Chat con Miguel de Lira e Xesús Ron Martes, 6 de novembro do 2002 <MariPili> ola <Vieiros> Ola, Chéveres <Vieiros> Xa están os nosos convidados con nós <Vieiros> así que, como xa están feitas as presentacións <enermundo> que se identifiquen <Vieiros> vou comezar facéndolles unha preguntiña... <Vieiros> para ir falando <chevere-n> Miguel e Xesus somos Chevere <chevere-n> Xun-Flaca-flaca <Vieiros> A ver, vós repoñedes Río Bravo, que é un western.... <Vieiros> nos cinemas botan 800 balas... <chevere-n> Si, en concreto, un grelo-wester <Vieiros> estamos todos virando ao oeste? <Vieiros> é un efecto do 11-S? <chevere-n> :)) hehehe <chevere-n> estamos no extremo oeste <chevere-n> que efecto é ese? <enermundo> ? <chevere-n> e$e, queremos dicir <enermundo> ola cherif, ola flan <chevere-n> ola forasteiro <chevere-n> ou coñecémonos? <enermundo> estoutro dia pareceume ver un lp (dos de vinilo) coa musica de rio bravo... <enermundo> podese conseguir? <chevere-n> aínda quedan algúns <chevere-n> na barra da nasa á venda <enermundo> podiades facer unha reedición en cd, e así poñervos no top manta <chevere-n> son reliquias do pasado que volven a nós <chevere-n> hehehe <chevere-n> si, creo que é a única posibilidade que nos queda <Warren_Sa> ? <chevere-n> ao mellor tamén nos poñemos nós en riba <chevere-n> é o que nos queda. <enermundo> pois a ver, porque a min hai anos que se me fodeu o tocadiscos <enermundo> :D <chevere-n> o vinilo volverá, tranquilos, take it easy <Warren_Sa> estaría ben reeditar o de outros espectáculos tamén: big-ban, anus horribiles, etc <Vieiros> Vas, Warren <chevere-n> Si, pero hai un fantasma que se chama SGAE que nos ten ameazados... <chevere-n> e mentres sigan amparados pola lei iso é imposible. <Warren_Sa> :) <chevere-n> unha causa perdida máis. <enermundo> ? <chevere-n> teñen ameazados a toda a sociedade <Warren_Sa> ides rular co espectáculo por Galicia <mirito> cando vides polas pontes <chevere-n> faremos unha xira de xaneiro a abril... <chevere-n> nos sitios que poidamos e a cousa está difícil... <chevere-n> a coruña, sen ir máis lonxe, non quere río bravo <chevere-n> concretamente, o Concello da Coruña <enermundo> Coas ostias (disimulando) que hai polas entradas de Río Bravo, calquera pensa que vos estades forrando... é así? <chevere-n> así que os coruñeses que queirades ver Río Bravo tedes que vir á capital <chevere-n> que é onde temos un pouco de cultura ;) <enermundo> jeje <chevere-n> Bueno... isto é so o principio... :)) <Vieiros> Vas, Edú <edu_pais> e digo eu, por que o teatro ten a consideración de elitista? <enermundo> pois a ver, porque así a bote pronto non recordo ningún grupo que enchera coma vós <enermundo> (perdón) <chevere-n> Iso diralo ti. <chevere-n> Non toleramos esas palabras no noso chat, forasteiro. <chevere-n> :)) <enermundo> non dixen que SE enchera , dixen que enchera <enermundo> :P <chevere-n> Chévere na Nasa normalmente está cheo. <enermundo> si <chevere-n> Pero esta vez é un éxito con precedentes. <Warren_Sa> ? <enermundo> parabéns <chevere-n> O que nos gustaría é exportar este éxito por todo o nor-Oeste <eu_mesmo> ? <Warren_Sa> podesese vivir do teatro? <Vieiros> A ver: parece que neste lado do Oeste hai moitos inimigos, non? O Concello da Coruña... <chevere-n> Uhmmmm... <chevere-n> Vivir, vivir... <chevere-n> Forasteiro... estamos celebrando 15 anos, ti que cres? <Warren_Sa> imos ver sin ter subcencions e cousas desas <chevere-n> Outra cousa é vivir ben, etc. :)) <heleninha> E volos dous, sodes amigos e compañeiros de traballo despois de quince anos? <chevere-n> Seguimos sen chalé nin esas cousas. <chevere-n> Somos máis ben de despois que de antes. :)) <chevere-n> Sen subvencións... <chevere-n> non se poden plantar patacas nin pescar peixe... <chevere-n> pero teatro sempre se poderá facer. <eu_mesmo> Onde vos gustaria actuar con certa frecuencia? <eu_mesmo> sendo realistas <chevere-n> Na Coruña, sen ir máis lonxe. <eu_mesmo> e o voso publico prefirido? <chevere-n> Ata hai pouco iamos con frecuencia. <chevere-n> Primeiro o da Nasa. Despois todos os demais. :) <enermundo> ? <chevere-n> Sempre fixemos espectáculos para todos os públicos. <chevere-n> Agora facémolos para CASE todolos públicos. <mirito> tedes que meter algun papel pa mulleres (juapas) <chevere-n> Agora algúns non conseguen ter entrada, hehe. <chevere-n> E logo non che ghusta Meibol? <chevere-n> Ou é que aínda non viches Rio Bravo? <enermundo> contádenos como é o voso proceso creativo á hora de parir textos como o de Rio Bravo? vai parello ao da posta en escena ou cocédelo todo antes? <chevere-n> Sentimos non poder sortear un par de entradas entre os chateadores. ::) <chevere-n> POdemos facer nós preguntas??? (juajua) <Op> claro <Op> pero primeiro esta enermundo <Op> ;) <chevere-n> ok <mirito> non (pensei que erades dous castros solo <Op> mirito: respeta os turnos <Op> chevere-n: podes contestar a enermundo? <chevere-n> Mira, Mirito, non é unha de celtas e romanos, é unha de vaqueiros. <chevere-n> Perdón. <mirito> ok <chevere-n> É un proceso no que se vai creando todo ao mesmo tempo: textos... <chevere-n> música, improvisación das escenas.... <chevere-n> roupas, dirección artística... <chevere-n> e o texto non para de cambiar ata que tiramos o espectáculo. <chevere-n> En concreto... <chevere-n> no caso de Rio Bravo o texto é un pretexto. <chevere-n> outra <Vieiros> Eu quería seguir co dos vaqueiros inimigos (antes coleime, síntoo). falabades de María Pita... <Vieiros> pero tamén Guede, o do CDG, <chevere-n> POis si, parece ser que... <Vieiros> dixo que lle quitabades xente ao seu espectáculo <chevere-n> a xente que leva o teatro Rosalía de Castro xa ten cuberto o cupo de tteatro galego para uns cantos meses... <chevere-n> coma se o teatro galego fose unha raza aparte e se medira por cota, coma o leite. <chevere-n> outra <Vieiros> que función pode ter o CDG se as compañías privadas lle restan público á pública? <chevere-n> Tamén cómpre dicir... <chevere-n> que hai 12 anos enchemos o Rosalía ata a bandeira. <chevere-n> ata o galiñeiro, pero a xente é de memoria fraca... <chevere-n> especialmente os xestores culturais. <chevere-n> CDG... <chevere-n> Nós sumamos público. Os que restan son outros. <chevere-n> Esa teoría de que menos é máis non sempre é válida. <eu_mesmo> se tivesemos que empezar por unha obra vosa cal nos recomendades... <chevere-n> Se nunha cidade de 90.000 habs coma Santiago se mantén un espectáculo catro semanas con cheo absoluto... <chevere-n> que podería pasar nunha cidade coma Vigo ou A Coriuña? <chevere-n> outra <Vieiros> tedes unha pendente <Op> chevere-n: a pregunta de eu_mesmo <Op> se tivesemos que empezar por unha obra vosa cal nos recomendades...?? <chevere-n> pois Río Bravo, que foi das primeiras... <chevere-n> e ademais é a que podes ver agora :) <enermundo> ? <chevere-n> (agardando) <enermundo> cherif, por que é vd. o único que non se despelota na función? sei que hai fanes ás que lles pareceu moi mal... :)) <chevere-n> Miguel: déixome as pelotas, iso si, pero... <chevere-n> viches a alguén despelotarse en Río Bravo? <enermundo> de medio corpo, si <chevere-n> Nós somos os actores máis pudorosos deste país. <chevere-n> Iso non é despelotarse, é botarlle peito. <chevere-n> Miguel: Bueno, está ben... <enermundo> :) <chevere-n> confeso que estou operado... <chevere-n> fáltame un peito. <chevere-n> :)) <enermundo> :)) <Vieiros> Como vedes o do teatro quince anos despois? predominan as alegrías ou os choros? <Vieiros> Mellorou algo o patio? <Vieiros> Ou foi a peor? <chevere-n> Alegrías hai poucas. <chevere-n> E isto dicímolo matándonos á risa. :)) <chevere-n> ...realmente ninguén nos toma en serio 15 anos despois. <chevere-n> Dentro de Galicia, fóra é distinto. <meu> non teño nin idea de teatro, pero gústame moito. Vinvos unha vez en Valga, creo que a obra chamábase Big-Ban, ou algo así <meu> tamén no alén <meu> como se chamaba a obra, e de donde quitades tanta idea collouda <chevere-n> No Alén era Orbita Mutante <chevere-n> a única función na nosa vida que nunca cobramos. <meu> non fochedes os únicos+ <chevere-n> A confusión é lóxica porque tanto en Orbita Mutante coma en BigBang había unha banda en directo que era a mesma <chevere-n> Nunca somos os únicos. :)) <meu> encantoume o tema de mi sensualidad <chevere-n> Isto demostra que Galicia é diversa. :) <meu> ou algo así <chevere-n> Como dixo Carmiña Burana. :)) <chevere-n> Iso non era noso. Era de Ana y Johny, uns auténticos mestres, uns visionarios... <meu> o de pulposixon foi de morrer de risa <meu> seguide así <chevere-n> Miguel: aí eu tamén ensinaba a parte de arriba... <chevere-n> foi antes da operación. <chevere-n> xa non vos lembrades, fans??? <enermundo> :)) <meu> unha dúbida <meu> acabachedes enfadados golpeándobos co polbo ou era parte do guión <chevere-n> Duda, Dud, duda. <chevere-n> Do que se trataba era de mazar ao cantante... <meu> a min doume a impresión de que estabades picados <chevere-n> e o pulpo era o que tiñamos máis a man. :) <chevere-n> É que o pulpo non era fresco. :)) <chevere-n> Non, estabamos mazados. :)) <eu_mesmo> cales foron as obras que mais gustaron ao publico según vos... <chevere-n> Ten en conta que o comiamos ao final da fución. <meu> seguro que foi o mellor pulpo que comechedes <chevere-n> O importante é que despois de todas as barbaridades que fixemos... <chevere-n> seguimos a ter público, o cal... <meu> que é o da illa de arousa <chevere-n> nos permite seguir coa mesma estupidez. <chevere-n> Sure, baby. <eu_mesmo> cales foron as obras que mais gustaron ao publico según vos... <chevere-n> Levabámolo posto. <meu> de estupidez nada, moi intelixente. seriavos mais cómodo facer o idiota e gañariades mais diñeiro <chevere-n> Rio Bravo, Annus Horribilis... <chevere-n> Hero.es, BigBang e un longo etcétera. :> <chevere-n> Hai público para todo. <eu_mesmo> iso e segun a xente <chevere-n> Aínda que algúns sexan capaces de baleirar o teatro. <eu_mesmo> ou segun que xente <eu_mesmo> quero decir segun a cantidade <chevere-n> A cantidade non é o principal. <chevere-n> Nós reivindicamos a liberdade de facer teatro para pouca xente... <chevere-n> sen ir máis lonxe. <chevere-n> O anterior espectáculo de Chévere tiña unha capacidade máxima de 45 espectadores... <chevere-n> e tamén enchemos, aínda que non tivese tanto mérito. :)) <chevere-n> En termos cuantitativos, claro. <chevere-n> :)) <eu_mesmo> cal e o publico que mais apreciades? <chevere-n> As mulleres :)) <eu_mesmo> xD <chevere-n> As mulleres e os nenos primeiro. :)) <enermundo> hai pouco desenpolvei unha cinta cun programa vello da TVG, "Velaí" (oh tempos)...<chevere-n> Aí falaches, amigo. <enermundo> e saiades facendo unhes sketches moi paveros... <chevere-n> Estamos recompilando todo o material... <chevere-n> relacionado con Chévere e non nos viría mal... <enermundo> voltariades á telegaita se vos chama Gaioso? <chevere-n> conseguir unha copia desa cinta... (hehe) <chevere-n> Nós estamos na era post-Gayoso. Sempre encarando o futuro... <chevere-n> Todo chegará. <enermundo> pois mándase: teño un no que facedes de indios das américas cando chega colón... <enermundo> e lle cantades "que din os rumorosos" :)) <chevere-n> Ah, ese era moi bo. Ponte en contacto coa nosa nave nodriza: info@salanasa.com <enermundo> (aí si que estabades espidos) :)) <chevere-n> :D <Vieiros> Vale... moito falades dos éxitos agora que a fama vos acompaña... pero e os fracasos? de que é o que máis vos arrepentides? <chevere-n> pero só de medio corpo, eh? que non se podía ver a gaita na tele... <chevere-n> ehehem <chevere-n> O noso éxito é saber encaixar os fracasos. :)) <chevere-n> E en Rio Bravo temos moitos (no espectáculo, queremos dicir) <chevere-n> outra <eu_mesmo> gustariavos interpretar algunha obra que non fose vosa? <chevere-n> Non somos cristiáns practicantes para arrepentirmonos de nada. <eu_mesmo> e en relacion a anterior <chevere-n> Fixemos unha que era Salomé... <chevere-n> de Oscar Wilde, pero o problema foi que... <chevere-n> acabamos facéndoa nosa... <chevere-n> e non o volvemos intentar, por respecto aos seus lectores. :)) <chevere-n> Tildáronnos de profanadores... <eu_mesmo> :( <chevere-n> porque disque aquilo era unha traxedia, que non era para rir. <chevere-n> :) <eu_mesmo> cada un <chevere-n> Por certo... <eu_mesmo> e que obra vos gustaria interpretar <chevere-n> codirixía un amigo noso que se chama Roberto Vidal Bolaño. <eu_mesmo> dentro ou fora do voso ambito de accion <chevere-n> Xesús: a min gustaríame interpretar as escrituras, pero aínda non o conseguín. <chevere-n> Miguel: A min a obra de Escrivá de Balaguer enteira. <chevere-n> :)) <chevere-n> outra <eu_mesmo> iso que esta fora ou dentro do voso ambito <eu_mesmo> ;) <eu_mesmo> ? <chevere-n> Isto está fóra deste mundo. ;) <chevere-n> Polo que din... <Vieiros> Miguel, ti estás moito na casa de todos os galegos <enermundo> ? <Vieiros> á hora de cear <chevere-n> Ámbito, ámbito... non tolero esas palabras no meu chat. <Vieiros> e ti, Xesús? Non che tentou compartir a cea con dous millóns e medio? <chevere-n> X: Eu non sei se será polo meu nome, pero resisto todas as tentacións. <Vieiros> (Ops, lembremos que Miguel de Lira é Currás na ficción <chevere-n> X: Prefiro ir pouco a pouco. <chevere-n> Miguel: eu últimamente só visito as casas dos que están enfermos (despois da operación, claro). :)) <chevere-n> Miguel: Era, amigo, era. Descanse en pas Currás. <chevere-n> Agora son un focking cherif <chevere-n> (Miguel) <enermundo> Un colega díxome o outro día que Chévere eran os Monty Pyton galegos, e pareceume acertada a comparación... Non pensastes nunca (ou vos propuxeron) facer unha peliculiña? Hoxe en día non sería de todo inviable. Ou si, non sei <chevere-n> En Galicia para face cine hai que ser parente de Pérez Varela. <chevere-n> Pero está ben a comparación con Monty Pyton. Temos toda a colección. <enermundo> gustaríavos, en todo caso, facer cine coas vosas historias? <chevere-n> Si. De momento... <enermundo> xa tedes algún corto, equivócome? <chevere-n> tentarémolo con algo de televisión. <chevere-n> Aínda que nunca se vexa máis ca no Zinasa na Nasa. <chevere-n> Chévere, como Chévere, nunca fixo un corto, pero os seus actores participaron en numerosos cortos e largos. <chevere-n> Hai que dicir tamén... <chevere-n> que sempre nos pecharon as portas da TVG... <chevere-n> porque, segundo eles, Chévere é humor universitario. <chevere-n> E os universitarios non ven a TVG... <enermundo> :)) moi bo <chevere-n> nin os menores de 70 anos. :)) <chevere-n> Que equivocados están... <Vieiros> ¿Credes que a tele e o cinema están facendo aboiar economicamente o mundo do teatro? Como vedes ese mundiño da pequena e da gran pantalla...? <chevere-n> O normal sería que a tv e o cine fixeran crecer ao teatro, que é a canteira da que están a beber... <chevere-n> pero en Galicia de momento iso non está a ser así... <chevere-n> é unha moi boa oportunidade para os actores a título individual, pero non... <chevere-n> para as poéticas dos grupos. <chevere-n> Quizais sexa... <chevere-n> porque o teatro se basea en que o escenario é un espacio totalmente libre... <enermundo> por certo, miguel, bárbaro o teu traballo en Entre Bateas <chevere-n> e a pantalla, sexa grande ou pequena, sempre está condicionada a intereses varios. <chevere-n> Miguel: Dareillas a Mario da túa parte. ;) <enermundo> :) <eu_mesmo> ainda que acabades de estrear obra ... estades xa pensando na seguinte? <eu_mesmo> ou ainda non da tempo a iso <eu_mesmo> ?¿ <chevere-n> Poooois... SI <chevere-n> queres saber máis? <Vieiros> Queremos todos <chevere-n> :)) <eu_mesmo> pois claro <chevere-n> Antes convén que saibades que temos 3 obras en cartel... <chevere-n> (imos facer un pouco de publicidade) <chevere-n> hehe... <chevere-n> O Navegante, Unha Fantasía Electrodoméstica, que visitará a Univ. de Vigo a finais deste mes... <chevere-n> Humana, un café cantante protagonizado por Ana Pudor... <chevere-n> e a de sobra coñecida, Rio Bravo, gañancia de espectadores. <chevere-n> E temos por aí... <chevere-n> en mente unha cousa que se chama Radio Universo... <chevere-n> coa cal xa fixemos unha pequena explroación no Festival de teatro Alternativa da Nasa <Vieiros> liña manu chao? <chevere-n> e que nos gustaría volver a meterlle o dente. <salemal> porque deixaches mnareas vivas? <chevere-n> Sentímolo, pero non. :) <chevere-n> Somos da era post-Manu Chao, sempre mirando ao futuro... <chevere-n> Non, Radio Universo é un serial radiofónico... <enermundo> :)) <chevere-n> que transcorre en Galicia dentro de mil anos. <chevere-n> Xusto cando a Xunta de Galicia descubre que o universo é redondo. <Op> esta a pregunta de salemal. <chevere-n> Miguel: Porque baixou a marea. <chevere-n> Gran metáfora. <chevere-n> outra <enermundo> a ver, cal é o futuro da Nasa? algo oín da posibilidade de pechar ou marchardes de compostela... <enermundo> polo visto había certa confrontación co concello <chevere-n> Sempre hai que estar abertos a outros mundos... <chevere-n> pero de momento, están neste. <chevere-n> Confrontación non, o que pasa é que eles non prestan nin a máis minima colaboración... <chevere-n> nin axuda, nin diálogo... <enermundo> daquela hai Nasa para longo <chevere-n> En resumidas contas, non hai relación <chevere-n> E pensar que a chegou a haber tan boa... <chevere-n> Nós pensamos que debería haber Nasa para moito tempo... <chevere-n> pero é imprescindible que colaboremos todos... <chevere-n> e agora mesmo o único que non colabora é o concello. <eu_mesmo> por que pode dexenerar unha relacion asi? <zaiz> tedes algunha obra masi en carteli <zaiz> carteleira? <chevere-n> Estamos a ver se podemos contratar un psicólogo, pero aos políticos non hai quen os entenda... <chevere-n> nin sendo do mesmo partido... <chevere-n> Quizais sexa a envexa, a falta de sensibilidade, <chevere-n> cegueira, torpeza... <chevere-n> cóncavo, convexo, esperpento... <chevere-n> ;) <chevere-n> Repasa o chat, zaiz. <chevere-n> Eres Iota de Iuta? <iota> ¿ podedes falar máis claro? ? quen é que xa non colabora? <chevere-n> Desde o ano 97 o Dpto. de Cultura do Concello de Santiago non colabora con ningunha das actiidades levadas a cabo pola Nasa... <chevere-n> aínda que todos os anos se lle presentan proxectos. <chevere-n> Mantemos unha pequena pero interesante colaboración co Dpto. de Educación... <chevere-n> que está a permitir que Santiago teña unha temporada estable de teatro dirixido a público infantil e familiar: o Asteroide. <chevere-n> Pero a axuda redúcese a asesoramento técnico e a... <chevere-n> unha aportación económica do 30% do custe total do programa. <enermundo> seica agora mesmo sodes a única sala de Santiago que ten licencia para facer concertos. Por que non hai mais? Non quere o concello ou realmente non hai salas que reunan as condicións? <chevere-n> Non hai moitas salas que reúna as condicións da Nasa, pero hai moitas formas de que se faga música en directo. <chevere-n> É fundamental que haxa música de pequeno, mediano e gran formato... <chevere-n> máis alá das festas patronais. <chevere-n> A música en directo é fundamental para unha cidade: tanto nos bares coma na rúa... <enermundo> claro, pero parece que o concello se vén de poñer tufo con este asunto, e retirou moitos permisos <chevere-n> nós reivindicamos que igual que se presta moita atención desde as institucións públicas e os bancos ás programacións de música clásica... <chevere-n> unha cidade coma Stgo. ten que ter unha programación de música popular do mesmo nivel. <meu> cando é que estades en Cambados? <chevere-n> Rock, folc, pop e derivados... <chevere-n> Ana Pudor estará en Cambados a finais deste mes. <maseiras> actuades en centros educativos pararapaces de 12 a 18 anos? <chevere-n> É unha boa forma de entrarlle a Chévere. <enermundo> Bueno, teño que marchar, un bico a todos. Xa me poñerei en contacto con vós polo da cinta. <meu> podes concretar a data <chevere-n> Zenkiu, energumeno. <chevere-n> :) <chevere-n> Agora mesmo acabamos de facer unha actuación na Nasa para institutos. <maseiras> ?cal 'e a minuta? <Op> chevere-n: podedes concretar a data de Cambados de Ana Pudor? <chevere-n> 4 euros por rapás. Prometemos devolvelos. <Vieiros> Os rapaces ou os euros? <chevere-n> Depende dos rapaces. :) <maseiras> ¿subenciona a xunta? <chevere-n> o que? <Op> parece que non seguiches a conversa <Op> xD <chevere-n> Sobre cambados... <maseiras> Os catro euros <chevere-n> de memoria non sabemos, pregunta na nave nodriza: info@salanasa.com <chevere-n> Son por rapaz... <chevere-n> e por rapaza cobramos o mesmo. <chevere-n> Anque aos rapaces da Xunta cobrámoslle máis, porque xa veñen subvencionados... <maseiras> estamos verdadeiramente interesados en levar o teatro ás aulas, en galego e en vivo. <chevere-n> Levar un espectáculo a unha aula é difícil... <chevere-n> pero sempre se pode facer algo... <Vieiros> Ben... creo que non hai máis preguntas pedidas... <Vieiros> así que... gustaríame darlles ás gracias a Miguel e mais a xesús <maseiras> na aula exactamente, non. No salón de actos, con presupostos de normalización lcª. <chevere-n> A única limitación é técnica. Pero se non hai problemas técnicos... <Vieiros> ups, perdoa, Maseiras <chevere-n> non hai problema. Contacta connosco: info@salanasa.com <maseiras> estaremos en contacto <Vieiros> e agradecerlles tamén e a todos e todas os que fostes deixando preguntas neste chat <Op> gracias a chevere-n por participar <chevere-n> Gracias a todos... <Vieiros> lembrade que para a vindeira semana traeremos a Antón Reixa <Vieiros> a falar de cinema <Op> e por seguir mantendo un nivel cultural relamente alto en Galicia <chevere-n> e a todos aqueles que non puidesen ver Río Bravo estes días... <chevere-n> Rio Bravo volverá a Compostela na primeira quincena do mes de abril. <chevere-n> byebye <chevere-n> nos cheveriamos. ;) Os chats de Vieiros | Vieiros |