|

|
|
Antonio Soto nace en Ferrol hai cen anos. A comezos
de século chega a América instalándose
na Patagonia. Naquela época, na Patagonia a
gandeiría era unha das principais fontes de riqueza.
Alí, os capataces británicos empregan en
condicións infrahumanas ós indios da illa
Chiloé.
A man de obra era tan barata que a Patagonia compite con
éxito fronte ás potencias tradicionais:
Australia e Nova Zelanda.
Soto inicia a súa actividade coma sindicalista
promovendo unha folga no Gran Hotel de Puerto Gallegos.
Máis tarde, organiza ós chilotes e convoca
unha folga xeral para mellora-las condicións de vida
dos traballadores das estancias.
Soto, á fronte do Consello Vermello, con 500 xinetes
baixo o seu mando, consigue tomar varias estancias, pero o
exército arxentino contrataca. Soto e os seus homes
son rodeados en La Anita, unha granxa de alta
montaña. O exército vence ós
sublevados, fusila a máis de 120 chilotes e indulta a
aqueles que lle parecen máis aptos para o
traballo.
Antonio Soto logra fuxir a Chile onde permanece ata a
súa morte.
Para máis
información sobre Antonio Soto e a emigración
galega na Arxentina, recomendámo-la lectura dos
seguintes libros de Xavier Alcalá: Viaxes no
país do ELAL e Arxentina.
|