Vieiros






Campo da Festa


Campo da Festa é a primeira revista adicada ás festas e aos espectáculos musicais que hai en Galicia. Nas nosas páxinas poderá atopar toda a información sobre as máis de 6000 festas que hai en Galicia durante todo o ano, e sobre os distintos eventos musicais que hai na nosa comunidade. Campo da Festa é unha publicación a toda cor que poderá atopar tódolos meses no seu kiosko.


SUMARIO DEL Número 3
A gran festa mariñeira. As festas da Virxe do Carme agroman en tódolos re cunchos deste confín do mundo. A patroa dos navegantes conta con notable devoción tanto no litoral como terra adentro. Procesións por mar, mariscadas e verbenas fan da dura vida mariñeira, festa por uns días.

As que veñen e as que foron. Xullo e agosto condensan a maior parte das festas que se celebran ó ano en Galicia, tanto gastronómicas como patronais e romerías. Santiago, o Carme, San Benito, san Cristovo ou Santa Isabel concentran as citas dunha terra onde, sempre a menos de dez quilómetros, estoura unha bomba de palenque.

París de Noia Espectáculo en estado puro. A París é desas formacións que sempre está en boca de todos cando se fala das mellores orquestras de Galicia. Hai tempo que apostaron por un novo estilo para o mundo das verbenas. Agora, ese estilo imponse en moitas formacións,e eles deleitan festa tras festa ó numeroso público que soen congregar.

Bandas de Música. A canteira de Orfeo está ben nutrida en Galicia. A mocidade e calidade son dous dos calificativos que definen as máis de cen bandas de musica rexistradas neste país. Tres agrupacións, a do Rosal, Beade e Lalín, actuaron nun certame organizado no Deza con motivo do Xacobeo e demostraron o porqué da súa sona internacional.

Orquestra Marsella. A orquestra Marsella é quen de facer bailar a calquera, por moi reacio que sexa a iso de mover o corpo. Montan espectáculo onde queira que vaian e ben que se manifesta na súa ateigada axenda de traballo estival. Durante o presente verán acompañan a Las Grecas no seu Tour por estas terras.

músicas&músicos. Os acertados comentarios de O. Fornelos, que nos glosa a mellor música do momento. Entrevistas con Xil Ríos, Pedro Santana e María do Ceo. A presentación do grupo ourensán Gracias a Nada con Los Suaves. As actuacións de Cristina Pato e un calendario de concertos completan a sección.



Se te queres poñer en contacto con nós para contarnos algo das túas festas, se nos queres mandar fotos, ou para calquer outro tipo de colaboración, mandanos un emilio ou chámanos por teléfono.

Campo da Festa Rúa do Tambre, 36 bis
15705 SANTIAGO
Tfno. 981 555 154
Fax 981 554 816
e-mail: e.sampedro@iberonline.es



Vieiros | Festas en Galicia