BIOGRAFÍA

Ramón Chao


Ramón Chao é músico, escritor, xornalista, pai do famoso cantante Manu Chao e irmán do teólogo Xosé Chao Rego. Naceu en Vilalba e criouse tocando o piano na fonda que rexentaban os pais, onde adoitaban parar, estando de cacería, Cunqueiro ou Celso Emilio Ferreiro.

En 1956 emigrou a Francia para estudiar piano cunha bolsa que, segundo confesa, lle axudou a conseguir o seu veciño Manuel Fraga. En París, Ramón Chao dirixiu emisións radiofónicas en galego, que serían prohibidas por Franco, e foi correspondente da revista Triunfo. Tamén traballou na prensa e na televisión francesas e foi nomeado Cabaleiro das Artes e das Letras polo goberno de Francia en 1991.

Conta no seu haber con dez libros, entre novelas e biografías, un deles escrito en galego, O Camiño de Prisciliano, e é membro do colectivo antiglobalización Attac. Aquí poden ler unha serie de artigos recentes publicados por Chao.


Vieiros