Chat con Rodrigo Romaní Luns, 4 de decembro do 2000 <Vieiros> Boas noites a todos e a todas. Moitas gracias por estardes aqui. <Vieiros> Como sabedes, hoxe temos connosco a Rodrigo Romaní (boas noites, RR), ex compoñente de Milladoiro... <Vieiros> que agora está en plena promoción do seu primo disco en solitario... <Vieiros> "Albeida" <Vieiros> Podiamos comezar por aí, Rodrigo. De onde sae iso de Albeida? <rodrigo> Albeida é o lugar donde vivo... <rodrigo> o sitio dende onde estou a falar agora <rodrigo> un lugar moi suxerente á veira da desembocadura do Tambre. <Xabier> e chuliño albeida <Xabier> eu son de lantarou <rodrigo> é chulísimo <Xabier> na parroquia de outes <rodrigo> exactamente,outra <Vieiros> Ti es case o "papá" da música folc galega (case un líder espiritual :) ¿Que opinas dos teus fillos? <rodrigo> os meus fillos, se se lles pode chamer asi... <rodrigo> pensan e fan música por si solos, e fanno mellor que a min <rodrigo> a musica galega ten unha grande altura actualmente.outra <Vieiros> ¿A quen destacarías deles? <rodrigo> eso é meterme nun compromiso.. <Vieiros> xa, por iso... :) <rodrigo> pero me gusta moitísimo Berrogueto e Susana Seivane <rodrigo> ainda que hai moitos e moi bos. outra <Vieiros> Ben, logo destas preguntas iniciais, agora poden pasar á acción os internautas. <eu> Jagger&Richards, Lennon&Mcartney, Juan&Junior, Coppini/cardalda. En todos os grupos sempre existiu un binomio <eu> Lle pasara iso a Milladoiro, ou polo contrario pasaralle a Romani? <rodrigo> os binomios son bos porque xeneran competencia.. <rodrigo> no primeiro Milladoiro tamen exist´ia ese binomio pero.. <rodrigo> despois foise diluindo pouco apouco.outra <Pili> Non cres que o teu disco é algo complexo de escoitar? <rodrigo> si, efectivamente, gustanme os discos complexos.. <rodrigo> requiren algo por parte do ointe.. <rodrigo> igual que a boa literatura.. <rodrigo> é preciso parárse con ela.. <rodrigo> saboreala e prestarlle atención.. <rodrigo> o placer exixe un certo esforzo.outra <harl> Por que te fuches de Milladoiro? Había mal rollito? <rodrigo> mal rollito é unha expresión moi ampla .. <rodrigo> e ó mesmo tempo un tanto inadecuada.. <rodrigo> cecais mellor sería decir. <rodrigo> que eu tiña o cú un pouco incomodo.. <rodrigo> ¿caprichos da vellez?.outra <mandarina> ti tocas o arpa se non me equivoco <mandarina> como escolliches un instrumento tan pouco galego... para facer a tua musica <rodrigo> o arpa é un instrumento máis galego que o bodhram.. <mandarina> a mi gustame.. pero sorprendeme <rodrigo> o bouzouki, a mandolina, o tin whistle. <rodrigo> galicia tocou a arpa ata ben pasada a idade media.. <rodrigo> logo desaparecéu, como en toda Europa.outra <mandarina> sento no ser tan culta musicalmente falando <eu> Que opinas do que pasa agora no folk. Todo o que leva esa etiqueta vende. Non cres que hai demasiada <rodrigo> ninguen nace aprendido,non te preocupes.outra <rodrigo> non collin a pregunta de "eu" <MALVAR> cantas cancións lle adicaste a Noia? <eu> Que opinas do que pasa agora no folk. Todo o que leva esa etiqueta vende. Non cres que hai demasiada <eu> xente aproveitandose desta movida? <rodrigo> A Noia adiqueille unha canción que ía no primeiro Milladoiro. <MALVAR> xa a esquenceches? <rodrigo> ah! e outra na Galicia de Maeloc, polca do Tapal <rodrigo> un non se esquence nunca do sitio onde nace.. <MALVAR> non che parecen poucas só duas cancións? <boixareu> hola <rodrigo> a esar de que non puiden presentar o Albeida alí.. <rodrigo> tal como era a miña intención.outra <Moderador> Xabier, podes facer a túa pregunta <MALVAR> pero económicamente o concello di que che axudaba <rodrigo> o concello negou a suma de catrocentas mil pesetas que.. <rodrigo> era o que costaba facer o concerto.outra <rodrigo> perdon eu, vou agora contigo.. <rodrigo> efectivamente hai moita xente aproveitandose da movida folk.. <rodrigo> pero non tanta como en outros eidos da música.. <rodrigo> eso é comprnsible.. <rodrigo> é o publico o que ten que decidir <Xabier> gustoume moito o disco <Xabier> e tamén a foto dos teus veciños <Xabier> por que a puxeches? <rodrigo> porque quería que eles tiveran algun tipo.. <rodrigo> de protagonismo no album.. <rodrigo> igual que o tiveron na sua inspiración... <rodrigo> ademáis, sin eles a cousa sería demasiado "New Age".outra <harl> Vas seguir producindo discos de outra xente? <rodrigo> eso depende máis ben da outra xente... <rodrigo> pola miña parte sí, me gusta moito.outra <Dagda> Hola, rodrigo; siento no hablar bien el galego... opinas que la gente de fuera de Galícia no puede hacer música gallega? <Dagda> hay muchos gallegos que opinan así... <rodrigo> estoy convencido de que sí la puede hacer... <rodrigo> no hacen los gallegos música irlandesa?... <rodrigo> tan solo es necesario abrir bien las orejas .... <rodrigo> y el corazon.outra <Pili> Cres que a túa marcha terá algunha repercusión na evolución de Milladoiro? <rodrigo> pili a pregunta leva veneno,ja... <rodrigo> penso que sí a terá pero espero que positiva.outra <Moderador> Boixareu, podes facer a túa pregunta <boixareu> Agora, cantos arpistas solitarios hai en Galiza que graben discos?, (a estetica de simbad en Galicia de Emilio Cao gustoume moito) <rodrigo> que podan gravar sí hai... <rodrigo> aparte de Emilio está o arpista de Berrogueto que... <boixareu> pero con certa calidade <rodrigo> ten moito gusto, hai máis xente.. <rodrigo> na miña Aula de Arpa en Vigo... <rodrigo> están saindo moi bós músicos.outra <eu> Cando teremos un festival de Ortigueira, reconvertido a unha party de musica celta? :) cres que debian reconvertirse este tipo de festivais?, non os ves demasiado anclados no pasado?, faceno o mesmo que fae 20 anos, pero con gaitas midi? <eu> Cando teremos un festival de Ortigueira, reconvertido a unha party de musica celta? :) cres que debian reconvertirse este tipo de festivais?, non os ves demasiado anclados no pasado?, faceno o mesmo que fae 20 anos, pero con gaitas midi? <rodrigo> a música celta ten moita variedade... <rodrigo> son os programadores os que deben brindar... <rodrigo> esa variedade ó público.. <rodrigo> pero os festivais monotemáticos non penso.. <rodrigo> que teñan un gran futuro tal e como.. <rodrigo> vai a música. Ou si´ nunca se sabe.outra <dionisos> Teño entendido que no disco fas varias versións de poemas de autores galegos. Oín que unha delas é de Ramiro Fonte. ¿Que poema é e de que libro? ¿De cales outros poetas fas versións e por que o fas? <rodrigo> Luz de Mediodía, de Ramiro Fonte. Banquete de Lino Braxe .... <rodrigo> Das Ultimas Mareas de Ana Romaní... <rodrigo> me encanta a poesía en xeral... <rodrigo> e a galega contemporánea en particular ¿compartes esa afición?.outra <Moderador> Toxo, a túa é a próxima pregunta <toxo> por que os windmill lane en Dublin? <dionisos> comparto, si e agrádame que a lembres no disco <rodrigo> ó final non se fixo nada en Windmill Lane.Houbo problemas de última hora. <rodrigo> Me gusta o estudio e o enxeñeiro Brian Masterson... <toxo> sintoo. alguen me comentara que viñas <rodrigo> xa tiven experiencias anteriores dende fai bastante tempo... <rodrigo> é un tipo moi bó, pero en Galicia temos outro.. <rodrigo> comparable a él. Chámase Xosé Manuel Tasende.outra <Moderador> Eu, podes preguntar ti novamente <eu> O teu disco (non sei si te gustara ou non) suena a Milladoiro, a mesma produccion, a mesma forma de amosar os instrumentos, todos no seu sitio e no seu momento. Cres que tardaras moito en desenpolvar a forma de traballo do grupo? <antillano> boas noites <rodrigo> ainda que é moi dificil opinar sobre o propio traballo... <rodrigo> non creo sinceramente que Albeida soe a Milladiro.. <rodrigo> a instrumentación, os arranxos, é todo ben distinto... <rodrigo> ¿que opinades os demáis?outra <toxo> crees que fai uns anos era a musica galega a que miraba á irlandesa e agora sucede o contrario? <harl> eu creo que albeida é máis novidoso <rodrigo> Irlanda pertence á area de influencia anglosaxona... <rodrigo> os seus músicos falan e viven en inglés.. <rodrigo> o mercado dos irlandeses é americano... <rodrigo> a suas casas de discos viven de América... <rodrigo> os seus managers viven de América... <rodrigo> a música irlandesa vive de América, non de Irlanda. <toxo> e galicia, mercan discos os galegos? <rodrigo> porque pertenecen ó seu mundo... <rodrigo> os galegos temos vetado ese mercado.. <rodrigo> por flkies, por pobres e por latinos.outra <toxo> excepto Carlos Nunez <Navea> Que tal están portándose os meios de comunicación coa promoción do teu disco? Cres que algún día os músicos galegos poderán presenta-los seus traballos nalgún espacio televisivo galego que non sexa LUAR? <rodrigo> esa opinión daríacha personalmente, non en publico pero.. <rodrigo> básicamente as cousas, desgraciadamente... <rodrigo> non son tan bonitas como se soen pintar.outra <dionisos> tes preparada algunha sorpresa para o concerto de Vigo do día 17? Algún convidado, algo que nos podas adiantar? <rodrigo> os meios estanse portando de formas diferentes.. <rodrigo> depende de quen se trar... <rodrigo> o mundo dos medios está moi controlado polas multinacionais... <rodrigo> saírse de ese círculo e pretender éxitos maioritarios <rodrigo> é unha utopía. Eu son concente deso. Non me pode queixar.. <rodrigo> xa coñeciá esa historia de antes.outra <rodrigo> para o concerto de vigo non hai sorpresas... <rodrigo> estarán todos os que gravaron Albeida... <rodrigo> todos menos a Orquesta de Praga, obviamente.outra <eu> Comentaba o do traballo sin facer unha evaluacion do mesmo, simplemente que me parecia soar como Milladoiro, tamen non sei si sera pura suxestion, pero a verdade e que e reconocible, no seu conxunto final. <dionisos> Marcho. Noraboa polo disco e noraboa a Vieiros pola iniciativa deste chat <rodrigo> estou dacordo que nas pezas con Treixadura hai sonido Milladoiro... <rodrigo> despois de vinte anos e lóxico deixar unha parte a aquelo que me é máis familiar.outra <LoisR> A ver, Rodrigo, seguindo co de Toxo, como profe na UP de Vigo que lles dis aos teus alumnos cando preguntan polo "moito de celta... <rodrigo> non pillei ¿moito de celta? <LoisR> ... que hai no flamenco, e iso o diogo desde o respeto á fusion e a mestixe. Correcto que e un. <LoisR> Son lento. Desculpas <rodrigo> o elemento "celta " non é obxectivable na música. Non podemos falar de... <rodrigo> as características concretas do "celta" na música galega... <rodrigo> pero sí hai unha historia musical común con... <rodrigo> outros povos da Península... <rodrigo> de ahí a decir que hai algo de flamenco na música galega... <rodrigo> é unha barbaridade. Ningún múica pode dicir eso, logo están... <rodrigo> as interpretaciós dos que fan as preguntas... <rodrigo> que as veces non son moi acertadas.outra <Oleiros> Para cando unha xira polos Estados Unidos? <rodrigo> eu non vou a Estados Unidos a non ser que me paguen ben... <harl> :D <rodrigo> a epoca de inocente xa me pasou.. <rodrigo> prefiero ir de turista. Quizás te sorprenda a resposta... <rodrigo> pero estou un pouco queimado da "aldea global"outra <dIRE> prefires o Xapón? <rodrigo> xa estiven no Xapón cinco veces. O público é moi simpático...pero son vintetréo horas de avión <rodrigo> e un xa prefiere o público máis cercanooutra <Moderador> Eu, podes facer a túa pregunta <eu> Que opinas da labor dos medios (TVG, RG) co tratamento da informacion sobre a informacion musical, si e que existe? <rodrigo> pois que é o unico sitio donde se fala un pouco... <rodrigo> da música galega e en galego.... <rodrigo> penso que o problema non está na tvg, senon no resto.. <rodrigo> dos medios que viven de nós os televidentes... <rodrigo> de espaldas ó idioma e á cultura galega... <rodrigo> a tvg e rg pódense criticar pero... <rodrigo> non esquenzamos que son os únicos que están facendo algo.outra <Xabier> Pero non cres que o tratamento da musica galega na tvg é moi populacheiro e, sobre todo, dirixido a un público non-demasiado-novo? <Vieiros> Son as últimas preguntas. <rodrigo> si, estou dacordo contigo, por suposto... <rodrigo> pero hai outras prioridades para criticar... <Vieiros> Rodrigo responderá aos que pediron a vez. <dIRE> que non che esqueza pasar por Celanova <rodrigo> por exemplo a exsixencia de que usen o galego.. <rodrigo> como vehículo de expresión habitual.. <rodrigo> en todos os medios de comunicación que vivan en galicia.outra <preghunta> Pero en parte sodes os músicos os responsabeis de toda esta situación.. por qué os músicos galegos vos levades tan mal uns cos outros? ¿Chegaredes algun día a xuntarvos todos ó redor dunha mesa? <rodrigo> non somos os músicos galegos, somos todos os músicos.... <rodrigo> tamen os literatos, os pintores, os actores... <preghunta> pero hai asociación de actores.. <rodrigo> todas as profesi´s artísticas que depende do público son... <rodrigo> unha consecuencia do narcisimo que os "artistas" levamos dentro.. <rodrigo> que nos orixina moitos conflictos internos e externos... <rodrigo> a neurosis do exhibicionista.. <Eo> boa noite <rodrigo> pero eso tamen é a fonte da inspiración... <Eo> Rodrigo, podoche facer unha pregunta? <rodrigo> eu estou en proceso de escapar das historias de narcisismo exacerbado, pero ún non sempre é capaz de facelo... <rodrigo> outors nin siquera se recoñeceran en este brevísimo retrato do artista eternamente adolescente.outra <eu3> quewn vai? <eu3> Tiveches a iniciativa de poñer o teu single en Vieiros antes que nos medios tradicionais (non si?). Que opinas do caso de napster?, onde te colocas? <Vieiros> Ben, creo que con isto poñemos punto e final ao chat de hoxe. <dIRE> RODRIGO, que non che esqueza pasar por Celanova <Vieiros> Ben, moitas gracias a todos e a todas por participardes. Especialmente a ti, Rodrigo. Boas noites. E estade atentos, porque en www.vieiros.com seguiremos programando chats con personaxes senlleiros de Galicia. <rodrigo> ata sempre a todos gracias. Os chats de Vieiros | Vieiros |