Chat con Freixanes Xoves, 18 de febreiro de 1999 <Moderador> Recordade que cando empece o chat as persoas que desexaren participar deberán solicitar a palabra mandandome unha mensaxe privada. <Moderador> Boas noites señor Freixanes <Freixanes> Boas noites <Vieiros> Señor Freixanes <Vieiros> Es, ante todo, un polifacético. ¿Hai algún recuncho da comunicación que aínda non tocaras? <Freixanes> Pois este. Recoñezo que é a primeira vez que participo nunha experiencia deste tipo <Vieiros> ¿Cales son os teus proxectos e que estás a facer agora mesmo? <Freixanes> Hai pouco que deixei o meu traballo executivo no Grupo Anaya e que me incorporei dun xeito moito máis activo á Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela. <Vieiros> Como editor e escritor, ¿cres que os libros en soporte papel teñen futuro? <Freixanes> Para min esta Facultade ten un carácter estratéxico fundamental no noso paía. A nosa xeración reivindicou dende sempre un espacio de formación de profesionais da comunicación en Galicia e para Galicia. Todos temos que botar unha man. Síntome moi orgulloso de participar neste proxecto dende hai máis de sete anos. Agora podo adicarlle máis tempo. <Freixanes> Penso que si. Hai espacio para todo. A experiencia demostra que os medios e os soportes non se excluen, senón que se complementan. O libro electrónico ten futuro, sobre todo en todo canto se refire a enciclopedias, servicios e bases de datos. Pero eu non me vexo lendo poesía en ordenador, francamente. <Vieiros> O galego ten que recuperar o terreo que perdeu cos medios tradicionais. ¿As novas tecnoloxías son a solución para a supervivencia? <Freixanes> Con todo, eu creo que as redes e as novas tecnoloxías van revolucionar a maneira de transmitir a cultura, de comercializala tamén. Haberá unha maneira de concebir a edición, a difusión cultural, a escrita diferente á que temos agora. Pensade que dende que se inventou o cine tamén as novelas se escriben doutra maneira. <Freixanes> As novas tecnoloxías son un territorio moi importante. Un novo horizonte. Para unha cultura como a nosa este medio que agora estamos a utilizar ofrece unha chea de posibilidades novas que debemos saber utilizar. Eu falo dende hai tempo non de nación, senón de espacios de comunicación. <Vieiros> ¿Cal é o futuro dos medios en papel? <Freixanes> Ide un pouco máis a modo coas preguntas, que non dou feito <Freixanes> Vouvos contar unha experiencia. Cando vivía en Madrid tiña saudades. Tódalas mañás abría o correo electrónico procurando os amigos. Decateime de que había unha chea deles que falaban de Galicia, da nosa literatura, dos nosos problemas, das nosas esperanzas, pero non necesariamente dende Galicia, senón dende os puntos máis distantes. De Nova York, por exemplo. Ou de Sidney. Galicia era unha realidade por riba das fronteiiras e do soporte físico (o territor <Freixanes> Outra <Vieiros> Agora mesmo Internet é un medio descentralizado e bastante democrático. ¿Canto tempo tardará en ser conquistado polo gran capital? <Freixanes> ¿unha pregunta que preocupa moito ós internautas. Non teño resposta, francamente. Pero tecnolóxicamente entendo que o seu control é moi difícil. Paréceme que, dos medios de comunicación existentes (ou dos territorios de comunicación), éste é o que máis posibilidades de participación ofrece. Con poucos medios un pode estar. Outra cousa é que nos fagan caso. <Freixanes> Outra <Vieiros> Fai un pouco de meiga e dinos como vai ser Galicia no 2050 a nivel comunicativo e de identidade nacional... <Freixanes> Daquela eu non estarei. Xa é unha resposta. <Freixanes> Sigo <Freixanes> Vouche dicir o que lle contestei un día a Alfredo Conde cando me preguntou polo futuro do galego. <Freixanes> Prefiro non facerme estas preguntas. O galego durará ata a fin do mundo porque a fin do mundo producirase o día que eu acabe. Ata ese momento eu vivo en galego porque este é o meu territorio afectivo, emocional, histórico, o meu centro de interese, a miña casa e a casa dos meus amigos, ou sexa: o meu territorio de comunicación, intereses e afectos. Sigo <Freixanes> Cando eu deixe de estar, quixera que os meus fillos dispoñan dun territorio (ou dunha casa) mellor, máis aquelada, con mellores recursos, máis moderna, máis competitiva, con máis confort, conectada co mundo e coa contemporaneidade, capaz de dar resposta ás suas necesidades vitais, intelectuais, afectivas e de ocio. Pero o que fagan logo coa casa será cousa deles. Poden vendela, alugala, derrubala para facer adosados, o que lles pete. Será un problema dele <Freixanes> mos isto durará. <Freixanes> Outra <Moderador> Agora abrese o chat, as persoas que desexaren participar deberán solicitar a palabra mandandome unha mensaxe privada. <Foucelhas> boa noite, som Foucelhas de Mondariz <Freixanes> Boas noites, Foucellas <Foucelhas> Gostaria de saber como pode "Xerais" discriminar ao reintegracionismo galego <Freixanes> Xerais non discrimina, simplemente ten a súa propia política editorial e lingüística, como empresa privada que é. Entendemos que este país debe dispoñer dunha ortografía oficial (a que sexa) e que non pode xogar con corenta normas e corenta solucións. Tódolos países teñen unha determinada normativa. Xerais aceptará (entendo eu) a que as institucións galegas e as decisións democráticas da sociedade galega dispoña. <Foucelhas> obrigado <Maruxo> Moi boas, son o Maruxo dende Manchester. Cres que as grandes industrias das comunicacions poden "olvidar" as pequenas culturas? <Freixanes> Non o van facer. A famosa globalización é compatible co interese local. E os mercados mandan. Sigo <Freixanes> Hoxe mesmo, Lois Rodríguez, o noso anfitrión de Vieiros, confesábame que un dos intereses maiores dos visitantes das páxinas web eran precisamente persoas interesadas na información e nos servicios locais, en contra do que o comun da xente pensa. Sigo <Freixanes> A miña experiencia como editor dime que as grandes multinacionais ou os grandes grupos, sobre todo en Europa, valoran moitísimo os chamados "pequenos" mercados, que á fin non o son tanto, pois edicións de 3000 exemplares son edicións importantes na economía editorial. <Freixanes> Sigo <Freixanes> O importante é que construamos unha comunidade de intereses que apoie suficientemente as nosas propias produccións, e que os nosos creadores sexan cada vez máis esixentes consigo mesmos e coas suas obras para poder competir no mercado internacional e non desmerecer nos mercados propios. Como vedes falo en termos económicos porque entendo que é dende a economía dende donde debemos enfocar este discurso obxectivo, non dende o idealismo utópico. <Freixanes> Acabei <Rillas> Hola, son Rillas dende Xerona. ¿Como ves o panorama da prensa diaria galega?¿Que pensas do manifesto do Foro Luzes de Galicia? <Freixanes> O principal problema que lle vexo á prensa e á comunicación en Galicia é, primeiro: a escasa masa crítica de consumidores (lectores, telespectadores, audiencias), segundo: a precaria realidade do noso mundo empresarial, que dificilmente produce excedentes para as carteiras publicitariass, terceira: a excesiva dependencia do poder (das diversas formas de poder, non só do poder político), que conduce ó clienteloismo, unha vella enfermidade social que padece <Freixanes> amente, Sigo <Freixanes> Dalgún xeito coito que xa contestei á segunda parte da pregunta. Estou totalmente de acordo coa argumentación do Foro Luzes de Galicia, menos nunha cousa. Entendo que a crítica non se pode reducir exclusivamente ó PP. Este país xa ten experiencia política abondo como para saber que outros partidos practicaron o mesmo. Sigo. <Freixanes> … o Poder (político, financieiro, de determinados medios de comunicación, mesmo corporativo) quen impón esa relación de dependencia. E é unha limitación da nosa sopcoiedade e dos cidadáns que non saibamos reaccionar con liberdade. Sigo <Freixanes> Na medida en que a sociedade progrese e madure, estas prácticas de seguro que se irán resolvendo. A Historia avanza para ben <Freixanes> Outra <fufo> son fufo de pontevedra, boas, que opina da nova narrativa galega para nenos <Freixanes> Está nun momento magnífico. Creo que os escritores e as escritoras para rapaces demostraron neste país e no mundo que Galicia é a primeira productora de imaxinación. A frase non é miña, que é de Manolo Rivas. <Freixanes> Outra <Filipe> Boa noite, som Filipe desde Compostela. <Freixanes> Boas noites, Filipe <Filipe> Sr. Freixanes, voltando ao fio da competitividade do mercado editorial. Nom coida vostede que se veria favorecida por umha convergecia ortografica coa lusofonia? <Freixanes> Paréceme unha trampa, sinceramente. Sigo para explicarme <Freixanes> Galicia ou é ela mesma, dende a s.a identidade, ou non é. Tanto me ten depender de Madrid como de Lisboa. Sigo <Freixanes> Paréceme unha inxenuidade pensar que porque mudemos certos signos oprtográficos, que tampouco son tam importantes, vaiamos a cambiar a nosa situación ou a nosa consideración. O galego, incluso dende a s.a ortografía propia, sempre e cando teña detrás o recoñecemento da sociedade, será importante na medida en que sexa el mesmo, cos seus productos, coa s.a identidade e a s.a diferencialidade. Sigo. <Freixanes> Paréceme moi importante e prioritario que o país nos siga. O país (ops falantes, a sociedade) ten que recoñecerse facilmente coa representación gráfica do idioma, que ten a s.a tradición. ¿Que podemos ir achegándonos a Portugal? De acordo., Pero sen dar chimpos mortais. Hoxe, dende o meu punto de vista, o prioritario é a construcción interna da propia identidade, sen interferencias nin ruídos no canal. <Freixanes> Outra <Filipe> Nom entendo. Por que vai perder a sua identidade por retomar umha grafia etimologica e abandoando as grafias castelas? <Filipe> Nom confia vostede na capacidade do Pais para asumir a mudanza? <Freixanes> é unha cuestión de axilidade e economía. A tradición máis establñe (xa sei que hai outras) é a que vén de Rosalía, por exemplo, e a que foi consolidando a xeración Nós e logo a xeración Galaxia. As cousas fopron así. Sigo <Freixanes> Na escola socializamos por primeira vez varias xeracións de galegos apoiándonos nesa tradición, que por outra parte responde á estructura fonénica do idioma, e mesmo á realidade morofosintáctica. ¿Podemos cambiala¿ Non de golpe. E en calquera caso, a identidade propia é fundamental Sigop <Freixanes> Hai pouco dicíame un home da banca galega que antes de establecer estratexias de rexionalización con Portugal (o Portugal Norte) era moi importante fortalecer a nosa propia realidade para non ser absorbidos por eles e convertirnos simplemente nun mercado receptor. As nosas posibilidades, repito, están en ser nós mesmos. E iso non é un problema ortográfico, senón de identidade, de creatividade e de competitividade. <Freixanes> Outra <Maria> Boas noites. Son María de Ferrol. … certo que ultimamente se editan moitos máis títulos en galego que antes pero ás veces dá a sensación de que a literatura galega se publica demasiado. Que pensa da calidade da literatura galega actual? <Freixanes> Un aviso. Este sistema ten algunhas desaventaxes para o protagonista. Hai preguntas que esixen certa reflexión, e a improvisación (e o tecleado) dan de si o que dan de si. Pido disculpas pola simpleza dalgunhas respostas. <Freixanes> Unha das características da literatura galega actual é a s.a pluralidade. Nunca houbo tanta variedade como a de agora. Sigo <Foucelhas> Som Foucelhas, de novo. <Freixanes> Para que haxa grandes árbores ten que haber moitas plantas. Coido que a frase é de Mao. Poida que se publique moito, pero eu penso que aínda estamos moi por debaixo das nosas necesidades obxectivas. Eu diría, mellor, que o que sucede é que se le pouco. Sigo. <Freixanes> Paréceme importante estimular a creación, animar ós autores, alimentar o mercado para que saian logo obras que merecen quedar. Do que agora se publica moito pasará, como no castelán (que publica 50 mil títulos anuais), coma o inglés, coma o francés. Pero só sementando moito seituraremos bo pan. Hai que seguir apostando. E oxalá que os lectores sexan críticos e esixentes con nós, os autores, porque dese modo tamén nos orientan na viaxe. <Freixanes> Outra <Foucelhas> Mas, nom cré que o galego, desde a sua condiçom de língua de seu, deveria ter umha normativa coerente apoiada na sua história (história entendendo-a como quando o galego foi umha língua viva, normalizada e fructífera), e sem caprichos espanholizantes e acientíficos como o uso sistemático do "x" ou o do "ñ"? <Freixanes> Pois é, pero as cousas son coma son, ou coma a Historia as foi construíndo. ¿E logo non pensa que se alg.n día normalizamos a nosa lingua coma queremos non quedarán cicatrices (costuróns) da batalla? O galego de hoxe non é o do século XIII. Non hai sonoras, non hai nasalización, mesmo o vocabulñario e o léxico é diferente. A Historia non pasa impunemente tampouco polos pobos. <Sabela> Son Sabela, tamén dende Ferrol. Como profesor de xornalismo, ¿que tratamento se lle dá a comunicación xornalística na Internet dentro dos plans de estudio da s.a facultade? <Freixanes> os novos Planos de Estudo, que entrarán en vigor o próximo curso, supoñen un avance importante sobre os anteriores e contemplan xa dun xeito moito máis activo o xornalismo electrónico e as s.as posibilidades. Coido sinceramente que este é un espacio obxectivo de crecemento para os novos profesionais da comunicación, e eu animo moito ós meus alumnos a que o contin.en e enriquecan. Animo. <Freixanes> Outra <Maruxo> Son o Maruxo de novo (dende Manchester pero de Outes). Cre que o nacionalismo representa hoxe en Galicia a unica garantia para que a nosa cultura perviva? <Freixanes> Eu prefiro non falar de ".nicos". Sigo <Freixanes> Pero entendo que sen identidade propia non somos nada, e repítimo nalgunhas cuestións que xa dixen. Sigo. <Freixanes> Defendín sempre a necesidade de forzas políticas propias, e de empresas propias, e de creatividade propia. Só se conseguimos fortalecer a nosa identidade, con tolerancia e firmeza, abertos ó mundo, pero sen complexos de desenvolver o propio, podemos pintar algo. Négome a ser provincia. Sigo <Freixanes> Unha vez Francisco Umbral díxome que era moi importante que xente de "provincias" fose a Madrid a enriquecer o discurso de España. Eu intentei explicarlle daquela que para nós a "provincia" era Madrid, porque a capital do noso mundo era a nosa identidade galega. Coido que non o entendeu. Pero afírmome no dito. Temos que soñar o mundo dende aquí, dende nós mesmos. E competir lealmente no concerto internacional, sen chauvinismos nin fundamentalismos, que ta <Freixanes> Outra <percival> Son percival dende Sarria. O escritor Jose Saramago afirmaba en Santiago que a literatura galega é descoñecida en portugal por mor da actitude da Xunta. ¿Cal é a sua opinión sobre o tema? ¿Ten algun proxecto Xerais para dar a coñecer as suas obras dentro do mundo da lusofonia? ¿De ser así estas obras en que idioma estarian escritas? <Freixanes> Dende Xerais promovimos a incorporación de Dom Quixote (editora de moito prestixio) ó Grupo Anaya, onde está Xerais. Precisamente para fortalecer a relación entre as d.as culturas. Claro que Galicia é unha descoñecida en Portugal, pero non por culpa da Xunta (aínda que a Xunta podía facer máis) senón pola propia historia do país. Sigo <Freixanes> Todo ten o seu tempo e a s.a sazon. Hai que seguir traballando. Hai un par de anos estiveron en Galicia António Lobo Antunes e Cardoso Pires, invitados por Xerais, para falar dos seus libros (que Xerais duistrib.e) e para coñecer Galicia. Sigo <Freixanes> Quedaron admoirados na vitalidade da cultura e da literatura galegas, do noso nivel de edición e da nosa modernidade. Dígoo coa boca chea e con orgullo. Eles poden confirmalo. Galicia é unha gran descoñecida mesmo para os propios galegos, ¿non o vai ser fóra? Pero hai que teimar., e seguir, e non perder a paciencia. Cela ten razón nunha cousa: aquí gaña quen m#is resiste, <Freixanes> Outra -Galaec- En estos momentos no estoy, pero tu mensaje ha quedado grabado. <Freixanes> Unha aportación ó dabeta lusista, Fortalezcamos as relacións (sobre todo económicas9 entre os dous países, e xa verán como o problema resólvese de seu <Freixanes> Outra <Maruxo> Queria facer duas preguntas radicalmente distintas. A primeira relacionada con Saramago. Creo que foi Xaquin Marin quen ilustrou que lle parecia mais "noso" o premio nobel portugues que o de Padron. Vostede que opina? A segunda e sobre un tema de actualidade, Que opinion ten do tratamento que lle estan a dar os partidos politicos e a prensa espanola o tema dos Kurdos e da peticion do parlamento Basco? <Solovio> boas noites, son Solovio dende Compostela. Volvendo á rede. Non che parece un pouco inxenuo pensar que non se poden controlar os contidos da rede?. Sendo quen son os donos do soporte tecnolóxico, os fabricantes do hardware,etc. Non che da que pensar o desastre de InfovíaPlus, conectaste cando queren e pagas un servicio que non tes, e por riba españa va bien. O usuario da rede non é ninguén, só un consumidor mais. -Galaec- En estos momentos no estoy, pero tu mensaje ha quedado grabado. <Freixanes> Por partes e telegraficamente, porque agora vén todo xunto. Sigo <Freixanes> ¿Que Saramago é máis noso que Cela? A min interésame máis Saramago que Cela. Pero tamén me interesa Torrente, que escribe en Castel#n. E Borges, a quen nunca lle deron o Nobel. E Cunqueiro, que era o noso candidato. A literatura é a literastura, por riba doutras cousas. Sigo <Freixanes> O tema dos Kurdos é lamentable. Parece mentira (e dá asco e rabia) que todo o problema estea na s.a presencia ou non no parlamento vasco. Os Kurdos están sendo masacrados, e nós, os galegos, somos uns privilexiados ó lado deles. SIgo. <Freixanes> Hai que andar por Africa e ver ós saharauis, por exemplo, ou por América e coñecer a realidade de certas comunidades en Brasil, ou en Per., ou en Centroamérica, para saber o que son problemas de supervivencia e de impotencia. Os kurdos loitan á desesperada e os intereses da política internacional os machacan. Paréceme unha hipocresía andar con gaiteiradas nesta cuestión. Sigo <Freixanes> Eu entendo relativamente da técnica e da tecnoloxía de Internet, pero xa non é a primeira vez que se intenta un control da rede sen resultado. Espero que non consigan silenciala. Nestes momentos os principais represores da Rede son as empresas telefónicas que teñen o seu negocio nela e veno ameazado, pero os avances tecnolóxicos superarán esta cuestión. Estou convencido. A estructura da rede é dificilmente controilable. Alomenos polo de agora. <Freixanes> Outra <percival> Son Percival outra vez.¿A falla de subencións das institucións galegas non é un impedimento para dar a coñecer a nosa literatura na lusofonia?¿Non considera de vital importancia dar unha saida os libros galegos no mercado lusofona xa que iso ampliaria o noso mercado e fortaleceria as relacións economicas entre ambos paises? <Freixanes> Pero esa saída non se fai con subvencións, senón cunha estratexia de difusión exterior axeitada, que non temos. Na feira de Frankfurt o de Bolonia, por exemplo, os escritores e os libros galegos a penas existen porque tampouco hai unha estratexia clara por parte das nosas institucións (que nada ten que ver coas subcvencións). Sigo <Freixanes> Ademais, os escritores temos que ser tamén competitivos, igual que os empresarios, os productores de viño, de conservas, de barcos, etc. <Freixanes> Outra <Sabela> Hola Freixanes. Somos M e X dende Santiago. Estamos a ter muitos p <Freixanes> Moitos problemas de comunicación, xa sei. Isto cáese de cando en vez. Pero estamos nacendo a unha nove era. Hai que ter paciencia, e constancia. <Vieiros> <Vieiros> <Freixanes> M e X. Seguides tendo problemas. Desta vez non conseguín adiviñar a vosa pregunta. Síntoo. <Vieiros> <Vieiros> <M> Seran outros abuelos virtualmente analfabetos? <Freixanes> Haberá memorias dos nenos galegos nesa sociedade. Claro que si. Os meus fillos móvense neste mundo cunha facilidade abraiante. Nós somos a xeraciónm do tránsito. Cunqueiro dicía que na s.a infancia el coñeceu a Idade Media. Nós temos a fortuna de, aínda coñecéndoa, verlle os ollos a un mundo novo. Hai que celebralo. <Freixanes> Outra <Maruxo> Son o Maruxo de novo. Usa vostede moito a palabra "competitividade". Coidado porque o mais competitivo e o que mais vende, e asi chegamos o consumo polo consumo, as economias de escala,... O mercado non e sempre un bo indicador da calidade, que pensa? <Freixanes> Non utilizo a palabra competitividade en termos de vender máis, senón de ofrecer "productos" que realmente intereses, sen chauvinismos nin fundamentalismos proteccionistas. <Filipe> Som o Filipe outravolta. Nom coida que o catecismo da competitividade pode nom ser mais do que umha trampa pra ratos ? Maxime se de literatursa do que falamos. <Freixanes> Repito o que dixen antes. A miña idea da competitividade está na calidade. E aínda máis, a calidade e o nivel da producción literaria, cultural, empresarial, etc, está tamén no cliente, ou sexa: no nivel de esixencia crítica do p.blico. Un p.blico culto e esixente estimnula necesariamente a obra de calidade e, polo tanto, competitiva. <Freixanes> Un par de ideas antes de sair. <Freixanes> O meu agradecenmento ós compañeiros de Vieiros por permitirme participar nesta experiencia. Outrosí ós participantes neste encontro. Gracias pola paciencia e o afecto que significa entrar no diálogo. Sigo <Freixanes> Insisto nunha idea que me parece fundamental. As novas tecnoloxías permiten á cultyura galega, por primeira vez na historia, expresdarse alén de si mesma e das s.as fronteiras. … unha oportunmidade histórica. Outra cousa é que saibamos ou non aproveitala. Todos estamos aprendendo. Apretas e sa.dos moi grandes sobre todo ós que estando fisicamente lonxe están hoxe tan perto de nós. <Freixanes> Boas noites <Moderador> ben... damos por rematado o chat... <Moderador> Agradecemos o señor Freixanes a sua presencia <Moderador> e aproveitamos para lembrarlles que o vindeiro chat sera dentro de duas semanas, e contaremos con miembros do grupo milladoiro, para mais informacion visitade as paxinas de vieiros http://www.vieiros.com |