Chat

Chat con Miguel Anxo Murado
Martes, 15 de abril do 2003



<Moderador> Ola, boa tarde...
<Moderador> a todos e a todas
<Moderador> Temos esta tarde con nós a Miguel Anxo Murado
<Moderador> (o xornalista)
<Moderador> Xa sabedes como funciona isto... para facer as preguntas tedes que enviarme un ? a min, o Moderador...
<Moderador> eu ireivos dando a quenda
<Moderador> de acordo?
<Moderador> agora comezará Vieiros, cunha preguntinha...
<Miguel> Ola. Xa estou aqui
<Vieiros> Ola, Miguel Anxo. Segundo as últimas declaracións de Sharon, parece que non lle importaría que o exército USA atacase tamén Siria. Sharon debe estar eufórico....
<Miguel> Utilizarei o alcume Miguel porque o de MURADO non funciona.
<Miguel> A guerra contra Siria é a obsesiòn de Sharon desde hai dècadas
<Miguel> Esta, pensa el, e a súa grande oportunidade
<Miguel> De feito, hai moitas razons para pensar que hai un elemento israelí xa na guerra contra Iraq
<Ockap> Boas tardes
<Miguel> Boas tardes, ockap
<ezra> parece que a guerra vai atrasar aínda máis o proceso de paz, se é que existe neste momento algo parecido...
<ezra> podes responderme, MA..
<Miguel> Non se pode dicir que exista tal proceso de paz. Houbo algo parecido (e moito menos serio do que normalment e se di) pero hai xa polo menos un par de anos que desapareceu. O que hai é un proceso de guerra que ten elementos diplomáticos de presión
<Miguel> Efectivamente, a guerra de Iraq fai aínda máis difícil retornar ó proceso de paz
<Vieiros> Arafat é agora un atranco ou unha solución para o movemento palestino?
<Miguel> Neste momento, os israelís non ven ningunha necesidade de pactar ou rectificar. Estados Unidos estalles librando das únicas razóns que eles vían para negociar
<Ockap> Cómo se vive en Xerusalén a invasión de Iraq, moita tensión ademais da "habitual"?
<Miguel> Arafat é un atranco, pero nun sentido distinto do que normalmente se pensa.
<Miguel> Arafat é un líder pactista, que quere negociar a toda costa. Esa estratexia foi catastrófica para os palestinos.
<Miguel> Ockap: neste momento, estou en Madrid, pero podo dicirche que a guerra contaba con enormes simpatías
<Miguel> outra
<catu> Sharon falou hai pouco da sua intencion
<catu> de devolver alguns territorios ocupados
<catu> era paripe o que?
<Miguel> En realidade, catu, é retórica. Sharon oponse totalmente a calquera negociación cos palestinos. Esa é a realidade, pero é unha realidade que hai que envolver en outro vocabulario.
<Miguel> Do que falou algunha vez Sharon é de permitir algún control administrativo a partes dos territorios ocupados.
<Miguel> Un 40%, máis ou menos
<Miguel> Hai sempre que lembrar que Sharon se opuxo ós acordos de Oslo e incluso á paz con Xordania.
<Miguel> outra.
<melmac> Sen embargo, lin por ai que alguns analistas estadounidenses cren que precisamente esta 'victoria' favorcera o proceso de paz en Palestina...
<melmac> pola posicion de forza que teñen agora...
<melmac> como o ves?
<Miguel> melmac: eso dise por un falso paralesimo coa primeira guerra do Golfo.
<Miguel> Pero daquela os Estados Unidos encabezaban unha coaliciòn con países árabes e musulmáns.
<Miguel> O caso é o contrario aquií, onde é Estados Unidos quen invadiu ilegalmente outro país
<Miguel> para facelo, USA tivo que recurrir a metáforas e xustificacións israelís, o que ven de crear unha comunidade "espiritual" entre os dous países.
<Miguel> Isto vai ser catastrófico para a posiblidade de negociacións.
<Miguel> outra
<ezra> as voces de intelectuais como Edward Said e outros teñen algún eco en Israel?
<Miguel> Edward Said é un intelectual palestino que vive en America. E moi coñecido para os palestinos (menos para os israelís)
<Miguel> É popular entre os intelectuais pola sua honestidad e intelectual.
<ezra> É moi crítico con Arafat...
<Miguel> Pero é partidario da "solución dun só estado", que non é a maioritaria nin entre palestinos ni entre israelís, desgraciadamente, ó meu ver
<Miguel> Sí, era moi crítico con Arafat durante Oslo: consideraba que cedera demasiado. Nesto estaban de acordo a maioría dos palestinos.
<Miguel> outra
<Loisinho> Como xornalista notas a "presion" dos aliados, ou dos paises arabes, ou mesmo dos medios implicados nun bando ou outro?...
<Loisinho> Hai espacio para un xornalismo "obxectivo" ou crítico, ou xa rematou esa era (alen do medio para o que se traballa, claro)
<Miguel> Cubrido a intifada sufres sobre todo a presion israelí. Non porque os palestinos non intenten intoxicar a información ou condicionales. Simplemente, non teñen os medios para facelo. Os israelís, mal queben, si.
<Miguel> Eu creo que si é posible un xornalismo obxectivo, ou xusto (que me parece mellor).
<Miguel> Pero é difícil, non só pola presión política, tamén pola forma en que entenden a información os lectores.
<Miguel> A verdade é ás veces moi traballosa de ler.
<Miguel> Esixe esforzo.
<Miguel> Outra
<Vieiros> Ti cubriches tamén a información sobre a guerra en Iugoslavia, como ves a evolución da información sobre estes conflictos?
<Miguel> Progresivamente, vaise convertendo en información cada vez máis industrial.
<Miguel> As grandes televisións condicionan desde os prezos dos hoteis ata o enfoque do interés público.
<Miguel> outra
<Vieiros> os da CNN levan agora gardas de seguridade...
<Miguel> Si, isto é un precedente pésimo.
<Vieiros> que disparan cando son atacados... estanse traspasando certos límites perigosos, non?
<Miguel> O xornalista debe correr o risco, non pode converterse nun soldado.
<Miguel> Certo. Neste conflicto, os medios americanos, incluída a CNN tiveron un comportamento patriótico que non debía ser
<Miguel> outra
<catu> a parte de exercer de xornalista, andas metido en algun outro proxecto?
<Miguel> catu: estou traballando nunha novela desde hai tempo.
<catu> contanos algo
<Miguel> é unha novela sobre Xerusalén, precisamente.
<Miguel> outra
<Vieiros> podías pensar nalgún outro bestiario... tal como van as cousas...
<Miguel> :)
<melmac> Israel ten unha chispa de partidos no parlamento... e iso adoita asociarse cunha democracia madura... cres que é así? é posible combinar democracia madura con extrema dereita relixiosa e alternativas de esquerda pacifistas nunha mesma cámara?
<Miguel> EStou preparando a reedición do bestiario co lapidario (outra libro meu) Este tamén está bastante de actualidade, porque é un libro de lápidas
<Miguel> Israel é unha democracira relativa. Hai eleccións (non totalmente democrática)
<Miguel> pero non hai que esquecer que para 3 millóns de palestinos o que hai é un rexime militar
<Miguel> TAmén Surafrica do apartheid era unha democracia formalmente
<Miguel> outra
<ikebana> eu disfrutei moito co caderno de xapon...
<Miguel> :) Gracias
<ikebana> xapon, xerusalen... ¿es o tipo mais cosmopolita de galicia (despos de amancio ortega e o finado de casares?
<Miguel> Gustaría escribir máis libros dese tipo.
<Miguel> Gracias polo que considero todo un eloxio
<Miguel> Non intento ser cosmopolita, pero teño curiosidade por moitas cousas.
<Miguel> Gustaría escribir un Caderno de Galicia, na mesma forma.
<Miguel> outra
<Vieiros> por certo, non sei se é moi pertinente con todos os problemas que teñen, pero tivo algo de repercusión o tema do Prestige en Israel?
<Miguel> En Israel non existe a penas información internacional, pero si se comentou na comunidade internacional de Xersuaén, que é moi numerosa
<Miguel> Moitos, por desgracia, coñeceron así o país do que eu tantos llles falaba.
<Miguel> outra
<melmac> cada canto ves a galicia? cres que esta cambiando tanto como lles parece a uns? ou tan pouco como lles parece aos outros?
<Miguel> Viñen moi pouco nos últimos cinco anos que levo en Oriente Medio.
<Miguel> Cambia en cousas externas, pero o importante son os cambios internos, que si creo que os hai.
<Miguel> Paréceme unha sociedade cada vez máis nova, a pesar do envellecemto da poboación.
<Miguel> outra
<catu> que linguas falas?
<Miguel> Moitas, pero todas regular.
<Miguel> :)
<catu> :) que modesto
<Miguel> Non, son sincero. Gústanme os idiomas, si.
<Miguel> outra
<Vieiros> tes pensado seguir aí moito tempo... ou xa estás vendo en cambiar de aires?
<Miguel> Viñenme o mes pasado para unha tempada longa. Quero escribir un libro sobre la intifada e rematar a novela. Estarei por aquí varios meses, polo menos.
<Miguel> outra.
<wils27> estiveches algunha vez en iraq? gustariache traballar en prensa aló, nesta guerra?
<Miguel> El Mundo ofreceume cubrir a guerra desde Xerusalén, pero non me interesaba moito. Si, houbérame gustado ir a Iraq, pero estaba algo cade dous anos de intifdada
<Miguel> outra
<melmac> algo cade?
<Miguel> cansado, perdón
<Miguel> :)
<beth> que musica escoita un xornalista galego en Xerusalén? Berrogüetto, Ofra Haza, Dana International, o mestre Soutullo?
<Miguel> outra
<Miguel> Escoito sobre todo musica clásica, que é a que máis me gusta
<Miguel> pero tamén moita música árabe, que poñen en todos os taxis.
<Miguel> (eu traballo sobre todo nos territorios palestinos)
<Miguel> outra
<catu> como é a túa rutina diaria de traballo?
<catu> bueno, ou como era cando estabas en xerusalem
<Miguel> Está condicionada polo horario do xornal. Hai que ter o artigo para as 8, así que se escribe pola tarde <Miguel> pola mañá imos normalmente a algún sitio onde sucedeu algo : Gaza, Ramallah,o que sea
<Miguel> outra
<ezra> como é a vida nos territorios ocupados, cómo poden soportar tanto sufrimento?
<Miguel> A vida alí é como a vida nun cárcere xigantesco. Poden soportalo porque non teñen elecciòn.
<Miguel> outra.
<melmac> A ver: un dia normal asistes a un atentado terrorista nun bus con 20 pasaxeiros... e á tarde chegas á casa e escribes unha novela? Non é difícil conservar unha vida 'normal' vendo sangue seguido?
<Miguel2> perdon, algo fallou
<Miguel2> xa estou aquí outra vez. :)
<melmac> A ver: un dia normal asistes a un atentado terrorista nun bus
<melmac> con 20 pasaxeiros... e á tarde chegas á casa e escribes unha novela?
<melmac> Non é difícil conservar unha vida 'normal' vendo sangue seguido?
<Miguel2> Ola, perdon de nov0o
<Moderador> viches a pregunta?
<Miguel2> Melmac: si, teño visto varios atentados (algún personalemente). E difícil, e ás veces é necesario relaxarse antes de escribir un artigo.
<Miguel2> A novela... non, non teño tempo se hai un atentado, podes estar seguro :)
<Miguel2> outra
<catu> e como ven os palestinos á prensa internacional?
<Miguel2> Son moi amistosos cos xornalistas, pero pensan que toda a prensa está manipulada polos israelís, o que non é certo, desde logo.
<Miguel2> Pero eles só ven prensa americana (TV, sobre todo) e loxicamente o miran só desde o seu punto de vista.
<Miguel2> outra
<catu> e non hai ningun xornal poderoso pro palestino?
<catu> ou unha cadea de TV
<Miguel2> Existe al-Jazira, que ve o conflicto desde o punto de vista árabe (aínda que tamén de forma obxectiva)
<Miguel2> E os xornais europeos son máis equilibrados (non direi que propalestinos) que os americanos.
<Miguel2> Incluso existe un xornal israelí, Haaretz, que dentro das súas limitacions loxicas, é bastante obxectivo.
<Miguel2> outra
<melmac> Sentes medo? cando?
<Miguel2> Algunha vez síntese medo, melmac, pero como tamén se sinte en calquera outra profesión.
<melmac> home, eu son comercial... e sinto medo ás veces ao cruzar rande...
<Miguel2> Cada un ten os seus medos: A min o que máis medo me dá son as cidades en toque de queda, cando tes que andar polo medio da rúa só, escoitando tiros.
<melmac> pero non creo que sexa o mesmo
<Miguel2> :) Non exactamente, tes razón. Pero tampouco a vida do xornalista é tan perigosa...
<Miguel2> Non tanto como se pensa, a pesar de que estes días non son os mellores para asegurar isto.
<Miguel2> outra
<Vieiros> son moi minoritarios os grupos israelís que apoian as reivindicacións palestinas? poden chegar a ter algunha influencia?
<Miguel2> Son moi moi minoritarios.
<Miguel2> E non, non teñen influencia máis que intelectual. Moi pouca influencia.
<Miguel2> Hai que pensar que mesmo o 40% dos votantes do partido máis á esquerda, o Meretz, apoian a política de Sharon
<Miguel2> segundo as enquisas.
<Miguel2> outra
<melmac> Estes días todo o mundo mira na bóla do futuro: Siria, Irán...
<melmac> que ves ti na bóla de vidro?
<Miguel2> Creo que xa estamos vendo unha forte presión a Siria que moi facil pode escalar en conflicto.
<Miguel2> O mesmo pode suceder con Iran. E todos son países desa mesma zona.
<Miguel2> E as tropas americanas están xa en posición, en Iraq. Todo pode ser.
<Miguel2> outra.
<melmac> canto tempo cres que durarán os tiros en Bagdag, en Nasiría, en Basora?
<Miguel2> Non creo que duren xa moito. Outra cousa será o que suceda despois duns meses. En
<Miguel2> Afganistán a cousa está moi complicada para os americanos.
<Miguel2> En Iraq pode suceder o mesmo.
<Miguel2> outra
<catu> como se valorou a postura de Aznar de apoio a Bush? tivo algunha transcendencia aí?
<Miguel2> Os palestinos estaban abraiados. Non entenden que ten España contra Iraq e contra os árabes (así se interpreta a guerra).
<Miguel2> A relación entre España e o mundo árabe, que era magnífica, deteriorouse moito.
<Miguel2> outra.
<catu> e tiveron eco as manifestacións internacionais contra a guerra?
<melmac> É este e comezo dunha nova orde? ou non hai que ser tan pretensiosos... e non son máis ca moreas de cadáveres nas gabias da historia?
<Miguel2> Si, catu. A xente sabe que o pobo está en contra da guerra; pero aínda así ven con desconfianza ás institucións que traballan alí e á prensa.
<Miguel2> Melmac, non creo que sexa nada novo. Istas cousas fixéronse antes e faranse despois. A cuestión é como se xulgan moralmente.
<Miguel2> Non é unha nova orde, nese sentido.
<Miguel2> outra
<Moderador> Ben... non hai máis preguntas pedidas... así que podemos ir despedindo...
<Miguel2> :)
<Moderador> temosche que dar infindas gracias, polo teu tempo
<Miguel2> Foi un placer.
<Moderador> polo tempo que lle roubamos á novela...
<Vieiros> gracias, Miguel Anxo, unha forte aperta!
<Miguel2> Non, eu encantado.
<Moderador> e gracias tamén a todos e a todas os que participastes
<Miguel2> Unha aperta e gracias a todos.
<Miguel2> e todas.


Os chats de Vieiros | Vieiros