Chat

Chat con Isaac Díaz Pardo
Luns, 23 de decembro de 1996




<francois> bom dia do Canada senhor Issac
<Isaac> Boas tardes, señor francois
<Antom> Boa tarde Isaac
<Isaac> Boa tarde, Antón
<Antom> Quedastedes todos calados
<Teresa> Boas tarde senhor Isaac
<Isaac> Boas tardes a todos e a todas. Estou a vosa disposición para o que queirades comentar.
<orly> Isaac, queria que comezasemos por unha noticia
<Isaac> Di, Orly
<orly> que lin onte no xornal "La Voz de Galicia" onde decia que vostede lle recriminara a Paco Vazquez
<francois> Pois direi-lhe que de agora em adiante vou a lembrarde vc quando coma, os pratos sao de Sargadelos
<orly> o seu non emprego da lingua galega
<Antom> Bem recriminado, penso eu
<orly> eu tamen
<orly> so que eu penso "BEN RECRIMINADO"
<Isaac> Recrimineille porque nun acto sobre galeguismo e progresismo que el inaugurou falou en castelán. Pero o recriminei cordialmente.
<francois> quem ee o moderador, para nao falar todos ao mesmo tempo
<orly> xa o decia na mesma noticia
<Isaac> Procuraremos ir máis rápido.
<Antom> Isaac, que foi realmente dos exiliados na guerra?
<Xabier> O moderador é Edmundo
<orly> vale
<Isaac> Vou contestar á pregunta de Antón
<Antom> Gracias
<Isaac> Moitos deles morreron no exilio e moi poucos foron os que regresaron
<Loisinho> Sr. Issac, En que medida a Galicia que vivimos hoxe é gracias ás aportacións da emigración ou dos exilados?
<camilo> Boas tardes
<Isaac> Loisinho, desgracidamente moi pouca porque os exilados non tiv eron voz nin parte na autonomÌa galega. Tal fooi a desmemoriación que padeceu e padece este pobo.
<Loisinho> E logho as escolas, a luz electrica, todolos millóns do aforro dos galegos?
<orly> eu son fillo de emigrantes, e que queria? que morresen de fame
<Isaac> Vou contestar a Orly. Son un templagaitas e un limpamerdas dunhas empresas.
<Antom> Faise algo por recuperar esta memoria histórica e dignificar a aqueles que derón a s.a vida por Galiza ? (Bóveda entre tantos)
<Isaac> Lois, o aforro dos galegos papouno o Estado a través da remesa dos emigrantes.
<francois> os acentos nao chegam nas palavras
<Isaac> Vou contestar a Antón, agardade un momento coas preguntas
<Isaac> Antón, algúns estamos facendo o que podemos. Por exemplo o Grupo Sargadelos non é mais que un grupo de empresas que tentan recuperar a memoria historica de Galicia pero os poderes establecidos fan todo o posible porque non se conozca a historia.
<Isaac> Outra pregunta
<francois> Senhor Issac , nao cre que a primeira coisa para recuperar a memoria da Galiza começa pelo seu nome???
<Isaac> Francois, o nome de Galiza é Galiza. Galicia é a castelanización do topónimo Galiza.
<Isaac> Outra pregunta
<Teresa> Isaac, que pensa dos exiliados na Arxentina.
<camilo> Sr Isaac, sempre se dixo que a emigracion era debido á probeza existente, pero eu as veces penso que o problema era mais profundo... ou sexa non seria debido a que temos ou tiñamos unha sociedade que non da ou daba oportunidades de superación a unha persoa que non "tiña apoios"
<Isaac> Teresa, construiron unha gran esperanza que aquí se veu defraudada
<Isaac> Camilo, Vde. xa se contestou a si mesmo.
<Isaac> Outra pregunta
<Julio> Sr. Isaac, que pensa dos novos emigrantes, ee decir, aquelas persoas que agora teñen que sair fora de Galicia para buscarse a vida nos anos 90
<Isaac> Vou contestar a Julio
<Isaac> Non vexo que hoxe haxa emigración. O saldo é hoxe negativo. Neste momento veu máis xente para aquí que a que se vai.
<Isaac> Outra pregunta.
<Teresa> Defrauda por qué?
<Isaac> Vou contestar a Teresa.
<Isaac> Porque, por exemplo, o que quería Castelao e os que con el formaron o Consello de Galiza. Hoxe non serviu mais que, dado o prestixio internacional de Castelao, se utilice o seu nome para dar medallas coma os cans.
<Loisinho> Que lle parece Internet?
<camilo> O outro dia vai nun xornal que editara unha esquisa encol das perspectivas politicas de cara as vindeiras eleccions, e a min chamoume moito a atencion que o politico mais valorado polos galegos, era Paco Vazquez. A min deume moito que pensar que un politico que ten unhas actitudes algo belixerantes coa cultura galega sexa o mais valorado. Vostede que leccion lle poderia dar?
<francois> Senhor Issac, eu voltei faz anos por pouco tempo a Galiza,e depois de ver as coisas, nao so a falta da memoria historica, maisa aceptacao pelos galegos duma cultura alheia. Exemplo a TVda Galiza que ponhia peliculas traducidas em Madrid, um galegos mais madrilenho que de Muros, eu sentim que se burlavam do galego, da Galiza de mim, voltei para o Canada, e se tivera um passapote galego faria dele cachos. Hoje creio um pouco mais no futuro da Galiza
<Isaac> Vou contestar a Francois. Si e certo. Galiza esta sometida desde fai oito séculos aos reinos de León e Castela. E o galego ficou mais na Galiza do Sul a partir do Miño e da Raia Seca. O que se empezou a falar en Galiza é un castrapo. E dicer, o galego penetrado fortemente polo castelán. Mais esta é unha difícil solución porque a maioría non o entende.
<Isaac> Outra pregunta.
<camilo> O outro dia vin nun xornal que editara unha esquisa encol das perspectivas politicas de cara as vindeiras eleccions, e a min chamoume moito a atencion que o politico mais valorado polos galegos, era Pac Vazquez. A min deume moito que pensar que un politico que ten unhas actitudes algo belixerantes coa cultura galega sexa o mais valorado. Vostede que lectura lle poderia dar?, Non é algo sintomatico de nos os Galegos, esa falla de preocupacion e de r
<francois> Nao cre que aeducacao tem um rolo muito importante na Galiza ???
<Isaac> Camilo, A Coruña tivo unha gran importancia no movemento galeguista pois nela naceron A Cova Céltica, As Irmandades da Fala, O Grupo Lar e Nos, a Real Academia Galega, pero o franquismo tivo unha gran presencia na Coruña e deturpou todo. E claro foron cuarenta anos e quedou embargado polo franquismo. E Paco Vázquez para soster o Concello da Coruña vese obrigado a aceptar esta situación ou deixarlla aos reaccionarios
<Isaac> Outra pregunta.
<Pedro> Durante moitos anos, os emigrantes ou os exilados foron os que levaron o peso da cultura galega. Hoxe en dia, nembargantes, da a sensacion que se pensa dos emigrantes como dun grupo homoxeneo de mentalidade trogloditica e espanholeira, (vide. Viaxe o' pais dos ananos) ?Que opina vostede?
<Isaac> Vou contestar a Pedro.
<Isaac> O País dos Ananos é unha protesta de Celso Emilio contra eses trogloditas españoleiros que, morta a emigración, hoxe o dominan todo nos países que foron acollidos.
<Isaac> Outra pregunta.
<Pedro> E vostede pensa que todos os emigrantes temos esa mentalidade?
<Isaac> Pedro, penso que non. Pero a maioría dos que mandan, si.
<Isaac> Outra pregunta
<Julio> Quen trata mellor os emigrantes?, os galegos en Galicia ou os de fora os Galegos?
<Isaac> Julio, podía aclarar máis a pregunta.
<Julio> Tratanos mellor a nos cando saimos de Galicia , do que tratamos nos os extranxeiros que veñen traballar a Galicia?
<manu> Boas tardes a todos. Chego un chisco tarde pero é un pracer estar aqui con todos vos.
<Isaac> Julio, hoxe se lles está tratando mellor aos estranxeiros que veñen a traballar a Galicia e aos que retornan da emigración se lles trata mellor que o que están recibindo nos países que os acolleron, debido ás circunstancias económicas deses paises.
<Isaac> Outra pregunta
<francois> Eu vejo hoje a muita desinformacao que exista na Galiza sobre a nossa celtidade, a ignorancia mantida sobre os nossos devanceiros celtas, quando a evidencia e tam grande que na podemos quitar do lombo. Qye pensa vc ???
<Loisinho> Sr. Isaac: Non respostou á miña pregunta anterior: Valerá para algo Internet neste País. Como o ve vostede?
<Isaac> Perdón, vou contestar a Francois. Losinho repita a pregunta despois.
<Isaac> Francois, non penso nada porque se sabe moi pouco dos celtas.
<Anton> Quizais non interesa saber máis
<Isaac> Parece ser que hai un lene ancestro céltico na cultura galega, pero os coñecementos non son suficientes pra facer unha afirmación
<francois> eu nao estou de acordo na nossa toponimia seta escrita toda nossa historia, com mais de tres mil castros celtas,...
<Isaac> Francois, agarde un momento.
<manu> Con respecto á pregunta de Francois, unha persoa dende o Canadá envioume un e-mail falando da tribu dos lugones, como explicación ós orixes celtas de Lugo, que non ven de Lucus...
<Isaac> Loisinho, como non o entendo, non lle podo contestar.
<Anton> Isaac, seguese emigrando ?
<Xabier> Senhor Isaac: Eu son un mozo fillo de emigrantes, nacido na Suiza, neto de emigrantes en Cuba e Arxentina. Son a primeira xeracion da minha familia que pode traballar no seu pais, e sen embargo, vexo como a minha xeracion, que teoricamente xa non deberia emigrar, se non emigra ee porque non pode, porque os paises receptores xa tenhen outra man de obra. Por outra banda no Pais tampouco temos expectativas de futuro, hai un paro na mocidade alarmante. Q
<Isaac> Vou contestar a Antón. Non. Eu son un emigrante fracasado.
<Isaac> Vou contestar a Xabier. Agardade un chisco para facer a seguinte pregunta.
<Isaac> Xabier, esta é a realidade. Non podemos darlle unha solucion si non se cambian as estructuras económicas do país e iso non está nas nosas mans.
<Isaac> Outra pregunta
<camilo> Vostede pensa que por exemplo non celebrar o Premio Blanco Amor, poderiase considerar `revolucionario' para que as partes mais conservadoras se enfadaran?, non sei pero Por que iso non se da nada mais que en Coruña, eu penso que ainda mais reacionario poderiase considerar a sociedade lugesa, ou outras zonas de Galicia. Desculpeme pero non estou totalmente dacordo con vostede.
<Loisinho> Sr. Isaac: A idea é se valerá para algo que Galicia conte cun medio de comunicación barato e libre como parece que aínda vai ser por un tempo a Internet. Non valería para formarmos unha comunudade aínda que só fose de xeito virtual
<Carlos> que tipo de cambios nas entructuras cree vostede necesarias, Isaac?
<Isaac> Agardade un pouco. Teño tres preguntas pendentes.
<Isaac> Carlos, que os poderes establecidos tuvesen un patriotismo suficiente para loitar contra a colonización que sufre o noso país.
<Pedro> Companheiros, pregariavos que, de ser posibel, non usedes letras acentuadas ou `enhes'. Alguns dos que estamos no estranxeiro non podemos ler esas letras e e' dificil le-los comentarios.
<OREIXA> Sabendo qu e existe unha realidade galega na diaspora øcaberia plantexarse unha exira que trouxera os nosos de volta a terra?
<Isaac> Loisinho, non entendo Internet e non poido contestar.
<Loisinho> Apoio a proposta de Oreixa
<Carlos> Isaac, a que tipo de colonización estase vostede a referir?
<Isaac> Vou contestar a O Reixa. Camilo podia concretar mais a pregunta.
<Isaac> O Reixa, dalgunha maneira xa se están traendo emigrantes a cambio de votos
<Anton> Seguimos tendo os Galegos complexo de inferioridade ? (Basta ver o goberno que temos)
<Isaac> Vou contestar a Carlos, sobre todo a industrial e comercial.
<Isaac> Anton, uns mais que outros. Dalgunha maneira todos estamos agachados e non respondemos coma un pobo para opoñernos a esta mala sorte.
<Anton> Estou de acordo.
<Isaac> Outra pregunta.
<orly> eu agora mesmo estou calado porque estou asustado pero.. que opina do BNG?
<Isaac> Vou contestar a Orly. Que e un partido nacionalista que o lidera Beiras. E unha das persoas que mais entende de economia no pais pero que lle sera moi dificil impoñelas porque a realidade establecida non esta de acordo. E como non temos mais bois que os bois que temos e temos que arar con eses bois porque non hai outros bois, o BNG tera un bo atranco pra aspirar a gobernar en Galiza.
<Carlos> Sr. Isaac, e non cree vostede que nun contexto de mundialización da economía e de creación de unións monetarias é un pouco utópico falar de evitar a colonización... opta vostede por unha solución proteccionista?
<OREIXA> Non estou a plantexar a compra de votos nen a exira subvencionada se non a un plantexamento de recuperacion de caracteres nacionais que coma os galegos na diaspora fraxilizase a cada intre.
<ranholas> Isaac, que farian Seone e Vde. coas novas tecnoloxias? Hoxe todo o mundo pode ter unha minimo equipo de edi
<orly> Isaac, e vostedeun libro de sabiduria
<Isaac> Agardade un momento. Hai varias preguntas pendentes
<manu> Isaac, por que Galicia non reclama a s.a identidade nacional coma outras nacionalidades históricas?
<Isaac> Carlos. Non. Certo que hai unha mundializacion da economia, pero esa esta dominada por un sector que a traves do seu poder esta dominando o mundo e eso pode ter moi malas consecuencias. Non penso nunha idea autarquica da economia, pero si en que os nosos recursos teñen que ser preferentemente defendidos frente aos que nos manda esa mundializacion como por exemplo o fan os catalans.
<Isaac> Agardade que hai varias preguntas.
<Isaac> Ranholas. Hai 25 anos xa habia sistemas informaticos para deseñar que traballaban cunha gran perfeccion, cunha perfeccion absoluta. A esto contestou Seoane que o unico que non podian facer tales sistemas era ter dubidas e equivocarse que foron as cousas que fixeron progresar ao mundo.
<Isaac> Agardade un momento.
<Isaac> O Reixa, aclare mais a apregunta.
<Isaac> Manu, en este momento Galiza xa non esta figurando en España como unha nacionalidade historica. A consecuencia e que as ideas españoleiras son identicas aos que gobernan en Galiza e en Madrid.
<Isaac> Outra pregunta
<Loisinho> Pido a palabra
<Edmundo> Lois....
<Loisinho> Issac: øComo ve vostede o futuro de Sargadelos, tanto aquí como o a s.a expansión comercial internacional?
<Isaac> Vou contestar a Loisinho
<Isaac> Nos rezamos para que Deus nos axude porque se Deus non nos axuda non hai Deus que nos axude
<Isaac> Outra pregunta
<Teresa> Pido vez
<Isaac> Non chega a mensaxe de oreixa
<Edmundo> ben...
<Edmundo> A palabra a te lois....
<Edmundo> Seica Oreixa tivo problemas :)
<Loisinho> Haberá diversificación do Grupo?
<Isaac> Loisinho, Non.
<Isaac> Outra pregunta.
<Edmundo> A palabra a ten pedro
<Pedro> Isaac, ?pensa vostede que a independencia e' un fin utopico para o noso pais?
<Isaac> Vou contestar a Pedro.
<Isaac> Dada as circunstancias historicas de tantos seculos en que os reinos naturales da peninsula Iberica estan formando un Estado e moi dificil desfacer esta realidade. Mais podese, en funcion da historia, reconstruir en certo senso a estructura diferencial dos pobos e desta maneira o Estado seria mais perfecto ainda que o Estado practicamente xa non vai a ser nin a España nin Portugal sinon que vai a ser verdadeiramente Europa.
<Anton> Que pensa da mocidade galega na actualidade ?
<Isaac> Anton, que lle gusta moito o futbol, andar de copas, facer grandes farras e o mais lene e que tamen lle gustan as rapazas e as rapazas estan sempre agardando polos rapaces pero como eles estan entretidos no futbol son moitas as que fican solteiras
<Isaac> Outra pregunta
<Loisinho> Ed:
<Isaac> Adiante Oreixa
<OREIXA> A galiza do alen sempre da moito de si mentras aqui seguimos a ter que irnos ønon si? Voltando a miña teima øhaberia un modo de organizala exira sen compra de votos?
<Isaac> Oreixa, non entendo, porque a emigracion ten hoxe un saldo negativo.
<OREIXA> Si pero son moitos os que permanecen fora desexando voltar
<Isaac> OReixa øa que se refire? porque a compra de votos me referia aos que volven a terra.
<OREIXA> A os que volta traennos eu falo dun exira non subvencionada
<Isaac> OReixa, claro e se ofrecen o seu voto mandaranlles un pasaxe.
<OREIXA> øque outras alternativas quedan pra voltar dignamente?
<Isaac> OREIXA, se toda a emigracion voltara aumentaria o paro.
<Isaac> Outra pregunta
<ranholas> Isaac, seria posible disponher desas letras maiusculas que Vde. disenhou (Ed. O Castro, rotulos etc.=) en f
<Isaac> Vou contestar a Ranholas pero necesito saber que quere dicir en f
<ranholas> Para usar con un procesador de textos ou outros programas en Windows
<Isaac> Ranholas, por suposto que poden dispoñer delas.
<Isaac> Outra pregunta
<Pedro> Voltando o' tema da independencia, se o estado agora vai ser Europa, ?que senso ten o mante-lo concepto de Espanha? ?non somos nos mesmos quen de representarnos ante Europa, sen intermediarios?
<Isaac> Vou contestar a Pedro. Si, e certo pero non nos deixan.
<Pedro> Ben, non e' cousa de que nos deixen, senon de no's tomarmo-la iniciativa.
<Isaac> Pedro, pois adiante.
<Isaac> Teño que marchar dentro dun pouco. Por favor, pedide quenda e facer as ultimas preguntas.
<Julio> Sr. Isaac, esta a disfrutar da conversa? Que pensa deste metodo de charla?
<Isaac> Vou contestar a Julio. Si gustoume moito porque a xente que está preguntando ten as mesmas inquedanzas que poidamos ter nos. Non entendo nada de Internet
<Isaac> Outra pregunta
<OREIXA> Ten senso falar de nacionalismo no ciberespacio?
<Isaac> OReixa. De nacionalismo ten senso falar en todos os sistemas.
<Isaac> Outra pregunta
<orly-> vexo que vosede e moi nacionalista ademais eu non lle agradei demasiado pero a pregunta e a seguinte... que pensa vostede da lingua galega que se emprega na TVG...
<Isaac> Orly, digame Vde. porque non lle agradei. Penso que a lingua galega que se emprega na TVG e un castrapo ainda peor que o que autoriza o Goberno galego.
<Isaac> Outra pregunta
<Pedro> ?Pensa vostede que o futuro do galego pasa por achegarse o' portugues-brasileiro ou por manterse como lingua de seu? (E como esta e' a minha derradeira pregunta, Bon Nadal a todos desde Kansas)
<Isaac> Vou contestar a Pedro.
<Isaac> Como lingua de seu e preferible que termine dominando o castelan porque asi con este castrapo non vamos a ningunha parte. O que si seria importante e isto xa o sabian quenes estudiaron neste seculo o tema era achegarse ao portugues, non precisamente ao portugues sinon ao galego autentico que ten a Galiza do Norde e a Galiza do Sul. Hoxe, o condado de Portus-Cale. Esto era o que pensaba Castelao e outros teoricos do galeguismo. Moitas felicidades nas festas, Pedro.
<Isaac> øQueda algunha pregunta?
<Julio> Que pensa da politica que se esta a facer con Cuba?
<Isaac> Vou contestar a Julio.
<Isaac> A que esta facendo actualmente o goberno español e servir de instrumento dos ianquis para que dominen Cuba.
<Julio> e o goberno galego?
<Isaac> Vou contestar a Julio
<Isaac> Que e un pouco mellor.
<Julio> Pois eu creo que por un lado dan a man e polo outro un pao
<Isaac> Estou de acordo.
<Isaac> Moitas felicidades a todos. Adeus.
<camilo> Igualmente sr. Isaac
<Julio> Igualmente
<ranholas> Moitas gracias Isaac, e os de Vieiros cada seman traguede a unha persoa :))
<Anton> Adeus e ata sempre, unha aperta.
<Anton> Bon nadal.


Os chats de Vieiros | Vieiros