
|
 |
Ramón Villares Paz naceu en Vilalba en 1951. É catedrático de História Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987 e director do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Tamén é director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo e participa no consello asesor de revistas como Ayer (M.Pons Ediciones de Historia), Historia Social (Valencia), Hispania (Madrid), Ler Historia (Lisboa) ou Perspectivas Históricas (México).
Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia no período 1986-1990, rector da Universidade de Santiago entre 1990 e 1994 e membro fundador e presidente da Asociación española de Historia Contemporánea (1996-2002).
É autor de máis de setenta publicacións, entre as que destacan libros como La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936, Siglo XXI Editores, Madrid, 1982, Foros, frades e fidalgos, Estudos de historia social de Galicia, Edicións Xerais, Vigo, 1982, Galicia. A Historia, Editorial Galaxia, Vigo, 1984 (con versión en lingua española e portuguesa), Figuras da nación, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1997 e El mundo contemporáneo, siglos XIX y XX, Editorial Taurus, Madrid, 2001 (en colaboración con Antón Baamonde). Tamén é salientable a súa faceta de investigador en proxectos do CYCIT e da Xunta de Galicia.
|