|
![]() |
Xavier Villaverde naceu na Coruña, no ano 1958. Estudiou nos maristas e desde pequeno tivo moi claro que quería dedicarse ao cinema. Por entón, non había escolas especializadas en Galicia, así que Villaverde converteuse en mestre de si mesmo a golpe de cámara e rodaxes. A súa primeira longametraxe en super 8 realizouna con dezaséis anos, "A Semente", e foi presentada nas Xornadas de Cine de Ourense. Tras facer varias curtametraxes, en 1982 funda con outros socios a súa propia productora, Videotrama, na que adquire experiencia na producción en vídeo. En 1987, forma con Pancho Casal a empresa "Xavier Villaverde Asociados", que combina a producción de anuncios publicitarios coa realización de traballos para TV e videoclips. Desta época destaca a obra "Veleno puro". A primeira longametraxe de grande formato dirixiuna en 1989, "Continental", título que lle deu nome á nova productora que ergueu co seu socio Casal. Villaverde contou no seu debut con actores da talla de Marisa Paredes e Eusebio Poncela, entre outros. A súa segunda película foi "Fisterra" (1999), protagonizada por Nancho Novo, Elena Anaya e Geraldine Chaplin. O filme está considerado como o "primeiro éxito de masas" da filmografía galega, xa que chegou á pantalla grande con dobraxe en lingua galega. "Trece Badalas" é o terceiro traballo cinematográfico que dirixe o cineasta coruñés, baseado nunha obra de Suso de Toro e protagonizado por Juan Diego Botto e Luis Tosar. Máis información en: - Xavier Villaverde - Trece Badaladas |