BIOGRAFÍA

Xosé Fortes Bouzán


Xosé Fortes Bouzán
Xosé Fortes Bouzán naceu en Cotobade o 28 de decembro de 1934. Fixo o bacharelato en Pontevedra e con 18 anos, "como non tiña cartos para ir estudiar a Santiago" foi para a Academia Militar de Zaragoza cun bolsa para orfos. Seu pai morrera na Guerra Civil. Anos máis tarde cursaría a licenciatura de Historia (Filosofía e Letras) na Universidade de Santiago, como era o seu desexo.

Fortes foi un dos membros do comité executivo da Unión Militar Democrática, un grupo de oficiais que en 1974 se comprometeu coa oposición antifranquista. Os aires de renovación no Exército español foron duramente castigados e Fortes foi codenado a catro anos de cárcere. Entre o 75 e o 76 pasou por varias prisións, ata que foi amnistiado.

Os seus críticos escritos sobre o papel do Exército déronlle máis dun disgusto. A súa obra "¿Que son las Fuerzas Armadas?" foi secuestrada polas autoridades militares antes de que chegara ás librerías, en 1977.

Ademais de militar e de historiador, Xosé Fortes exerceu de profesor no instituto A Xunqueira de Pontevedra (aprobou as oposicións á saída do cárcere) e foi director da revista infantil Vagalume.

Ten varias obras publicadas, pero síntese especialmente satisfeito da introducción de "Los orígenes del poder militar en España" de Chistiansen, e do libro "Pontevedra en el espejo del tiempo"
.



Vieiros