltosar> que é pouco "creativa" <ltosar> pero pouco se pode esperar da TVG <ltosar> porque non hai nin un ápice de independencia... <delcuento> pouco ainda é algo <ltosar> á hora de crear proxectos <vieiros> Pregunbtame Tiago: alemnet na TVG ? <ltosar> claro <ltosar> de quen é a TVG? <ltosar> outra <ltosar> creo que hai intención de facer cinema en Galicia... <ltosar> coa intención de que sexa "cinema galego" <ltosar> pero a niveis moi "pequenos" <ltosar> sen subvencións, sen financiación... <ltosar> e por suposto, sen posibilidades de distribución <ltosar> creo que hai moita xente que non sabe <ltosar> que rodar unha película en Galicia en galego <ltosar> significa condenarte a nivel distribución <ltosar> polo menos, en España <ltosar> enton, habería que pensar en destinar eses productos directamente a distribución estranxeira <ltosar> o caso é conseguir un productor disposto a facelo <ltosar> hoxe en dia, <ltosar> se non hai distribución a priori, estás condenado <ltosar> non ten porque ser á industria <ltosar> pero si que lle tes que interesar a un productor <vieiros> preguntou Azwar, antes de marchar... <ltosar> gracias! <vieiros> que se crías que as movilizacións servirán para algo. <ltosar> eu creo que están servindo para algo <ltosar> polo menos, para que caian as caretas por ai <ltosar> alomenos, podemos identificar os inimigos ;-) <vieiros> <delcuento> ¿ apoias os traballos do audiovisual que se fan en istitutos e universidades? <ltosar> ultimamente non teño tempo <ltosar> pero teño feito moitisimas curtas na Escola de Imaxe e Son <ltosar> e cando podo, colaboro sobre todo cos colegas <ltosar> que me quedan desas etapas <ltosar> pero cada vez é mais dificil <ltosar> porque ando moi liado (de verdade) <delcuento> graciñas <ltosar> Tiago, non sei por que non se fan co produccions galegas e portuguesas <ltosar> en cine hai algo, mínimo <santa> como ves o tema da invasion yanki (falo da cinematografica), as subvencions ao cinema daqui... Queixamonos moito diso, pero logo son catro os que non estan vendo harrypotter <ltosar> en Lena habia coproduccion <ltosar> en O regalo de Silvia, pendente de estrea... <ltosar> o problema é do público <ltosar> de nós mesmos <ltosar> actuamos por comodidade, e en canto hai un lixeiro nivel de compromiso... <ltosar> botámonos atrás <ltosar> de todos os xeitos, creo que o cinema espanhol <ltosar> ten o que merece <berto> se tiveses a oportunidade de traballar en calquera lugar do mundo, quedarías aquí, irías a outro lugar, ...? <ltosar> porque nos últimos anos houbo unha cantidade inmensa <ltosar> de produccións que francamente non lle interesaban a ninguén <ltosar> e feitas por xente á que tampouco lles interesaban eses productos <santa> enton, para quen son? <ltosar> Santa, iso hai que preguntarllo a quen as fixo... <ltosar> Berto, eu creo que a trashumancia e inherente á profesión <ltosar> prefiro ir e vir, que decidir quedarme nalgun sitio <ltosar> Docho, dar o salto a Madrid <ltosar> empeza a non ser tan dificil <ltosar> o que pasa é que levamos anos de atraso con respecto.. <ltosar> a outras comunidades como a catalana, por exemplo. Pero todo se andará! <ltosar> outra <ltosar> hehehe! <ltosar> vou volver onde empecei, a ver se segue sendo igual ;-) <ltosar> a película é moi bonita e divertida <ltosar> titúlase O ano da carracha <ltosar> vai deses tipos <ltosar> que prolongan a súa estancia na Universidade <ltosar> ata o último extremo <ltosar> ;-) <ltosar> haha! <ltosar> non sería mala idea <ltosar> hahaha! <ltosar> moi bo, Xustas <vieiros> Os actores de teatro non van ao teatro... e os de cine... van ao cine? nidade: sentarse a ver Chicago ou os Luns ó Sol? <ltosar> o de javier veiga non está confirmado <ltosar> boeno... hai que ver de todo <ltosar> pero prefiro que a xente vexa Os luns ao sol <ltosar> para ver como son os ianquis, e como responden ante situacións <ltosar> como a que estamos vivindo, con mirar Chicago xa te fas unha idea <ltosar> aí está <ltosar> rir e chorar, como dicía Kiko Veneno <ltosar> con respecto a pregunta de Vieiros... <ltosar> hai actores que van moito ao cine <ltosar> eu persoalmente non son especialmente cinéfilo <ltosar> outra <xustas> xa coñecen os Magical Brothers en Madrid, ou siguen pensando que es un tipo serio e tímido? <xustas> retomarás algún día a túa carreira musical? <ltosar> hai xente de Madrid que coñece os Magical, pero non estivemos en Madrid <ltosar> estou agardando a que me medre o pelo... :-) <ltosar> outra <xustas> :-) <vieiros> E andas en mais proxectos ca o da carracha? <ltosar> agora comezo unha película <ltosar> "A vida que te espera" de Gutierrez Aragçon <ltosar> ródase en Cantabria <ltosar> despois de Semana Santa, comezo <ltosar> outra <vieiros> e xa que non te quixeches pronunciar polo teu director... <vieiros> se te chaman para cameos, cando sexas un actor (mais) veterano... <vieiros> que prefires: <vieiros> chicago2, aterriza como puedas VII, ou rambo 5 <vieiros> ou outra? <ltosar> a oferta está complicada <ltosar> pero creo que Aterriza como puedas <ltosar> haha! <opoti> de todolos xeneros do cine cal che gusta m?is <ltosar> o cinema social <ltosar> xa sei que sona raro... <opoti> e por que? recordos de infancia, adolescencia... <ltosar> non, porque me resulta mais cercano <ltosar> sempre me gustaron as historias sinxelas <roi> farias unha película de guerra? <ltosar> que estean baseadas no peso das personaxes <ltosar> creo que hai historias mais apaixoantes <ltosar> detras dunha señora da limpeza <ltosar> que detras dun executivo <ltosar> (en xeral) <ltosar> depende do que contara esa película de guerra <ltosar> hai moi boas películas de guerra <ltosar> non faria <roi> como ves o mercado de Hollywood? é doado entrar nel? a ti gostaríache chegar a fama mundial? <ltosar> unha peli de guerra con Chuck Norris <ltosar> miña nai estaría encantada, pero... <ltosar> ;-) <xustas> como ves o de aprender idiomas para rodar fóra? confórmaste de momento co que hai aquí ou está o panorama de tal maneira que hai que ir pensando en emigrar? Mira Eduardo Noriega, currando en Francia, ou os que rodaron en Estados Unidos... <ltosar> Roi, francamente dáme igual a fama mundial <ltosar> prefiro pensar en traballos <ltosar> sei que e moi dificil o mundo de Hollywood <ltosar> sobre todo porque tes que pagar unha peaxe para poder acceder a <ltosar> proxectos realmente interesantes <ltosar> peaxe: películas comerciais, facendo de latino <ltosar> depende do que che ofrezan Xustas <ltosar> os proxectos interesantes non teñen que vir <ltosar> necesariamente de fóra <ltosar> eu teño visto a Banderas facendo cousas aquí <roi> non crees que o cine de hoxe en dia perdeu o seu contido de arte, quedou valeiro e somentes percúrase a parte comercial? <ltosar> que eran mais interesantes que algunhas que fixo en EEUU <ltosar> eu creo que hai de todo <ltosar> o que é mais dificil é poder acceder as peliculas <ltosar> que están fora deses circuitos <roi> non será que estamos masificando os criterios? <vieiros> Ben.... van sendo as oito... <vieiros> hai duas palabras pedidas <couso> Dende Lugo quero felicitarte polo éxito profesional (enorme en "Los lunes al sol") e pola túa valente postura contra os incompetentes do chapapote e sobre a maldita guerra. ¿cres que che pode prexudicar en futuros proxectos? <ltosar> supoño que si... <ltosar> pero aquí en Galicia xa estamos acostumados ás listas negras <ltosar> aínda que aquí son tan burros que creo que ata lles da marcha que os <ltosar> poñan a parir <xustas> :-)) <ltosar> gustanme moitos os tres <ltosar> pero prefiro da D D Lewis <vieiros> xa non hai mais palabras pedidas... <vieiros> glubs, si <opoti> dime unha peli pra chorar, unha pra rir, unha pra pasar a tarde dun domingo de inverno e unha pra pasar unha noite acompa?ado <vieiros> unha que esquecia... <ltosar> aaahhhhhhhhh <ltosar> para chorar, El hijo de la novia <ltosar> para rir, Unha terapia perigosa <ltosar> para o domingo invernoso, Indiana Jones <ltosar> e en compañía, ningunha <ltosar> mellor non ver a tle <ltosar> a tele, perdón <opoti> pode ser no cine <ltosar> ti a que vas ao cine? ;-) <opoti> se fixesen unha peli sobre o prestige que papel che gustaria faceer ou cal che desgustaria menos <xustas> cando se poderá ver "Te doy mis ojos"? Ten tan boa pinta coma as anteriores de Icíar Bollaín? <ltosar> na peli do Prestige <ltosar> gustariame facer de José María Aznar <ltosar> é un reto para calquera actor! <xustas> :)) <ltosar> "y salir a la calle, y decirlo también" <ltosar> ten mellor pinta, Xustas <ltosar> vai ser unha peli que vai levantar polémica <ltosar> porque fala sobre o maltrato <ltosar> pero desde unha visión mais critica do que estamos habituados <ltosar> falase da familia, da tradicion, da falsa moral... <vieiros> Esas foron as duas ultimas. Quero agradecerlle moitisimo a Luis a sua molestia e o tempo que estivo con nos... <vieiros> e tamen agradecerlles a todos que estivesen por aqui <vieiros> preguntando e comentando... <xustas> felices e alcólicas vacacións, Luis <ltosar> gracias por estares aí charlando a todos <berto> gracias a ti <ltosar> Xustas, quen es? <ltosar> Ata logo, Nunca Máis Os chats de Vieiros | Vieiros |